Se aínda non os coñecedes, aquí vos deixo a nota de prensa de A Regueifa Plataforma, na que a podedes descargar:
http://www.aregueifa.net/index.php?option=com_content&task=view&id=88
Horteras pero elegantes. Novedades Carminha son Jarri, Carlangas e Xavi, que con só 20 anos de idade son fillos prodixio do situacionismo e o posdadaísmo agresivo. O culto á frescura, á enerxía á actualidade e ao viño fan de Novedades Carminha un dos grupos máis divertidos e orixinais do panorama musical galego. Combinan o humor dos primeiros Siniestro Total cunha posta en escea atractiva e bailona, que lembra a Los Coyotes de Victor Abundancia, pasado todo isto por unha clara influencia musical do primeiro punk do 77.
Son o único grupo que recoñece abertamente que tocan para ligar, e ligan para comer.
NC comezaron en Madrid en marzo de 2007, lugar de residencia actual do grupo, anque foron varias as incursións en Galiza, colaborando e tocando con grupos como Los Iribarnes, Ataque Escampe ou Leo i arremecaghona. Con estas dúas últimas bandas chegaron a grabar algún tema. Participan na actualidade no Galician Bizarre, un disco recopilatorio de nove grupos bizarros galegos, entre os que se atopan, entre outros, Jiménez del Oso, Fran3s ou Los Santos.
Un pouco oligofénicos, pero boa xente, a banda conformase como máximo expoñente galego do revival da movida viguesa. Ademáis son o grupo favorito de Marichalar.
GRANDES ÉXITOS (Cassette con licenza copyleft)
Grandes Éxitos é o seu primeiro traballo, un curta duración en formato cassette. Foi gravado nos estudos Pousada Son e Sons da Vila a primeiros do 2008 en 8 horas e pódese definir coma unha homenaxe á frescura musical e ao humor entendido como a incorrección política das tertulias de taberna. As letras dos seus singles falan tanto dos punkies de Lalín coma das mulleres católicas, sen deixar de clamar porque lles dean de beber ou de declararse sentimentais pero sementais.
Podes baixar un Zip de 15 Mb cos sete temas de Grandes Exitos en mp3 premendo aqui .
No hay comentarios:
Publicar un comentario