Agora que volven ós escenarios The Stone Roses, e este mesmo fin de semana actúan en Benicassim, é bo momento para recuperar este álbum apócrifo da súa discografia, que cumpre precisamente 20 anos. Digo apócrifo porque tralo éxito do seu álbum de debut, as disputas legais sobre os deireitos en medio da renegociación no novo contrato para o seguinte disco con Silverstone Records, a banda non podía publicar máis material co seu nome (ata que firmaron con Geffen para publicar o segundo álbum no 94), pero sen embargo Silverstone continuou publicando singles e material inédito, remixes e demáis. Este "Turns into Stone" de 1992 é unha compilación de caras-b, e distintas mesturas dos temas do seu álbum de debut, maiormente producidos e mesturados entre Peter Hook e John Leckie, e ahí stán difentes tomas de 'Elephant Stone', 'Mersey Paradise', 'Standing Here', ou as tremendas edicións extendidas do 'One Love' e de 'Fools Gold', que logo se encargaron de fusilar mil e unha veces en novas recopilacións e reedicións, pero que conseguiron que as orixinais souberan a pouco...
THE STONE ROSES "Turns into Stone"
(Silverstone, 1992)
faite con Turns into Stone.
No hay comentarios:
Publicar un comentario