Hai un par de semanas puiden ver na tv esta maravilla que levaba tempo querendo facelo... trátase do documental "Lemmy" sobre Lemmy Kilmister, o mítico lider de Motörhead, e que máis alá de facer un repaso cronolóxico dos éxitos e fracasos da súa carreira musical, en realidade fai unha especie de repaso ó modo de vida dunha estrela do rock dos de antes, da vella escola, dos que conseguen con toda naturalidade recrea-lo seu particular universo neste planeta coma se fora un tipo normal... Está dirixido por Greg Olliver e Wes Orshoski, que en realidade se adicaron a seguir a Lemmy e compartir estancias con el ó longo de tres anos, na súa casa, no seu bar, no seu barrio, de xira, contando o asunto con Hawkind, e ata dirixindo un tanque vestido cun auténtico uniforme das SS... e finalmente foi estrenado na edición do festival SXSW do 2010.
Podedes botarlle un ollo a unha boa reseña sobre "Lemmy" en Jot Down, e descargalo por moreas de sitios, tremendo!!!
LEMMY, The Movie (49% motherf**ker, 51% son of a bitch).
2010 USA. dir: Greg Olliver e Wes Orshoski.
Aquí o tedes subtitulado en castelán en oito partes (déixovos a primeira e seguide)
e aquí o tedes completo e versión orixinal:
No hay comentarios:
Publicar un comentario