Mequetrefe é unha banda de Compostela que xa leva un bó tempo recollendo moi boas críticas, polo seu directo, e sobre todo polo seu fantástico debut, este "Play Off" que xa levo tempo querendo incluir no blog, pero ata hoxe...
Dende alg-a nos presentan este "Play Off": Grabado no Estudio Polar de O Grove por Iñaki Bea a finais do 2008 e principios do 2009. Mezclado por Jose Luis Macías (productor de Surfin Bichos, Extremoduro, Chimo Bayo). Florent, guitarrista dos Planetas colabora metendo guitarras na canción "Bomba Navarro".
Neste disco Mequetrefe siguen cultivando ese estilo tan persoal de sicodelia-electrónica-shoegaze-dub. Seguindo o seu propio camiño, fóra de modas e intentando desmontar clichés musicais a discreción, demostrando que non todo está inventado.

Foi editado en vinilo nun doble 12'' cunha tirada limitada de 300 copias que supoño que a estas alturas xa estará máis que esgotado... Pero todavía o comparten dixitalmente e de xeito gratuíto por varias vías: no bandcamp de Mequetrefe, ou web do netlabel de alg-a. Para máis info tedes tamén o seu blog [MequetrefeMusic], myspace, etc...
MEQUETREFE "Play Off"
(alg-a, 2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario