Hai tempo xa vos prometera este "Japrocksampler". Pera non extendernos na introducción, remítovos á entrada no que vos presentei o seu anterior volume adicado ó kraut: Krautrocksampler, ahí xa tedes case todo explicado. Pois varios anos despois, o empeño de Julian Cope foi crear un compendio da historia do rock xaponés, dende os anos 50, tra-la guerra mundial e a instalación de bases militares estadounidenses ata case os nosos días, subtitulándoo how the post-war japanese blew their minds on rock'n'roll... vamos, coma se non houbese outra cousa. Facédevos con el porque é unha auténtica xoia, outro completo manual para coñecer un universo moi pouco difundido en occidente. Se o comparamos con Krautrocksampler, debemos recoñecer que é un volume máis amplio e incluso máis riguroso que o anterior, sen embargo, peca bastante de centrarse sobre todo nas bandas máis progresivas i experimentais, coma se o escribise para os lectores máis fanáticos do anterior volume adicado ó kraut. De tódo-los xeitos é un manual fantástico que coma sempre poderedes ir completando si vos pica a curiosidade e reunindo novos contidos que o propio autor engade na web do proxecto Japrocksampler.
"JAPROCKSAMPLER
How the post-war japanese blew their minds on rock'n'roll".
(Julian Cope, 2007)
*[volvo a subilo por q non lembro de donde me fixen con el.
sobre todo para recoñecerlle o traballo de escanealo todo...]
No hay comentarios:
Publicar un comentario