miércoles, 27 de junio de 2007

JUANXXXII - FunkSoulRhythmn'Blues&Boogaloo


Sábado 30, de 00 a 4h.
JUANXXXII
vs.RIFROCKERZ
GrooveNite por todo o alto, adicada ó máis selecto da música negra dos 60 e os 70, FunkDrops, Deep Funk, Soul, Rhythm'n'Blues, Blaxpoitation, BeBop, Latin Jazz e Boogaloo... todo mesturado por JuanXXXII, e quizáis con algunha sorpresa máis...
Non vo-lo perdades!!!!

domingo, 17 de junio de 2007

New Rippers en Concerto


RifRockerz recomendan como competencia á nosa 'GROOVENITE' adicada ó funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo... todo un espectáculo en directo:
Sábado 30, as 12 da noite, no TNT de Ogrobe

concerto salvaxe dos
NEW RIPPERS
... e para que vos vaiades facendo as gañas, aquí tedes en primicia o enlace para descargarvos un corte da súa nova maqueta 'Live in Vigo' gravada en directo, e que será o adianto de algo moito máis grande... que o disfrutedes.
New Rippers- New Rippers Are Back!!!.mp3 (5.7 MB)

KURCO SOUND-SYSTEM



Sábado 16 de Xuño, nova sesión de Kurco, que ademáis tivo honra de estrear o novo equipo IMG do Rif (oito anos durou o anterior, vaia máquina!!!!), e con el nos presentou un novo volume so seu soundsystem. Dende sons épicos, doces e melodramáticos, a puto ruído (auténtico barullo)... entre ambos moito rock'n'roll, powerpop e afterpunkdance... e todo noviño do trinque recén saído. Os que estivéchedes alí xa sabedes como foi, e por cortesía do Dj podedes descargarvos o setlist principal da sesión no seguinte enlace: http://www.megaupload.com/?d=HOSGMKNW

desta vez, por cousas de tempo, teredes que conformarvos cos temas tal cual, en vindeiras ocasións estarán dispoñibles as auténticas mezclas da sesión... ala, así que a darlle as gracias a Kurco e todos a rajar do dj... Hang the DJ!!!!! (agora tamén podedes os que nin estivéchedes alí!!!)

viernes, 8 de junio de 2007

2 de Xuño: Tremendos D.J.Choeu + Casiopeo


Espectacular foi noite do sábado 2.
Estabades todos avisados, con pouca antelación, sí, pero avisados.
Os que estiveron xa o saben, e os que non pois só dicirvos que foi a noite máis friki dos case oito anos do local: "DJChoeu" tivo o detalle de convidar a Casiopeo coma teloneiro, e dende ahí todo foi surrealismo... Problemas técnicos e acoples nos amplis para tanto casio infantil e pedaleira de micrófono... así que o que tiña que ser un teloneiro á usanza do mestre Dj, terminou por converterse en sesións e actuacións ao vivo alternas... DJChoeu tocou tódo-los paus dos 80, punk, pop, electrónica, post punk... Nina Hagen, Devo, That Petrol Emotion e demáis... mentres casiopeo triunfou sobre todo con dous covers 'Gripe Aviar' (nuclear de aviador dro) e la abeja maya (el foi quen a matou, quedounos ben claro...). Creo que todos alucinamos bastante e o pasamos ben. Incluso os incondicionais dos artistas se sorprenderon... así que só darlle as gracias a Carlos, e sobre todo a Tomás, e os que non viñeron, pois a próxima vez estade atentos...

XUÑO2007