SOUTH BY SOUTHWEST (SXSW) é posiblemente o maior festival do mundo, e seguramente o mellor de todos. Celébrase cada ano en Austin, Texas (USA) dende 1987 e ten un caracter multidisciplinar adicado principalmente a tres campos: música, cine e artes interactivas. Pero o que nos interesa por suposto é a música, e alí sempre se xuntan moitas desas bandas underground e emerxentes das que anos despois falaremos constantemente. Agora doume conta de que tódolos anos posteo videos deste festival, non cando remata cada edición, senón que xusto antes dunha nova edición subo concertos da anterior... e este ano, igual. Ademáis este será a súa 25 Edición. O chegarme a programación para a edición do 2011, coma sempre, tiven que repasar a do 2010, así que ahí vai en varias entradas...
En primeiro lugar o trío africano asentado en Detroit, Death, baixo este nome tan estúpido están tres superveteranos que ó longo das súas carreiras participaron en bandas de todo tipo, dende gospel, soul, rnb, rock blues... e formados xa en 1971 foron os pioneiros do punk afroamericano!!! sempre incómodos, politicamente duros e incorrectos, e musicalmente inclasificables nestes momentos: pop, funk, rock, ska, metal, jazz...
No hay comentarios:
Publicar un comentario