lunes, 31 de marzo de 2008

Proxecto Edición 2008

ahí tedes o programa completo do Proxecto Edición 2008, no que participa a Embaixada Prusiana, para máis info:

http://www.proxecto-edicion.net/

ou en

http://embaixadaprusiana.blogspot.com

pinchade sobre o programa para ampliar...

Despregable#17. Xa está na rúa!!!

Xa tedes á vosa disposición un novo exemplar do Despregable, e xa van 17!!! Con cuberta de camuflaxe!!!
Contidos Despregable#17:

Marta Álvarez
é unha ilustradora de Vilagarcía, un recente descubrimento na embaixada e que queremos compartir con vós. Disfrutaredes seguro coas súas coidadas e divertidas ilustracións.
Franc3s
chegan dende Carballo (e Vilalba) para sobercollernos coa súa proposta estética e musical, ruídismo e serie-b, contando surrealistas historias acontecidas no seu mundo de artistas de circo sen brazos, estrelas de cine encerradas e mulleres preñadas que reflexionan sobre o seu froito mentres observan coma un caracol se atreve cunha manada de lobos... e todo iso cun unánime recoñecimento de crítica e público, veredes...

Carlos Puga
é un fotógrafo de Vigo, que quixo colaborar con nós a través dunha das súas series chamada, “e logo din que a sardiña vai cara” feita nunha pequena viaxe a Ferrol. Ademáis é o organizador de Fotoxoguete, un dos talleres máis importantes a nivel nacional de fotografía.
Sebastiao Oliveira e o seu colectivo OCUPE A CIDADE, fan unha pequena incursión no noso fanzine dende Sao Paulo, onde desenrolas a súa actividade artística e urbana, Saímos á rúa, pero antes saltamos o charco.
Escoitar.org é un proxecto que busca rexistrar os sons galegos, todos os sons que poidas apreciar por calquer motivo, dende a romaría da túa aldea ata o son dunha fraga. Buscade os sons, habelos hailos...

Ademáis tóda-las seccións habituais: RuidosVsMelodías, Newra nos achega ó comic poñendo fin a súa revisión de Frank Miller, o SPJ nos ofrece o seu boletín trimestral con tóda-las novas do mellor jazz feito aquí (e máis alá) e tódalas recentes edicións discográficas de Free Code Jazz Records. Nas crónicas deste trimestre nos achegamos ó concerto de Triángulo de Amor Bizarro no Marzo Pop de A Estrada, La Cara B, o Despregable Asasino e algunha cousa máis.

E coma sempre, o número se acompaña para socios, anunciantes e outros habituais co cd dobre de alumnos do 6º SPJ de Pontevedra...
Que o desfrutedes!!!

martes, 25 de marzo de 2008

DjCHOEU + CASIOPEO (15-03-2008)

Así foi a tolemia do pasado sábado 15 de marzo. Sería mellor que estivesedes alí, porque as fotos e os videos non son nada... Cando se mestura o dixital co analóxico e coa retrotecnoloxía non se pode recoller en fotos. Ata sonou musica en casette, houbo manequís, a mafia dos sombreiros e a gripe aviar fixo presenza antes de comezar a grabar... polo demáis ¡Estivérades alí!!! Pero para os que non, isto é o que puidemos rescatar, con todos vos...
DjChoeu & Casiopeo.

Casiopeo#7: Temendo Blue Monday!!!







lunes, 24 de marzo de 2008

Unha revisión do KRAUT-ROCK en LdN (1ªparte)

Dende hoxe, como cada día 24 de mes, tedes unha nova columna 'De Ventrílocuos Impostores' en Libro de Notas, desta vez comezando unha serie adicada ó kraut-rock aleman dos anos 70. Esta primeira parte concéntrase en dúas das principais bandas daquel movimento (si se pode chamar así) tan diverso: NEU! e CAN. Que o desfrutedes!!! e xa vos adianto que a segunda parte será o 24 de maio... que en abril hai que variar... haí o tedes, e logo uns cantos vídeos...

http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13347/krautrock-1parte-de-improvisacion-y-metronomia

http://www.librodenotas.com/


Videos:


CAN – Mushroom:


CAN – Spoon (Live)


CAN - Halleluwah (live 1972)


NEU! – Negativland (1972)


NEU! – Hero, Live 1974:


Harmonia berlin 2007:


Harmonia Bonn 2007:

lunes, 10 de marzo de 2008

The Phantom Keys en Le Beat Bespoké de Londres


E para a semana santa, se non queredes pasala con nós, sempre vos podedes largar a Londres para acompañar ós Phantom Keys, que actuatán no Le Beat Bespoké de Londres, xunto con THE HORRORS, THE STAGGERS, THE JAYBIRDS, sobre todo: THE SONICS!!!!!
Tedes + info en:

http://podgroup.typepad.com/lebeatbespoke4/le_bands/index.html

jueves, 6 de marzo de 2008

RIFROCKERZ BLUESBAND - Venres 21 dMarzo

Venres 21 de Marzo (23:30h)
RIFROCKERZ BLUESBAND
Paco Charlín-Sito Suárez-Piti Drumz

Unha nova oportunidade de ver a unha banda única, xa sabedes, á cabeza de todo Paco Charlín ó jazzbass, Sito á guitarra e Piti á bateria... Powertrio instrumental que abarcan dende o blues máis clásico e o rock progresivo, ata o máis salvaxe e improvisado garage ou r'n'b... ainda que coma sempre de seguro que haberá moitas sorpresas, invitados e máis de un espontáneo!!!

Sábado 15 dMarzo: DjCHOEU + CASIOPEO en directo!!!


Cambio na programación, e o próximo sábado 15 desfrutaremos dunha nova tolemia a cargo de DjChoeu & Casiopeo, en directo e presentando un novo show. "Odio o Auténtico" está adicado ás versións, a aquelas que sempre melloran ou superan ós seus orixinais, ou non... unha sesión adicada ós covers, e unha actuación en directo que podemos saber como comeza, pero xamáis como pode terminar, ou ó reves, porque coma os palíndromos, nunca sabes en que dirección tes que lé-los, nin cando terminan, nin cando foi o principio de todo...
Non vo-lo podedes perder...

miércoles, 5 de marzo de 2008

THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Fotos e son.

O pasado sábado 1 foi para THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Con medio grupo lisiado e tocando por baixo do público e con algunha que outra sorpresa máis (cantou Tania -Undertown Project- e as puñaladas de V.Karallada...). E aquí tedes o que puidemos salvar do pasado, bastantes fotos, e os videos que non se ven, pero se aínda se escoitan, mesturados en 3 bloques de 10 mins... a ver si sacades algo, pero xuramos que o próximo quedará moito mellor documentado...