miércoles, 26 de enero de 2011

The Dirtbombs "Party Store"

O ano comeza non novo traballo dunha das nosas bandas favoritas, os Dirtbombs de Mick Collins!!!, pero desta vez aínda máis eclécticos que de costume, logo de tocar case tódo-los paus posibles do rock, e inventar algún, con calqueira de tódo-los seus proxectos anteriores ou paralelos (The Gories, Blacktop, The Screws, Voltaire Brothers, Man Ray, etc, etc...) Mick Collins formou esta banda coma un divertimento para facer exclusivamente singles e splits compartidos, con moitas versións por suposto, pero finalmente iso só se mantivo durante uns anos. Dende entón The Dirtbombs convertíronse na principal banda de Collins. Este fai xa o seu quinto álbum (a parte o compilatorio do 2005 con caras-b e versións imposibles) que seguro q cabreará moito ós puristas, indtroducindo bases electrónicas, e recreando por momento drum'n'bass ('Shari Vari', 'Strings of Life' ou 'Good Life') que por suposto vai alternando con temas que nos devolven á normalidade como 'Alleys of your Mind' a potencia de 'Cosmic Cars' e abre o álbum ou a mostruosa 'Bug in the Bassbin' de máis de 20 minutos no medio e medio de todo esto. En realidade non é tanta sorpresa coñecendo o percorrido das súas versións, porque este álbum é nin máis nin menos que un homenaxe á escena do Detroit Techno dos anos 80, logo do seu 7'' que The Dirtbombs publicaron no 2010 ("Kick Me") que apuntaba cara o pubrock, agora publica o que sexa posiblemente a primeira vez en que unha banda de rock tritura a música techno pura e dura. Aquí atopamos temas de Carl Craig, Cybotron, A Number of Names ou Innes City... un homenaxe a unha parte da súa cidade que ninguén esperaba... Aquí o tedes, recén saido, a ver que vos parece...

THE DIRTBOMBS "Party Store"
(In the Red Recs, 2011)



No hay comentarios: