lunes, 31 de marzo de 2008

Despregable#17. Xa está na rúa!!!

Xa tedes á vosa disposición un novo exemplar do Despregable, e xa van 17!!! Con cuberta de camuflaxe!!!
Contidos Despregable#17:

Marta Álvarez
é unha ilustradora de Vilagarcía, un recente descubrimento na embaixada e que queremos compartir con vós. Disfrutaredes seguro coas súas coidadas e divertidas ilustracións.
Franc3s
chegan dende Carballo (e Vilalba) para sobercollernos coa súa proposta estética e musical, ruídismo e serie-b, contando surrealistas historias acontecidas no seu mundo de artistas de circo sen brazos, estrelas de cine encerradas e mulleres preñadas que reflexionan sobre o seu froito mentres observan coma un caracol se atreve cunha manada de lobos... e todo iso cun unánime recoñecimento de crítica e público, veredes...

Carlos Puga
é un fotógrafo de Vigo, que quixo colaborar con nós a través dunha das súas series chamada, “e logo din que a sardiña vai cara” feita nunha pequena viaxe a Ferrol. Ademáis é o organizador de Fotoxoguete, un dos talleres máis importantes a nivel nacional de fotografía.
Sebastiao Oliveira e o seu colectivo OCUPE A CIDADE, fan unha pequena incursión no noso fanzine dende Sao Paulo, onde desenrolas a súa actividade artística e urbana, Saímos á rúa, pero antes saltamos o charco.
Escoitar.org é un proxecto que busca rexistrar os sons galegos, todos os sons que poidas apreciar por calquer motivo, dende a romaría da túa aldea ata o son dunha fraga. Buscade os sons, habelos hailos...

Ademáis tóda-las seccións habituais: RuidosVsMelodías, Newra nos achega ó comic poñendo fin a súa revisión de Frank Miller, o SPJ nos ofrece o seu boletín trimestral con tóda-las novas do mellor jazz feito aquí (e máis alá) e tódalas recentes edicións discográficas de Free Code Jazz Records. Nas crónicas deste trimestre nos achegamos ó concerto de Triángulo de Amor Bizarro no Marzo Pop de A Estrada, La Cara B, o Despregable Asasino e algunha cousa máis.

E coma sempre, o número se acompaña para socios, anunciantes e outros habituais co cd dobre de alumnos do 6º SPJ de Pontevedra...
Que o desfrutedes!!!

No hay comentarios: