E para ilustrar a sesión desta noite nada mellor que unha das grandes escenas da obra mestra de Michelangelo Antonioni, "Blow Up" de 1966, un reflexo dos estereotipos da cultura mod e do swinging london no seu momento de maior apoxeo, e coa que seguramente sexa a mellor escena pop do cine: con The Yardbirds facendo o 'Stroll On' en directo, xa coa súa formación final coa incorporación de Jimmy Page acompañando nas guitarras ó xenio Jeff Beck, que remata por destroza-la súa guitarra ante o delirio do público...
No hay comentarios:
Publicar un comentario