Despois do concerto de onte, non me queda máis remedio que recomendarvos hoxe "Boogalizer", o segundo álbum dos valencianos Betunizer, móito máis rítmico que o anterior, igual menos abrasivo, pero moito máis efectivo para o meu gusto. Entre o hardcore, o math rock, e o punk-funk, poderedes atopalos baixo calqueira etiqueta, pero este Boogalizer é puro ritmo e surrealismo extremo. E logo de velos onte en directo, na Reixa, en espacio super-reducido, a máxima temperatura e a toda pastilla... aínda máis razón para recomendalo. Como decíamos onte, 'Imagina que matas a Jota'...
BETUNIZER "Boogalizer"
(BCore disc, 2012)
Boogalizer no seu bandcamp:
No hay comentarios:
Publicar un comentario