miércoles, 31 de diciembre de 2008

FELIZ 2009 para todos!!!

E O ÚLTIMO POST DO ANO, COMO NON...
DE PARTE DO RIF-ROCK, FELIZ 2009 PARA TODOS
E PASÁDEO BEN ESTA NOITE!!!

O álbum da semana: as "BBC Sessions" dos YARDBIRDS.

Este vai ser o último "álbum da semana" deste ano 2008, autoadicado pra min...
THE YARDBIRDS
The BBC Sessions 1965-1968

Unha das mellores bandas da historia, na que, como sempre se dí, estiveron tres dos mellores guitarristas de tódo-los tempos: Jimmy Page, Eric Clapton e sobre todo Jeff Beck, aínda que non sei porque sempre se esquecen dos tremendos Keith Relf, Chris Dreja e Jim McCarty... cousas do merchandising...


Por cortesía de Crisis1956.
Descargádeo aquí:
The Yardbirds - The BBC Sessions
Que o desfrutedes!!!




E aquí tedes uns cantos videos da banda en acción:
De primeiro a banda en directo nunha aparición estelar no filme de Antonioni "Blow Up" (1966), facendo "Train keep a rollin", co grandísimo Jeff Beck destrozando a súa guitarra por causa do acople co monitor que tan famoso o fixo a base de feedback:


"For Your Love" (na TV en 1965)


"Heart Full of Soul" (TV, 1965)


"Shapes of Things" (Live France 1966)

martes, 30 de diciembre de 2008

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre en Concerto!!!

ESTE VENRES 2 DE XANEIRO
CONCERTO DE
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

PRESENTANDO O SEU NOVO DISCO
NA CAFETERÍA MEIGAS DE SANXENXO
AS 23:00H.



O Sábado 3 MIA WALLAS Vs. JOMITALLAS EN "Motorpsycho"

Este Sábado 3 de Xaneiro,
comezaremos o 2009 cunha sesión tremenda!!!

MOTORPSYCHO!!!
a cargo de
MIA WALLAS
e o debut mundial de
JOMITALLAS
para comezar ben o ano...
non vo-la perdades.



Nova curta de CHOURIZO FILMS "Flores, amores e Cementerios"



Para os demáis traballos de CHOURIZO FILMS:
http://es.youtube.com/Chourizofilms

RUBEN ARENAZ na Voz de Galicia

Entrevista en La Voz de Galicia con
Ruben Arenaz



Ver o artigo completo:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/12/30/0003_7431508.htm

A súa exposición de fotogramas Paisaxes está no TETUÁN.



viernes, 26 de diciembre de 2008

O Domingo 28 nova entrega das MUNSTAPHA MONKEY SESSIONS "Special Gremlins Vol.1"

DOMINGO 28:
Nova entrega das
MUNSTAPHA
MONKEY SESSIONS

Special Gremlins Vol.1
si estades de vacacións non vo-la perdades!!!


E O SEGUINTE DOMINGO (4 de Xaneiro, xa do 2009) a segunda entrega do "Special Gremlins"
Human Monkey... You... Ugly Monkey... I Hate You!!!

Rubén Arenaz inaugura "Paisaxes" no Tetuán.

Pero antes tedes outra cita, unha estrea mundial...
a inauguración da exposición de fotogramas
PAISAXES
de RUBÉN ARENAZ
que xa está colgada nas paredes do TETUÁN, e alí botará unha tempada para que a desfrutedes, pero mañan é a inauguración oficial, ás 21:30h.

Venres 26 - 21:30h. TETUÁN

Estrea de Chourizo Films.


Hoxe ás 23:00h. na LERIA a estrea da nova curta de
CHOURIZO FILMS:
Flores, Amores e Cementerios.
ademáis de outras moitas pezas


miércoles, 24 de diciembre de 2008

Fuck Comics Nº4



Xa está dispoñible o nº4 de

FUCK COMICS
por só 2€
co comic e a bd máis underground, dende Vigo.
62 páxinas cheas de humor, bizarrismo e grandes historias,
e ademáis no seu suplemento Fucking Noise atoparedes entrevistas con Ectoplasma, Thee Tumbitas e Fon Román...

+info:

http://fuckcomics.blogspot.com/

En Cambados no RIF-ROCK e no Tetuán.

Hoxe un experimento no Ventrilocuos Impostores, participa!!!

Hoxe en "De Ventrilocuos Impostores"
de
Libro de Notas

un experimento cos lectores, participade!!!

De los mejores álbumes del 2008. Tu eliges...

Cuando escribí la presentación de esta columna mensual, había dos elementos importantes que quizás pasaron desapercibidos para los que solamente leéis el contenido cada día 24. Uno de ellos se refería a la banda sonora de vuestras vidas, el otro hasta dónde queréis saber…

Ahora soy yo el que quiere saber sobre la banda sonora más reciente de vuestras vidas. Estamos hablando de las malditas listas con lo mejor del año (o lo peor) que tanto dan de sí en las tertulias nocturnas de cada mes de enero. He superado la tentación de filosofar sobre cómo se hace una de estas listas tan subjetivas, si en esto hay cabida para el criterio, la objetividad o los fundamentos, sobre como se argumenta cada selección… en fin que os evito una tortura. Sin embargo a cambio esta vez necesito algo de todos vosotros.

El experimento es el siguiente. Debeis indicar cual es para vosotros el mejor disco del año, con uno basta, pero si os atrevéis, podeis remitir una lista de hasta cinco, sin distinción entre nacionales o internacionales, y para los más osados, a ver cuántos se atreven a fundamentar cómo, porqué y demás… y luego ya filosofaremos sobre los resultados.

¿Quién se atreve?

Nestas semanas.. tamén os domingos!!!



así que botade contas, por que esta semana nos toca traballar de mércores a domingo!!! e a próxima semana enganchamo-la dende o mércores de fin de ano ata a noite de reis...
Igual este ano rompemos a tradición e pasamos de abrir o día de anonovo para os incombustibles...
xa vos avisaremos, pero sobre todo
PASÁDEO BEN!!!

lunes, 22 de diciembre de 2008

O album da semana: "Communion" dos SOUNDTRACK OF OUR LIVES

Xa temos novo disco dos
THE SOUNDTRACK OF OUR LIVES
Communion

e como podedes observar, leva unha das portadas máis espantosas de tódo-los tempos... o album non está nada mal, segue a liña dos anteriores, co cal xa sabedes, unha de cal e outra de area, moito medio tempo, entre temas bastante bos de psicodelia ben mesturado con rock, pop e folk espacial.
A pena é que é un album dobre, moitos temas, co cal xa intuiredes que hai uns cantos que sobran, e que se o deixaran nun so volume sería un discazo... así que vos veredes. A outra gran nova é que comezan xira, así que os teremos de novo por aquí...

Descargádeo no blog
STRATOSFERIA:
http://www.zshare.net/download/5074565244c4808e/

viernes, 19 de diciembre de 2008

AIRAS "Heartbreaker"



Aquí tedes o video que nos faltaba do concerto de AIRAS do sábado pasado, Heartbreaker de Led Zeppelin, así xa tedes todo o concerto completo subido (para quen lle interese, este foi o penúltimo tema, a primeira das dúas versións que fixeron no bises). Pois iso, ahí vos queda...

miércoles, 17 de diciembre de 2008

O Venres 26, estrea da nova curta de CHOURIZO FILMS.


E dende esta semana xa sabemos como se chama e cando poderemos ver a nova curta de CHOURIZO FILMS:
Flores, Amores e Cementerios.

Que se estreará o próximo venres 26 de Decembro, na Leria, ademáis de repasar coma sempre moito do seu anterior material.

Este fin de semana Antonio Vega da man de NOVA Produccións



Este Fin de Semana estrea por todo o alto de
NOVA Producións
con dous concertos acusticos de
Antonio Vega
Venres 19 e Sábado 20

no Auditorio de A Xuventude - Cambados
+info en:
www.novaproducions.com

lunes, 15 de diciembre de 2008

AIRAS (concerto - fotos)

De aquí para abaixo tedes o concerto completo que nos ofreceron Airas o pasado sábado 13, un directo tremendo do que desfrutou toda a xente que collía no local, e incluso algunha máis...
Gracias AIRAS!!!

Aquí vos deixo cun slideshow con algunhas fotos
(se algún ten máis, por favor, enviádemas)

E tamén vos deixo co tema final, unha das dúas versións que fixeron para terminar: Fisherman's Blues dos Waterboys (a outra, que foi Heartbreaker de Led Zeppelin, a ver se a subo a próxima semana que tiven un problemiña con ese video...)

AIRAS: Fisherman's Blues.

AIRAS (concerto - parte # 1)

A Torre da Canción:


Urullo:


Pésame a Testa:

AIRAS (concerto - parte # 2)

Fascinación:


Cemento:


O Muro:

AIRAS (concerto - parte # 3)

A Chave da Lus:


Agora es ti (rock):


Agora es ti (#2):

AIRAS (concerto - parte # 4)

Despois do Ceo:


Cheira a Podre + Evidentemente:


Roma:

viernes, 12 de diciembre de 2008

Hoxe e mañan AIRAS en concerto!!!

ULTIMO AVISO!!!
Esta fin de semana tedes a oportunidade de ver en directo
AIRAS



HOXE NO TETUÁN E MAÑAN SÁBADO NO RIF-ROCK
Os dous días comenzarán ás 23:30 h.
Non vo-los deberiades perder!!!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

O album da semana: PERSIAN RUGS!!!

Esta semana, imos sacar unha desas rarezas, raras, raras, raras da colección, para o Sr. dos Calambres e de tódo-los amantes do rock australiano:
PERSIAN RUGS
Cando en 1998 se separan o HOODOO GURUS por estar ata os collóns uns de outros, e por imposibilidade de atender a tanto proxecto paralelo, como The Monarchs, Antenna, os irrepetibles
The Screaming Tribesmes, Ghostwriters, The Kelly Gang e outras moitas... no 2001 os catro membros da banda deciden reunirse para facer algo distinto, máis suxo, e crú que a banda nai (unha institución no rock acido, garage beat e powerpop-pop-pop...). Nun primeiro momento chamáronse THE MOOPS, denominación coa que só hai algunha maqueta polo mundo adiante, pero ó pouco tempo mudaron de nome, nacían os PERSIAN RUGS, e unha das aventuras máis divertidas do que vai de século...
Adicados a facer un rhythm'n'blues enérxico e primitivo, con moita dose de garaxe sen pulir como só as bandas australianas saben facer, e aínda un pouco máis acelerado do habitual, nun xeito moi particular de reinventar o son sixtie. Ese mesmo ano publican un EP "Mister Tripper" con cinco temas que pouco teñen de diferencia co que habitualmente nos tiñan acostumados coa súa banda habitual... pero comezaron a xirar polo mundo adiante, e por suposto tiñan moitos maís temas que amosar ó mundo... no 2003 chegou o seu único álbum "Turkish Delight" unha desas xoias case descoñecidas da historia do rock.

Eran uns Hoodoo Gurus moito máis potentes, máis ritmicos, con certa melodía, pero donde todo sucumbia á potencia de baixo-guitarra-bateria perfectamente ensamblados... Chegado o momento, volveron reunirse como HOODOO GURUS, levaban xa anos tocando xuntos de novo e tiñan moitos temas que amosar ó mundo. Volveron co seu nome de sempre (e a influencia dos anos de Persian Rugs nótase moito, pero moito, no seu album de retrono "Mach Schau" do 2004) e por suposto foron requeridos para moitos festivais por todo o mundo... o cal fixo que tanto Hoodoo Gurus coma Persian Rugs participasen do mesmos eventos case sempre, os membros eran os mesmos, así que lles facían un 2x1.5 (ou algo así). O simpático da historia foi cando chegou o momento do segundo single do álbum dos Persián Rugs, o tema era "Be a Woman", e o video clip, como se Russ Meyer fixese unha revisión de como os homes das cavernas comezaron a facer rock'n'roll e cómo seguían o ritmo... xa vos imaxinades non? Tetas e tetas saltando sen pausa, e tamén algun cú bailando... Por suposto foron vetados pola MTV (quen hostias quere saír ahí???) e tamén en outros moitos festivais por todo USA, dándose a paradoxa de que os catro integrantes ían tocar como Hoodoo Gurus pero non lle-lo permitían como Persian Rugs, así que no mesmo bolo incluían temas das dúas banda, e por suposto remataban tódo-los seus concertos con "Be a Woman"...

E o video clip por suposto non o podedes atopar en youtube pq o cancelan cada vez que alguén o sube, PERO... aquí vos deixo un rar con todo o paquete dos
PERSIAN RUGS
(Mr.Tripper EP + Turkish Delight + Video 'Be a Woman' sen censura):
http://www.megaupload.com/es/?d=RU2YPK5W

que o desfrutedes!!!

O que si vos deixo é o video dunha desas veces que os Hoodoo Gurus fixeron en directo o 'Be a Woman':

O SHERIFF LORRE regálanos o Volume 3 das "Trasno Rock'n'Soul Series"

E AQUÍ TEDES UNHA TREMENDA SESIÓN DO
SHERIFF LORRE
O VOLUME 3 DAS
TRASNO ROCK'N'SOUL SERIES

TODO UN TRALLAZO DE RHYTHM'N'BLUES...
DESCÁRGAO AQUÍ:

http://www.megaupload.com/es/?d=XPKLCZMM





PARA OS VOLUMES 1 E 2, E TÓDO-LOS DEMÁIS, VISITADE
http://otrasnorocknsoul.blogspot.com/

AIRAS en concerto!!!

RIF-ROCK & TETUÁN
teñen o pracer de presentar o retorno de

AIRAS
EN CONCERTO!!!

ESTA SEMANA PODEDES DESFRUTAR DOUS DÍAS DO SEU DIRECTO:

VENRES 12 no TETUÁN
SÁBADO 13 no RIF-ROCK

OS 2 CONCERTOS SERÁN ÁS 23:30H. E CON ENTRADA GRATUÍTA.

jueves, 4 de diciembre de 2008

E o domingo máis!!!

E o domingo, como estamos de ponte i o lunes é festivo, aproveitamos para retomar unha das rarezas dos primeiros anos do RIF-ROCK, as MONKEY SESSIONS...
ESTE DOMINGO 7 de Dec:
MONKEY SESSION
CON
MUNSTAPHA


HUMAN MONKEY!!! YOU!!!...
I HATE YOU!!!

PREPARÁDEVOS PARA UN DOMINGO DE SESIÓN MOI TOLA!!!

Este Sábado 6 unha nova aventura burlesque do SHERIFF LORRE!!!

Este sábado 6 de Dec.,
teredes a oportunidade de desfrutar dunha nova sesión do
SHERIFF LORRE
NUDE A GO-GÓ!!!

UNHA NOVA SESIÓN DE BURLESQUE, FUNK,
RHYTHM'N'BLUES, GARAGE, PROTOPUNK...
E TÓDA-LAS XOIAS DOS SEUS BAULES...


miércoles, 3 de diciembre de 2008

O album da semana: "Kitty, Daisy & Lewis"

Aquí o tedes, por requerimento do Sr Michi Calambres, o album da semana é para os irmáns Dorham, ou o que e o mesmo, o seu álbum homonimo:
KITTY, DAISY & LEWIS
KITTY, DAISY & LEWIS
(Sunday Best, 2008)



descargádeo aquí, de conta de crisis1956:
http://www.megaupload.com/es/?d=ZRGPG94U


Pois estes tres son os fillos da que fora baterista dos Raincoats, de 14, 15 e 17 anos (creo), e logo de grabar un recopilatorio chamado "The Roots of Rock'n'Roll" en doble cd, máis que recomendable, agora chegan co seu primeiro lp oficial, no que tamén incluen versións, pero no que podedes ver como convirten en música fifties todo o que tocan, como por exemplo o tema que abre o disco 'Going up the country' que é de Canned Heat, i eles converten nunha xoia do rockabilly, ademáis de convetir clásicos do swing en pezas hawaiianas, ou a Muddy Watters nunha especie de Wanda Jackson... Todo sona a hai 50 anos, ou máis, e ata fixeron unha edición de vinilo a 78 rpm, coma os de antes... Unha xoia neste 2008!!!

Kitty, Daisy & Lewis - Going Up the Contry:


Kitty, Daisy & Lewis Documentary: