viernes, 8 de junio de 2007

2 de Xuño: Tremendos D.J.Choeu + Casiopeo


Espectacular foi noite do sábado 2.
Estabades todos avisados, con pouca antelación, sí, pero avisados.
Os que estiveron xa o saben, e os que non pois só dicirvos que foi a noite máis friki dos case oito anos do local: "DJChoeu" tivo o detalle de convidar a Casiopeo coma teloneiro, e dende ahí todo foi surrealismo... Problemas técnicos e acoples nos amplis para tanto casio infantil e pedaleira de micrófono... así que o que tiña que ser un teloneiro á usanza do mestre Dj, terminou por converterse en sesións e actuacións ao vivo alternas... DJChoeu tocou tódo-los paus dos 80, punk, pop, electrónica, post punk... Nina Hagen, Devo, That Petrol Emotion e demáis... mentres casiopeo triunfou sobre todo con dous covers 'Gripe Aviar' (nuclear de aviador dro) e la abeja maya (el foi quen a matou, quedounos ben claro...). Creo que todos alucinamos bastante e o pasamos ben. Incluso os incondicionais dos artistas se sorprenderon... así que só darlle as gracias a Carlos, e sobre todo a Tomás, e os que non viñeron, pois a próxima vez estade atentos...

No hay comentarios: