Imos quentando para esta fin de semana cunha desas xoias dos 60 que estiveron moitos anos esquecidas nun caixón de non se sabe onde, alomenos ó gran público. The Favourite Sons foron unha banda británico de mediados dos 60, en plena efervescencia Mod, adicados as versións de soul e r'n'b, e directamente inspirados polos primeiros Small Faces e The High Numbers (logo The Who), pero case sen querelo crearon un tema que adiantaba en varios anos o paradigma de freakbeat, o tremendo 'That Driving Beat', que sen deixar a inspiración soul era inusualmente potente para os modernistas de 1965. Foron descubertos polo productor Mike Hurst (que antes de rematar o ano os abandonaría para adicar media vida ó seu seguinte descubrimento, Cat Stevens, aínda), entusiasmado coa forza do seu soul, e se encargou do seu primeiro e único single "That Driving Beat / Walkin' Wa" (Mercury Records, 1965) un auténtico incunable que hoxe se cotiza case a 100 € a copia. Da banda nunca máis se soubo ata que no 2003 o selo Angel Air recopilou tódo-los temas grabados (12 en total) por The Favourite Sons naquelas sesións con Hurst e publicou este impresionante documento "That Driving Beat"...
THE FAVOURITE SONS "That Driving Beat"
(Mercury Recs, 1965 -sesións- / Angel Air, 2003)
No hay comentarios:
Publicar un comentario