Ó fin rematei con "Fun Home", unha desas lecturas que tiña en lista de espera hai bastante tempo por culpa de algún deses axitadores de conciencia que sempre me está a recomendar máis material do que o meu tempo me permite leer, aínda que na realidade se ventila en dúas tardes (ou nunha se podes adicarlle unhas horas seguidas). "Fun Home" (Alison Bechdel, 2006) é un dos comics máis aclamados no mundo dos últimos anos. Tanto que incluso trascendeu o universo gráfico para converterse segundo a crítica nun dos mellores libros do ano en USA. Chegou a España no 2008, e leva na estantería case dende aquela. A novela autobiográfica da infancia e adolescencia da autora, Alison Bechdel, dos traumas infantís, a funeraria dunha pequena vila, as barreiras interxeneracionais, un pouco de mitoloxía clásica, frustracións familiares, o despertar dunha lesbiana que non encaixa ben outras opcións homo na súa familia traxicómica e un bo repaso á literatura de Albert Camus e James Joyce...
ALISON BECHDEL "Fun Home. Una Familia Tragicómica"
(Houghton Mifflin Harcourt, 2006 / Reservoir Books - Mondadori, 2008)
(Houghton Mifflin Harcourt, 2006 / Reservoir Books - Mondadori, 2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario