lunes, 10 de diciembre de 2012

"Independientes", o documental

Dende hoxe mesmo xa está dispoñible ó publico un novo documental que pretende explica-lo fenómeno indie en España, dirixido por Jose A. Rueda. 
Así o presentan e ahí o tedes enteiro...

"Independientes" es una película documental que resume los veinte años de vida del movimiento indie en España. Conducida mediante las entrevistas a Julio Ruiz, Los Planetas, Sr. Chinarro, Nacho Vegas, Los Enemigos, Lagartija Nick, Maga y Lori Meyers, la historia narra el nacimiento y el desarrollo de la cultura musical independiente en España, desde el cambio generacional sufrido entre los últimos años ochenta y los primeros noventa hasta el día de hoy, en el que muchos grupos indies gozan de una fama y una popularidad impensables a principios de los noventa.

Independientes.
2012, ESP. Dir: Jose A. Rueda
(La Fabriquilla de Creación Audiovisual)
documental



Sáb.15: 40 anos de NUGGETS!

A semana pasada cumpríronse 40 anos da saída do lexendario "Nuggets: Original Artyfacts from the first Psychedelic Era" ó que xa lle adicamos un par de entradas [40 anos de Nuggets e As continuacións dos Nuggets]. 
Xa solo faltaba o máis sinxelo de todo, unha sesión de Nuggets...


sábado, 8 de diciembre de 2012

descarga Trash Trash Trash#3

Aquí tedes unha hora da sesión de onte a noite...

Munstaphà: "Trash Trash Trash #3"
(sesión Rif-Rock 7 dec.2012)
descarga Trash#3 aqui.


jueves, 6 de diciembre de 2012

Lord Sutch & Heavy Friends

Non podo parar de escoitalo. Screaming Lord Sutch é un deses valores seguros, dos meus artistas favoritos, xa non só pola súa música senón coma un dos grandes persoaxes do último medio século, botas tempo sen facerlle caso, e sempre volves a el. Moito temos publicado sobre Lord Sutch neste blog, pero é que o mes pasado caeume de agasallo de cumpreanos a nova edición deste mesmo ano do seu primeiro lp, o fantástico "Lord Sutch & Heavy Friends" e non podo parar de escoitalo... Un deses super-álbumes da historia do rock que nunca volverían repeterise, con Jimmy Page e o xigante Jeff Beck nas guitarras, Noel Redding no baixo, John Bonham na batería, e Nicky Hopkins nos teclados, e por suposto con Screaming Lord Sutch ó fronte.  Recoméndovos que vos fagades con esta nova edición en vinilo (180gr + cd e todo iso). 
Cantas máis voltas lle dou, aínda máis incrible me sigue a parecer... 

SCREAMING LORD SUTCH "Lord Sutch & Heavy Friends"
(Cotillon Recs, 1970 / Lilith Recs Dig-A-Log, 2012)



Dave Brubeck

Dave Brubeck
(1920-2012)



miércoles, 5 de diciembre de 2012

esta noite Monkey Session!!


as continuacións do Nuggets (40 anos de Nuggets, parte II)

[ver 40 anos de Nuggets]

E despois de conmemora-lo 40º aniversario do Nuggets, fagamos un rapaso a tóda-las edicións que viñeron despois para completa-la franquicia, ata as novidades deste mesmo 2012...

Anos despois da integración de Elektra en Warner Records, o proxecto Nuggets retomouse xa no século XXI baixo a etiqueta de Rhino Recs. E así no 2001 editouse unha continuación, desta vez centrada na explosión do mesmo momento das Illas Británicas e incluíndo máis temas de outras partes do mundo, seguindo a mesma estructura que a reedición dos Nuggets de 1988. Así se titulou "Nuggets II: Original Artyfacts from the British Empire and Beyond 1964-1969" (Rhino/Warner, 2001 box). No mesmo blog Como te Caigo (Nuggets british) podedes atopar a caixa completa.



"Come to the Sunshine"
No ano 2004 publicaronse dúas nova referencias, máis modestas e sobre todo moito menos ambiciosas, posto que seleccionaban vellos singles do arquivo de WEA Records (a fusión de Warner, Elektra e Atlantic, que non é pouco) pero ambas edicións se reducían a un só disco, coa selección e producción a cargo de Andrew Sandoval. Este volumes son  "Hallucinations, Psychedelic Pop Nuggets from the WEA vaults 1966-69" e "Come to the Sunshine, Soft Pop Nuggets from the WEA vaults" (Rhino, 2004)

Podedes atopar Hallucinations no blog Comiquitos (por Doquier).
e Come to the Sunshine no blog Rot Faster.



Un ano despois Rhino publicou un novo box recuperando o espíritu das grandes edicións, era o "Children of Nuggets: Original Artyfacts from the Second Psychedelic Era, 1976–1995" (Rhino, 2005) que recopila toda a herdanza dunha xeración que crecera ó ritmo da colección orixinal dos Nuggets  de 1972 e de todo o movemento de revival de finais dos 70, e os 80 e meténdose ata o boom do alternativo, unha vez máis nun box set de 4 cds. En realidade trátase de un volume fabuloso como recopilación ó uso, pero demasiado disperso, por abarcar 20 anos, demasiados estilos e a miudo incluíndo temas de dibudosa relevancia de bandas que si a tiveron.



As seguintes edición estiveron moito máis centradas, iso é que acotar xeográficamente o asunto para documentar unha escea concreta axuda bastante. "Love is the Song we Sing. San Francisco Nuggets 1965-70" (Rhino 2007) documenta dun xeito exhaustivo en catro columes tódo-los sons da cidade clave para comprender o Summer of Love e como se converteu en punto de encontro de moitos rebeldes dunha época. Nesta edición ademáis do espectacular do box en relieve inclúe un libro con 120 páxinas con toda a contextualización, a información da bandas e moitas fotos bastante curiosas. Sen dúbida o máis completo de todos.



E dous anos despois fixeron o mesmo coa cidade de Los Ángeles e arredores, do que xa vos temos falado neste blog"Where the Action is! Los Angeles Nuggets 1965-68" (Rhino 2009), novamente compilado por Andrew Sandoval, e que novamente en 4 volumes recolle dun xeito minucioso os sons máis underground da segunda metade da década aínda que máis acotada no tempo, algunhas das experimentacións máis arriscadas no estudio e a aparición do country rock. Para min esta é sen dúbida a mellor de todas estas  tentativas de continuación da serie. Faite con Los Angeles Nuggets no blog Como te Caigo.




E agora, 40 anos despois toca celebralo cun novo lanzamento. 
"Antipodean Interpolations"
Neste final de 2012 chega o momento dos Nuggets australianos. O primeiro deles é "Down Under Nuggets:  Original Australian Artyfactacs 1965-1967" (Warner, 2012) e tamén o explosivo "Nuggets: Antipodean Interpolations of the first Psychedelic Era", unha edición de autohomenaxe no que as mellores bandas australianas da actualidade rinden tributo ó Nuggets orixinal!!! Estos aínda non os teño, pero xa me están tardando!!! 
Polo momento xa podemos escoitar vía soundcloud Nuggets Antipodean Interpolations aquí completo









40 anos de Nuggets

Es semana celébranse os 40 anos da saída no mítico volume "Nuggets: Original artyfacts from the first psychedelic era 1965-1968" (Elektra, 1972) compilado por Jac Holzman e Lenny Kaye, nun álbum dobre escollían os  27 singles máis representativos daqueles catro anos apaixoantes da explosión do garage-rock dos USA, en tóda-las súas vertentes, e donde non só establecían os parámetros definitivos do xénero, senón tamén de cómo debería facerse unha gran compilación, e donde no seu texto xa se incluía o concepto de punk-rock alá por 1972. O éxito foi inmediato e cos anos convertiuse nunha obra de culto e na gran referencia do xénero, ademáis das súas continuacións.


Box-set de 1988
En 1988, xa na era do cd, para unha nova reedición a colección viuse ampliada. Donde o volumen orixinal se convertía no Volume 1, foi completada ata a catro volumes nun box-set baixo o mesmo título, pero ampliando con moito máis material que ó longo dos anos Holzman e Kaye consideraron que merecían estar ó mesmo nivel.

"Nuggets: Original Artyfacts from the first Psychedelic Era 1965-1968" (Elektra, 1972 / reed. box 1988).
Podedes atopar esta edición por moitos lugares, eu recoméndovos a do blog Como te Caigo, no que atoparedes os catro volumes na mesma entrada picando nas portadas.

[na seguinte entrada: as continuacións do Nuggets]

martes, 4 de diciembre de 2012

Mickey Baker "Session Man and Performer"

A semana pasada adicábamos un par de entradas ó gran Mickey Baker tra-la súa morte, nunha delas vos recomendaba o recopilatorio do 2008 "In the 50's: Hit, git & Split" pero do que non atopaba enlaces. Pois ben algo parecido pero moito máis amplo subiron esta semana nese enorme blog de rock'n'roll que é Twilightzone!. Trátase de cinco volumes non oficiais que levan por título "Session Man & Performer" seleccionados por Marty Mellow e que fan un amplo percorrido por tóda-la súa carreira. Non o deixedes pasar!!!


Tedes toda a colección no blog Twilightzone!
Os volumes 1-4 nesta entrada, e o volume 5 nesta outra
En cada entrada atoparede-los enlaces e contrasianiais no comentarios.

Purple Wekend 2012


domingo, 2 de diciembre de 2012

Ven 7: Trash Trash Trash


Merc 5: Monkey Session

E xa podemos irvos adiantando unhas cantas cousas para esta semana. 
Para comezar as desta semana, a primeira xa o mércores 5 (véspera de festivo eh?) cunha nova Monkey Session, da que aínda non temos moi claro se irá en plan to be or not to be, ou en plan algo cheira mal en dinamarca...


viernes, 30 de noviembre de 2012

esta noite... reunión de bigotes Movember!


Movember RifRocKerZ pola rede

Xa non queda case nada para rematar o Movember 2012, xa sabedes que esta mesma noite faremos a nosa  particular reunión de bigotudos no Rif-Rock, co colectivo Siña MonCha no control absoluto da cabina...

E así o contaron outros blogs amigos:
Dende Cambados(TK) publicaban Venres 30 no Rif-rock: Reunión de Bigotudos, e que dende aquí teño que reclamar a estas alturas a inclusión de CTK coma co-organizadores do evento, igual que coma sempre ocorre coa xa tradicional Festa do Bigote do Rif-Rock,

En Tras la Trastienda (o blog de ATDP): Una cuestión de Bigotes, Movember 2012, donde nos recomenda as accións Movember de Vigo e Cambados deste fin de semana. E tamén de donde collimos a foto da esquerda. (dando pistas...).

jueves, 29 de noviembre de 2012

Movember


Mickey Baker "In the 50's: Hit, Git & Split"

Xa que vexo que Mickey Baker é aínda menos coñecido do que eu pensaba vouvos recomendar este recopilatorio que prublicou Rev-Ola no 2008, e que reúne 31 temas entre 1952 e 1956, todos eles nos que Baker era acompañante de bandas ou músico de estudio, aídna que tamén hai algunha peza do dúo que formou xunto con Sylvia Robinson, Mickey & Sylvia, coma o famoso 'Love is Strange'. Paréceme a mellor compilación para achegarse a súa música, pero sobre todo poderedes comproba-la versatilidade de Baker tocando de todo!!!
Case tódo-los enlaces que atopo ós seus discos están cortados, así que seguide buscando...

MICKEY BAKER "In the 50's: Hit, git & Split"
(Rev-Ola, 2008)


E para que vos fagades un pouco máis de idea, ahí tedes a Mickey Baker en tres momentos distintos, nos 50, nos 60 e nos 70:


miércoles, 28 de noviembre de 2012

Mickey Baker

Mickey 'Guitar' Baker
(1925 - 2012)


Onte mesmo faleceu Mickey Baker, un dos grades guitarristas da historia, que era apodado directamente coma The Guitar, polo seu incrible dominio e polo seu particular estilo de tocar, único afrontando calqueira estilo jazz, rhythm'n'blues, rock'n'roll... Dende moi novo tentou facerse músico de jazz, e cando rematou por centrarse na guitarra conta a lenda que o seu empeño foi taca-la guitarra como Charlie Parker tocaba o saxofón. Ademáis de tódo-los seus discos e centos de colaboracións como acompañante é autor de un dos máis populares métodos para guitarra de jazz. Igual a partir de agora deixa de ser un descoñecido...