Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super Erre!!! RifRocKerZ todos!!!
e os que non poidades traballar o seguinte luns...
xa só queda unha semana: este 5 de agosto, Domingo do Albariño, celebraremos no Rif-rock a solemne
4ª edición da FESTA DO BIGOTE.
Que comece o Albariño de barbudos!!!
E aquí están as bases do concurso para a 4ª Festa do Bigote:
A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (5 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 6).
Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable do que lle poida pasar na súa cara ou na roupa...
Este ano teremos novamente dúas categorías a concurso:
o Mostacho Absoluto, e o Bigote Falso.
Categoría do MOSTACHO ABSOLUTO (campión dos mostachos):
- todo pelo natural na cara do suxeito participante.
- valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
Categoría de BIGOTE FALSO:
- inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos.
- coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.
Nas dúas categorías, os disfraces, pinturas, complementos, performances e demáis elementos extras non teñen porqué puntuar estrictamente na votación, pero seguro que axudan a suxestionar ó xurado.
A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa aínda durará un par de horas máis) tra-la deliberación do xurado, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK).
Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.
* E por suposto: A organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou modificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza calquera circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...
Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou no noso facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario