martes, 9 de octubre de 2012

The Lovely Eggs "Wildlife"

De todas esas novidades que nos están a chegar, este é o mellor de todos cantos teño escoitado en moito tempo. 

The Lovely Eggs son un dúo británico que nunca deixan de sorprenderme, para min son o mellor do que vai de década, os máis frescos e menos acomplexados que toda esa porquería que se empeñan en meternos polos ollos e ouvidos. Lembranme os primeiros Pavement pero máis lo-fi, ou os Sebadoh máis cacharreiros, dende o seu primeiro ep alá polo 2007 ("Fried Egg EP") ata este seu terceiro lp, "Wildlife" con cambios de ritmo imposibles, berros, melodías, aceleróns, e todo dun xeito o máis sinxelo posible, letras absurdas e ademáis de toda a divertida parafernalia   que se marcan coas portadas dos seus singles e álbumes, fotos promocionales e demáis. Imprescindible amigos!!!

THE LOVELY EGGS "Wildlife"
(Cherryade Records, 2012)


facédevos con Wildlife en Música Cuántica.


No hay comentarios: