Volven The Fleshtones, e desta vez cun ep de catro temas cantados en castelán, ou alomenos fan o que poden... pero sen ningún tipo de vergoña. "Quatro x Quatro" foi grabado nos estudios Circo Perroti de Xixón por Jorge Explosion, e ademáis de poñerse Los Fleshtones, xa vedes a portada cañi rollo Tio Pepe. Inclúe dous temas orixinais 'Llevo un tigre en mi guitar' e 'Acero e imán', ademáis de dúas versións de dúas adaptación ó castelán dos mexicanos Johnny Jets 'No tengo dinero' e 'Todos queremos a Lupe'.
O propio Peter Zaremba comentou o motivo deste ep: "A historia deste disco comeza co noso baixista orixinal, Marek Pakulski, que encontrou un puñado de discos, incluíndo ‘Los Johnny Jets A Go Go’ na basura, frente á vivenda de Joey Ramone no Lower Eastside unha noite de 1977. Los Johnny Jets era un grupo típico mexicano de rock and roll dos anos 60 que facían versións en español pero en lugar dos temas excesivamente familiares como “Hang On Sloopy”, o que realmente captou a nosa atención foron dous temas, máis ou menos orixinais, de ‘No Tengo Dinero’ e ‘Todos Queremos A Lupe’. Decidimos que grabaríamos estas dúass cancións tan cedo como nos fora posible. Dito e feito!" aínda que pasaran 35 anos, claro...
LOS FLESHTONES "Quatro x Quatro"
(Yep Roc, 2012)
facédevos con QuatroXQuatro no blog NosotrosSomosLosMuertos3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario