Os que seguides o blog seguro que xa sabedes da miña fixación por algúns superheroes de segunda ou terceira fila, un deles por suposto The Green Hornet, o Avispón Verde!!! ó que xa lle adicamos unha entrega do Mondo RifPOP neste mesmo blog.
Ó contrario que outros moitos superheroes, comezou como un serial radiofónico, para logo converterse en comic, series e películas. A serie radiofónica mantívose en antena no seu formato orixinal dende 1936 ata 1952. Aquí tedes en dous fragmentos un capítulo de 1946, "Underwater Adventure":
Debido ó seu éxito, tras varias tempadas, e aínda nos inicios da tv converteuse en serial. Xa en 1940 aparere a primeira delas, The Green Hornet producida por Universal Pictures, coa adaptación audiovisual de 13 dos capítulos radiofónicos. O ano seguinte, 1941 se estreará unha nova serie de 15 entregas, titulada THE GREEN HORNET STRIKES AGAIN, tamén producida pola Universal de moito mellor factura. Aquí tedes en 3 cortes o primeiro capítulo íntegro de 1941 "The Falming Havoc":
[Na canle de Youtube de jcrossetto téde-lo serial completo]
Tras varios intentos na década dos 50, non houbo novas ata 1966, cando a 20th Century Fox produxo a superexitosa serie The Green Hornet con Van Williams e Bruce Lee, con 26 episodios emitidos entre 1966 e o 67.
Estes son os dous primeiros, 1- "The Silent Gun", 2 - "Give'em Enouth Rope":
E aquí o magnífico (e máis friki imposible) capítulo crossover entre Batman e The Green Hornet, de 40 mins:
Durante décadas, The Green Hornet foi esquecida en occidente, agás polos comics, pero en Hong-Kong fixéronse uns cantos filmes máis ben inspirados na figura do Kato de Bruce Lee que do propio protagonista.
Será en 2006 cando dende Francia se recupere ó Avispón Verde pola porta grande. Sería unha curtametraxe de auténtico luxo, por suposto titulada The Green Hornet, e dirixida por Aurélien Poitrimoult, a que devolvera ó noso protagonista á primeira liña de interés, e os lumbreras de Hollywood se decidisen a producir unha nova versión cinematográfica. Aquí vos deixo a curta de dez mins, pero na súa web de Reservoir Films tamén a podedes descargar gratuítamente, ver bonus, entrevistas, etc...
E agora, logo de moitos retrasos, estrearase neste xaneiro de 2011, THE GREEN HORNET en 3D e con toda a parafernalia oportunista de Hollywood, unha nova versión. Dirixida por Michel Gondry, e protagonizada por Seth Rogen (como Britt Reid/The Green Hornet), Jay Chou (como Kato) e Cameron Diaz no papel da secretaria. Na realidade dame moito medo ir vela, pero supoño que picarei... se non a consigo antes claro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario