miércoles, 12 de enero de 2011

Singles2010 x Munstapha.

E aquí téde-la seleción de Munstapha. 50 temazos en dous volumes que destripan todo o mellor do mellor do 2010.

MUNSTAPHà "Destripando 2010"
[Sesión Rif-Rock 8-01-2011]


Aquí téde-los enlaces para a descarga:
vol 1  |  vol 2

Singles2010 x Kurco

Esta é a recopilación coa que Kurco Soundsytem destripa todo o 2010, en 3 volumes con sesenta e moitos temas... unha animalada!!!


KURCO SoundSystem "Destripando 2010"
[Sesión Rif-Rock 8-01-2011]


Aquí téde-los enlaces para a descarga:
vol 1  |  vol 2  |  vol 3

martes, 11 de enero de 2011

Neuroband "Proceso Amniotico"

Unha das sorpresas que chegaron a finais de ano foi a publicación por fin do novo traballo da Neuroband de Manuel Seixas. "Proceso Amniotico" foi facturado, como non, nos estudios Karallada Sound Factory da Arousa, polos Manuel Seixas e Xurxo Romero acompañados dos habituais Victor Karallada, Koko Santorum e Nico Leal, ademáis de outros convidados extra. "Proceso Amniotico" está publicado baixo o selo PAI Musica, e xa está dispoñible tanto on-line, coma para mercalo nas tendas e locais de costume, aínda que a distribución neste caso xa sabedes que é lenta... pero si tedes presa, pois xa sabedes, asaltades a calqueira dos membros pola rúa e lles esixides o voso   exemplar!!!


"Viscerales"

"Viscerales" é unha colección de 40 relatos coordinada por Mario Crespo y José Angel Barrueco para Ediciones del Viento, co meu editor online para LdN Alberto Haj-Saleh compartindo cartel con Vila-Matas... espero que moi cedo nas librarías desta esquina do mundo.





Colección: Viento Abierto   ISBN: 978-84-96964-76-1
Formato: 14 x 22 cm   Encuadernación: rústica
Número de páginas: 216   Precio: 18.00 euros
Edición: Mario Crespo y José Ángel Barrueco
Viscerales es sobre todo rabia, sinceridad, corazón, hígado, riñones, calor y desnudez: un libro que contiene cuarenta ejercicios de honestidad literaria, cuarenta desahogos, cuarenta vaciamientos, cuarenta vomitonas. Diferentes estilos, diferentes tendencias, diferentes etiquetas, diferentes generaciones, diferentes autores, pero un único denominador común: la visceralidad sobre el papel.

lunes, 10 de enero de 2011

Green Hornet (vol. 2 en Mondo RifPOP)



Os que seguides o blog seguro que xa sabedes da miña fixación por algúns superheroes de segunda ou terceira fila, un deles por suposto The Green Hornet, o Avispón Verde!!! ó que xa lle adicamos unha entrega do Mondo RifPOP neste mesmo blog


Ó contrario que outros moitos superheroes, comezou como un serial radiofónico, para logo converterse en comic, series e películas. A serie radiofónica mantívose en antena no seu formato orixinal dende 1936 ata 1952. Aquí tedes en dous fragmentos un capítulo de 1946, "Underwater Adventure":



Debido ó seu éxito, tras varias tempadas, e aínda nos inicios da tv converteuse en serial. Xa en 1940 aparere a primeira delas, The Green Hornet producida por Universal Pictures, coa adaptación audiovisual de 13 dos capítulos radiofónicos.   O ano seguinte, 1941 se estreará unha nova serie de 15 entregas, titulada THE GREEN HORNET STRIKES AGAIN, tamén producida pola Universal de moito mellor factura. Aquí tedes en 3 cortes o primeiro capítulo íntegro de 1941 "The Falming Havoc":

[Na canle de Youtube de jcrossetto téde-lo serial completo]


Tras varios intentos na década dos 50, non houbo novas ata 1966, cando a 20th Century Fox produxo a superexitosa serie The Green Hornet con Van Williams e Bruce Lee, con 26 episodios emitidos entre 1966 e o 67. 
Estes son os dous primeiros, 1- "The Silent Gun", 2 - "Give'em Enouth Rope":


E aquí o magnífico (e máis friki imposible) capítulo crossover entre Batman e The Green Hornet, de 40 mins:


Durante décadas, The Green Hornet foi esquecida en occidente, agás polos comics, pero en Hong-Kong fixéronse uns cantos filmes máis ben inspirados na figura do Kato de Bruce Lee que do propio protagonista.

Será en 2006 cando dende Francia se recupere ó Avispón Verde pola porta grande. Sería unha curtametraxe de auténtico luxo, por suposto titulada The Green Hornet, e dirixida por Aurélien Poitrimoult, a que devolvera ó noso protagonista á primeira liña de interés, e os lumbreras de Hollywood se decidisen a producir unha nova versión cinematográfica. Aquí vos deixo a curta de dez mins, pero na súa web de Reservoir Films tamén a podedes descargar gratuítamente, ver bonus, entrevistas, etc...



E agora, logo de moitos retrasos, estrearase neste xaneiro de 2011, THE GREEN HORNET en 3D e con toda a parafernalia oportunista de Hollywood, unha nova versión. Dirixida por Michel Gondry, e protagonizada por Seth Rogen (como Britt Reid/The Green Hornet), Jay Chou (como Kato) e Cameron Diaz no papel da secretaria.  Na realidade dame moito medo ir vela, pero supoño que picarei... se non a consigo antes claro...



Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornada 15

Xornada 15 con record semanal!!! e atentos que esta semana hai 2 xornadas!!!
Puntuación X15:

La Serna 90 218,20
Xuventude Tragove 167,60
magic p 162,20
Casquetes polares 153,40
C.B. Chacarita 144,40
Katiuskas 143,20
chejar e encher 139,60
san fransisco 139,00
Smashing patakas 136,00
10º Atutichurrasco 132,00
11º Muñequita Linda 130,80
12º Mamados United 126,80
13º defense 125,20
14º moules team 124,00
15º monhes 110,40
16º cambadinos 110,20
17º juventu divino tesoro 106,00
18º Aivaio2 91,20
19º esquivabalas team 88,00
20º o que hai e moito vividor.....! 87,20
21º C.B. San Tomé do Mar 81,80
22º a ramallosa 75,20
23º Dende Rusia con amor 65,20
24º xeitosos 42,20

domingo, 9 de enero de 2011

Camiseta do 2010

E finalmente a mellor camiseta do 2010 de todo o mundo!!!

Portada do 2010.

A mellor portada do ano para o retorno dos HOODOO GURUS "Purity of Essence", obra dun dos mestres do collage, Doug Bartlett:



E aquí tedes o making of da metamorfose completa e do crecemento (cada varias capas) do collage da portada aberta:



Video do 2010

E para terminar co 2010 dunha vez, ahí van tres apartados. Este é o mellor video, por sinxelo, por atrevido, orixinal... e por goleada:

THE BLACK KEYS "Next Girl"

sábado, 8 de enero de 2011

Hoxe destripamos 2010. RifRocKerZ.djSet!!


Hoxe!!! Sábado 8 de Xaneiro, os RifRocKerZ.djSet nos adiquemos a destripar sen contemplacións ós mellores álbumes, os singles máis pegadizos i extravagantes, e as bandas máis destacadas do 2010...

Sábado 8 Xaneiro 2011
RifRocKerZ.VS.RifRocKerZ!!
(Munstapha&KurcoSoundsystem)
"SINGLES2010"


2010 na GZ Canibal.

E para rematar co repaso do 2010 non nos podiamos esquecer do mundo aparte que é o GZCanibal... no que xa deixamos fora a Triángulo de Amor Bizarro (nº2 do Spanish Stroll)... e como xa vos podiades imaxinar, o mellor taballo do ano vai por goleada para Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto. No resto do top5 tedes unha mostra de absolutamente todo, swing, r'n'b, pop, hardcore e ultraruidismo...



1.
Los Hijos Bastardos 
de Peter Lorre 
"Out of my mind EP"




02. L'Uomo di Gomma "Tea Party EP"
03. The Allnight Workers "It only happens once"
04. Nouvelle Cuisine "La Guerra del Volumen"
05. The "Helium Ego EP"


viernes, 7 de enero de 2011

2010: 10 albumes x Munstapha.

Esta é a lista de Munstapha do 2010. Moi popeira e moi cool q quedou este ano, e da que non vale a pena facer mención especiais e ningún outro que se quedara fora. O 2010 foi un ano de temazos, pero a nivel álbumes non deu para moito, moita mediocridada. De feito creo que non me daba para 10 mellores, senón os indicutiblemente mellores, e os máis dignos que lle seguían... Deerhunter no máis alto como xa se vía vir. en segurndo lugar o enorme debut de The Soft Pack, do que todos falaron durante meses, pero semella que sacar álbum a comezos de ano fai estragos na memoria, logo moito artefacto elegante ó redor do mundo, os franceses Limiñanas, The Bamboos dende australia (sempre ten que haber algo da outra esquina do mundo!!!), e os croatas Bambi Molesters. Por suposto os discazos de Beach House, LCD Soundsytem, Best Coast e The Black Keys. E coma case sempre The Fall, pero xa contábades con eles non????



1.
DEERHUNTER 
"Halcyon Diggest"











2. The Soft Pack "The Soft Pack
3. The Black Keys "Brothers"
4. The Bamboos "4"
5. The Fall "Your Future, Our Clutter"
6. Best Coast "Crazy for You"
7. LCD Soundsystem "This is Happening"
8. The Limiñanas "Cold Princess"
9. Beach House "Teen Dream"
10. The Bambi Molesters "As the Dark Wave Swells"

jueves, 6 de enero de 2011

2010: 10 álbumes x Kurco.

Aquí vai a selección dos 10 mellores álbumes de Kurco SoundSystem, roubado directamente da nota do seu facebook:


Bueno, otro año más... Veo que no he vuelto a escribir una nota desde la última lista de los 10 disco de 2009.


Pues sigamos con las tradiciones (buenas tradiciones) y os voy a poner la lista, de los que para mi gusto, han sido los mejores discos de 2010.
Por encima de todos los mortales, James Murphy hace maravillas cada vez que decide sacar un disco. Y esta vez no iba a ser una excepción. Menos sintetizado que los anteriores y más artesanos, no dejan de hacer bailar incluso sonando más rock. Equilibrio perfecto entre dance y guitarreo. Una vez más, chapeau!!!.
Medalla de plata para los canadienses Arcade Fire, que se alejan de la grandilocuencia y la épica para firmar un disco pop que demuestran que se encuentran en un estado de forma envidiable.
Y 3er premio para los escoceses The Vaselines, que resurgen con un disco marca de la casa, con un toque nostálgico.
Las demás posiciones no son necesariamente en ese orden (las había que poner de alguna manera). Así que os emplazo a hacer vuestra propia lista de los mejores de 2010 y os lanzo un reto: Cuál será el disco del año para Rockdeluxe? O, rizando el rizo, de qué país se sacarán el grupo?

Ahí queda eso...




1.
LCD Soundsystem
"This is Happening".










2. Arcade Fire "The Suburbs".
3. The Vaselines "Sex with an X".
4. Grinderman "Grinderman 2".
5. The Black Keys "Brothers".
6. !!! "Strange Weather, Isn't It?".
7. Challenger "Ümelsion".
8. Interpol "Interpol".
9. Deerhunter "Halcyon Digest".
10. Nada Surf "If I Had a Hi-Fi".


miércoles, 5 de enero de 2011

2010: Albumes do Spanish Stroll...

De paseo polas españas podemos atopar moitas cousas fascinantes, e non toda esa porrenla coa que pretenden ilustra-lo ano dende as publicacións máis populares (Rockdelux, Mondosonoro, Go Mag, etc...) que se atreven a facer unha lista de mediocres case todos afiliados ó pensamento único... terrible!!!. Como en xeral este non foi un gran ano en canto a álbumes, farei unha pequena escolma por ámbitos xeográficos, do GZ Canibal, do mundo mundial e do estado. Así que estes son os meus 5 álbumes do Spanish Stroll 2010:




1.
ATOM RHUMBA 
"Gargantuan Melee"

indiscutibles!!!



2. TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "Año Santo"
3. CHALLENGER "Ümelsion"
4. LÜGER "Lüger"
5. HOLA A TODO EL MUNDO "Hola a todo el mundo"

Así de rápido, xq non había moito que pensar. O único candidato que se quedou fora foi último traballo de Margarita, ou o autohomenaxe de décimo aniversario de Los Chichos, pero o primeiro xa non ten o mesmo factor sorpresa, e o segundo xa non é exactamente un álbum novo, así que listo... sen paiasadas nen ñoñadas rollo Punsetes, nen Klaus & Kinsky, nen os que poñen os Planetas por decreto de 'interés general' nen bobadas de quedar a durmir que xa escoitamos centos e miles de veces, e que nada teñen que facer fronte á abrasión de TAB e a efectividade da Rumba Atómica, o dito insuperables coma sempre... A ver quen da máis!!! 

2010 según Mondosonoro

Aquí tedes o especial de Mondosonoro coa súa selección do mellor do 2010...

Sáb 8: SINGLES2010

Este Sábado 8 de Xaneiro, os RifRocKerZ.djSet nos adiquemos a destripar sen contemplacións ós mellores álbumes, os singles máis pegadizos i extravagantes, e as bandas máis destacadas do 2010, así que con esta entrada comenzamos a mollarnos... todo por partes, xa veredes.

Sábado 8 Xaneiro 2011
RifRocKerZ.VS.RifRocKerZ!!
(Munstapha&KurcoSoundsystem)
"SINGLES2010"


martes, 4 de enero de 2011

descarga sesión Mia Wallas.

Aquí tedes a primeira sesión do ano, como sempre, a cargo de MIA WALLAS, unha selección da súa sesión do sábado pasado con Jomitallas


MIA WALLAS... Ú-los Marinochas???
[Sesión Rif-Rock 1-1-2011]



Liga de Bocazas dos Venres no Rif - Xornada 14

Nova Xornada case sen tempo... primeira do ano, e outro q se estrena nunha xornada.
Para a 15 todo volve á normalidade con toda a semana de reflexión.
Puntuación Xornada 14:
1º Atutichurrasco 175,40
2º Smashing patakas 151,40
3º C.B. Chacarita 151,20
4º san fransisco 148,00
5º magic p 144,20
6º La Serna 90 136,00
7º Katiuskas 132,40
8º esquivabalas team 131,80
9º monhes 123,40
10º Xuventude Tragove 123,40
11º moules team 122,20
12º Casquetes polares 120,60
13º cambadinos 116,20
14º Aivaio2 115,20
15º Muñequita Linda 112,20
16º a ramallosa 112,00
17º juventu divino tesoro 110,40
18º defense 101,60
19º Dende Rusia con amor 100,40
20º chejar e encher 100,00
21º Mamados United 92,40
22º C.B. San Tomé do Mar 91,60
23º O QUE HAI E MOITO VIVIDOR.....! 88,40
24º xeitosos 70,60

CLASIFIC. XERAL:
1º magic p 1.971,60

2º Casquetes polares 1.888,60
3º san fransisco 1.842,20
4º Xuventude Tragove 1.825,00
5º Atutichurrasco 1.795,20
6º Muñequita Linda 1.729,80
7º La Serna 90 1.706,60
8º chejar e encher 1.686,60
9º monhes 1.677,80
10º Katiuskas 1.602,60
11º cambadinos 1.552,60
12º C.B. Chacarita 1.511,60
13º esquivabalas team 1.472,20
14º Dende Rusia con amor 1.432,20
15º moules team 1.421,60
16º Mamados United 1.407,60
17º Smashing patakas 1.403,20
18º a ramallosa 1.357,00
19º Aivaio2 1.309,80
20º C.B. San Tomé do Mar 1.302,40
21º xeitosos 1.263,20
22º defense 1.196,20
23º juventu divino tesoro 773,40
24º o que hai e moito vividor.....! 307,20

sábado, 1 de enero de 2011

Hoxe, Mia Wallas Vs Jomitallas

Nos últimos dous anos xa está convertendo en tradición que Mia Wallas e Jomitallas protagonicen a primeira sesión do 2011 na cabina do Rif-Rock. Este ano tamén será así, pero coa diferencia de que se atreven a facela o mesmísimo día un de xaneiro, sábado sí, pero día de Ano Novo. Unha sesión de valentes supervillanos, algo así como Diabolik Vs Modesty Blaise na loita polo universo do POP!!! con un par... si é que aparecen en condicións, claro...

Sábado 1 de Xaneiro 2011
MIA WALLAS VS JOMITALLAS

*e lembrade, que apartires das 00:01 desa noite, en teoría, xa non se poderá fumar...