miércoles, 25 de marzo de 2020

Corona Killer Fest na Krazzy Kray

Mentres todo segue parado polo coronavirus, hai que ir preparando a volta á actividade, sexa cando sexa.
Con previsión, dende a Fonosaurios xa nos van adiantando iniciativas na Sala Krazzy Kray con tempo dabondo para ir sobre seguro.
Ide apuntando a data, Venres 12 de xuño: CORONA KILLER FEST.


Interesante iniciativa, con catro bandas en directo, un dj de escándalo e unha entrada moi espcecial por só 12€.
A sesión de tarde será o momento para The Ashler, e no horario habitual Thee Blind Crows, Battosai e Mascada! Ademáis co incrible Escalenux na cabina.
A entrada será a camiseta do evento, que podedes mercar dende xa no bandcamp de Fonosaurios.
+ info aquí.

No hay comentarios: