De paseo polas españas podemos atopar moitas cousas fascinantes, e non toda esa porrenla coa que pretenden ilustra-lo ano dende as publicacións máis populares (Rockdelux, Mondosonoro, Go Mag, etc...) que se atreven a facer unha lista de mediocres case todos afiliados ó pensamento único... terrible!!!. Como en xeral este non foi un gran ano en canto a álbumes, farei unha pequena escolma por ámbitos xeográficos, do GZ Canibal, do mundo mundial e do estado. Así que estes son os meus 5 álbumes do Spanish Stroll 2010:
1.
ATOM RHUMBA
"Gargantuan Melee"
indiscutibles!!!
2. TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO "Año Santo"
3. CHALLENGER "Ümelsion"
4. LÜGER "Lüger"
5. HOLA A TODO EL MUNDO "Hola a todo el mundo"
Así de rápido, xq non había moito que pensar. O único candidato que se quedou fora foi último traballo de Margarita, ou o autohomenaxe de décimo aniversario de Los Chichos, pero o primeiro xa non ten o mesmo factor sorpresa, e o segundo xa non é exactamente un álbum novo, así que listo... sen paiasadas nen ñoñadas rollo Punsetes, nen Klaus & Kinsky, nen os que poñen os Planetas por decreto de 'interés general' nen bobadas de quedar a durmir que xa escoitamos centos e miles de veces, e que nada teñen que facer fronte á abrasión de TAB e a efectividade da Rumba Atómica, o dito insuperables coma sempre... A ver quen da máis!!!
1 comentario:
gran lista!
Publicar un comentario