jueves, 21 de junio de 2012

Quincy Jones & Bill Cosby "The Original Jam Sessions 1969"

O clásico desta semana é unha desas xoias que estivo case catro décadas gardada nun caixón, ata que Quincy Jones decideu que co cambio de século ía sacar á luz o mellor de todo o material da súa producción que seguía gardado en cintas. Este disco publicouse no 2004, xunto co fantástico "The New Mixes Vol.1", e son nin máis nin menos que as sesións que rexistraron Bill Cosby e Quincy Jones en 1969 para a mítica serie do primeiro O Show de Bill Cosby. Todo recollido como "The Original Jam Sessions 1969", que como o seu nome indica son as tomas orixinais nas que as sintonías e temas principais da serie ían tomando forma. Se lembrades a serie de Cosby, saberedes que por suposto estamos a falar de jazz, e polo tanto conta cun par de pezas que coñeceredes de toda a vida polas múltiples reposicións de tv, pero estas sesión teñen algo máis, están consideradas como unhas composicións informais, e frescas, aínda que estando músicos da talla de Jimmy Smith, ou Eddie Harris, e Q.Jones no medio ninguén pode sabelo... O certo é que semellan un precedente do smooth-jazz dos 70, a súa mestura con rhythm'n'blues, funk e incluso factura pop... e por suposto varias versións diferentes do mítico 'Hikky-Burr'. En calqueira caso é unha marabilla que chega directamente para introducir a sesión de mañan...

QUINCY JONES & BILL COSBY "The Original Jam Sessions 1969"
(Concord Records 2004)


facédevos coas Original Jam Sessions no blog High Speed Dubbing.


No hay comentarios: