miércoles, 10 de diciembre de 2008

O album da semana: PERSIAN RUGS!!!

Esta semana, imos sacar unha desas rarezas, raras, raras, raras da colección, para o Sr. dos Calambres e de tódo-los amantes do rock australiano:
PERSIAN RUGS
Cando en 1998 se separan o HOODOO GURUS por estar ata os collóns uns de outros, e por imposibilidade de atender a tanto proxecto paralelo, como The Monarchs, Antenna, os irrepetibles
The Screaming Tribesmes, Ghostwriters, The Kelly Gang e outras moitas... no 2001 os catro membros da banda deciden reunirse para facer algo distinto, máis suxo, e crú que a banda nai (unha institución no rock acido, garage beat e powerpop-pop-pop...). Nun primeiro momento chamáronse THE MOOPS, denominación coa que só hai algunha maqueta polo mundo adiante, pero ó pouco tempo mudaron de nome, nacían os PERSIAN RUGS, e unha das aventuras máis divertidas do que vai de século...
Adicados a facer un rhythm'n'blues enérxico e primitivo, con moita dose de garaxe sen pulir como só as bandas australianas saben facer, e aínda un pouco máis acelerado do habitual, nun xeito moi particular de reinventar o son sixtie. Ese mesmo ano publican un EP "Mister Tripper" con cinco temas que pouco teñen de diferencia co que habitualmente nos tiñan acostumados coa súa banda habitual... pero comezaron a xirar polo mundo adiante, e por suposto tiñan moitos maís temas que amosar ó mundo... no 2003 chegou o seu único álbum "Turkish Delight" unha desas xoias case descoñecidas da historia do rock.

Eran uns Hoodoo Gurus moito máis potentes, máis ritmicos, con certa melodía, pero donde todo sucumbia á potencia de baixo-guitarra-bateria perfectamente ensamblados... Chegado o momento, volveron reunirse como HOODOO GURUS, levaban xa anos tocando xuntos de novo e tiñan moitos temas que amosar ó mundo. Volveron co seu nome de sempre (e a influencia dos anos de Persian Rugs nótase moito, pero moito, no seu album de retrono "Mach Schau" do 2004) e por suposto foron requeridos para moitos festivais por todo o mundo... o cal fixo que tanto Hoodoo Gurus coma Persian Rugs participasen do mesmos eventos case sempre, os membros eran os mesmos, así que lles facían un 2x1.5 (ou algo así). O simpático da historia foi cando chegou o momento do segundo single do álbum dos Persián Rugs, o tema era "Be a Woman", e o video clip, como se Russ Meyer fixese unha revisión de como os homes das cavernas comezaron a facer rock'n'roll e cómo seguían o ritmo... xa vos imaxinades non? Tetas e tetas saltando sen pausa, e tamén algun cú bailando... Por suposto foron vetados pola MTV (quen hostias quere saír ahí???) e tamén en outros moitos festivais por todo USA, dándose a paradoxa de que os catro integrantes ían tocar como Hoodoo Gurus pero non lle-lo permitían como Persian Rugs, así que no mesmo bolo incluían temas das dúas banda, e por suposto remataban tódo-los seus concertos con "Be a Woman"...

E o video clip por suposto non o podedes atopar en youtube pq o cancelan cada vez que alguén o sube, PERO... aquí vos deixo un rar con todo o paquete dos
PERSIAN RUGS
(Mr.Tripper EP + Turkish Delight + Video 'Be a Woman' sen censura):
http://www.megaupload.com/es/?d=RU2YPK5W

que o desfrutedes!!!

O que si vos deixo é o video dunha desas veces que os Hoodoo Gurus fixeron en directo o 'Be a Woman':

No hay comentarios: