viernes, 15 de junio de 2012

Sonic Youth "Confusion is Sex"

Así comezou a lenda. "Confusions is Sex" foi o primeiro lp dos Sonic Youth, aínda baixo a tutela de Gleen Branca, quen tamén se encargara de publicarlles o seu anterior ep homónimo, ou sen título, nunca o tiven moi claro. 
Dende logo os seus comezos non son nada asequibles para calqueira ointe, pero por iso marcaron unha época e son imprescindibles para comprender todo o que veu despois. Abrasivos e salvaxes como 'She's in a Bad Mood', 'Making the Nature Scene', 'Confusion is Next' ou o bestial mix (falso) de 'Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog', industrial e psychodelico e a partes iguais. Unha das anécdotas dos seus inicios é a de que logo dunha grabación impecable deste álbum Lee Renaldo e Thurston Moore introduciron as cintas orixais nun ampli, perdendo todo o seu contido, e que así tiveron que voltar a grabalo todo en tempo record e con primeiras tomas. Logo reeditouse no 87, e máis tarde en 1995 xunto co mítico ep "Kill Yr Idols", que é a copia que temos todos non???, pero aquí vos deixo o enlace para a edición orixinal de nove temas.
O próximo ano se cumprirán xa 30 anos deste álbum, e non pensamos agardar a febreiro, este venres soará moito na sesión Trash Trash Trash...


SONIC YOUTH "Confusion is Sex"
(Neutral Recs, 1983)


facédevos con el no blog L'Invitation au Suicide.


No hay comentarios: