martes, 31 de marzo de 2020

Sunflowers "Endless Voyage"

Un dos álbumes ao que máis ganas lle tiñamos neste comezo de ano era o novo traballo dos dúo portugues Sunflowers. "Endless Voyage" é o seu terceiro lp
e xa o tedes dispoñible dende comezos de febreiro.
Está presentado a modo de álbum conceptual, co seu prólogo e o epílogo final, cunha historia que reflexiona sobre o enfrontamento entre o individuo e as máquinas. 
Preséntannos temas de garage punk marca da casa, pero incorporando máis noise que nas entregas anteriores. Destaca a alternancia deses temas tan característicos con outras pezas a modo de recheo de interludios e exercicios de ruídismo e pausa, coa cadencia mecánica das maquinas.
A pesar dos 12 cortes, prácticamente podemos reducilo a cinco temas: a ruidista 'Detective Machine', o temazo 'A conflict taking place', o single 'Dreamweaver' que é a peza máis pop do álbum, os case seis minutos e medio de 'Oscillations' de pura enerxía, e a primeira parte de 'Endless Voyage'.
Que ganas de volver a velos en directo cando todo esto pase.

SUNFLOWERS "Endless Voyage"
(Only Lovers Records, 2020)




No hay comentarios: