martes, 3 de marzo de 2020

Pearl Jam 'Superblood Wolfmoon'

Penso que é a primeira vez que lle dedicamos unha entrada neste blog aos Pearl Jam, e é que hai xa moito tempo que pouco ou nada nos interesan. Nestes momentos están a facer a promoción do seu seguinte álbum, do que polo momento levan dous temas adiantados, que confirman que seguirán sen interesarnos o máis mínimo. 
O que chamou a nosa atención foi o clip do tema 'Superblood Wolfmoon', unha peza de animación a cargo de Keith Ross, o artista detrás da conta Tiny Concert, que vos recomendamos, e na que reproduce fragmentos musicais debuxados a bolígrafo.


No hay comentarios: