Onte ás 500 da mañán, ou da noite, como se vexa, facendo zapping atopeime con isto no Canal 24h de TVE, o Metrópolis nº963, co reportaxe "Galicia Canibal", aquí o tedes: http://www.rtve.es/alacarta/player/391549.html
tomando como protagonistas ós Schizophrenic Housewives e os Telephones Rouges (as dúas bandas doGrobe), o colectivo Alg-a, Telémaco, os goticos Dark Embrace, e os rapeiros Juanito Brothers... e sobre todo o tremendo Rafa Anido (Iribarnes, Jimenez del Oso, Sr. Anido, etc...)... e que gracia con Zé Pequeno falando castelán, impagable!!! son 26 minutos, así que facedevos un oco para velo...
Esta semana seguimos facendo repaso ós mellores álbumes do pasado ano 2008. Se falamos de garage, esté é sen dúbida do mellor do ano, e do mellor de hai moito tempo. Son alemáns e os seus cañonazos de garage psych, con esas melodías pop sen complexos, e algunha que outra referencia ó mellor folk alucinado, que aínda me teñen tolo dende que me fixen con el:
Novo álbum de PACO CHARLÍN Jazz Frequency Group Vol. IV
unha nova entrega de standards en formato trio na que Paco (contrabaixo) está acompañado por Walter Smith III ó saxo, e Jonathan Blake á batería.
á venta nos lugares de costume, e por suposto tamén no RIF-ROCK, así como as demáis referencias de Paco Charlin e de FreeCode Jazz Records. Toda a info na súa web: FreeCode Jazz Records *(aínda que a páxina da discográfica está sen actualizar dende marzo)
Hoxe día 24, como tódo-los meses, unha nova entrega da columna "De Ventrílocuos Impostores" en LIBRO DE NOTAS. Desta ves trátase de: "De Led Zeppelin, y del Apropiacionismo" unha breve entrega sobre os asuntos dos plaxios que perseguiron a Led Zeppelin durante toda a súa carreira, e no que vemos como remontándonos hacia atrás, chega á propia xénese do seu nome... para ler o artigo completo: http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/15329/de-led-zeppelin-y-del-apropiacionismo
"...Desde sus inicios, Led Zeppelin fue un monstruo tan grande que nada ni nadie pudo con su reputación, ni sus escándalos festivos, ni los artísticos. En algunas ocasiones, las acusaciones venían de bandas menores, con lo cual todo se solucionaba a golpe de talonario. Pocas veces los créditos fueron modificados en posteriores ediciones de sus discos. El elenco de los más famosos los podéis consultar en cientos de páginas web, aquí van los más descarados..."
Your Time is Gona Come, de Dear Mr. Fantasy de Traffic
_ Black Mountain Side_, de Black Waterside de Bert Jansch.
Dazed and Confused, de Dazed and Confused de Jake Holmes (evidentemente, pero sin ningún complejo), un tema que Page ya había interpretado con The Yardbirds:
Bring it on Home, del tema Bring it on Back de Willie Dixon, via Sonny Boy Williamson.
Whole Lotta Love, de You Need Love/Woman you Need Love nuevamente de Willie Dixon.
El audio en versión de los Small Faces de la misma canción en 1966:
The Lemon Song, del Killing Floor de Howlin’ Wolf.
Stairway to Heaven toma por comienzo el Taurus de Spirit:
Nobody’s Fault but Mine, de la original de Blind Willie Jonhson.
Ahí están xulgade vós... aínda tampouco estamos descubrindo nada, posto que isto xa é moi coñecido dende sempre, aínda que moi pouco difundido...
Aquí tedes sen dúbida un dos mellores álbumes do pasado 2008 GIANT SAND proVISIONS (Yep Roc, 2008)
Un novo traballo do amigo Howe Gelb e unha nova xoia, na que desta vez colaborou o xenial M.Ward (aínda que a algún lle interesará máis que o teña feito Isobell Campbell). Moi atentos ós temas Muck Machie e Belly Full of Fire... descargádeo no blog Los Mundos de Fede: http://losmundosdefede.blogspot.com/2009/01/giant-sand-provisions.html (o enlace de descarga picando na portada)
Todos estamos de noraboa!!! dende o próximo mes ponse en marcha a Sala Boogaloo que con formato de clube, ocupará a discoteca Canelas unha vez ó mes para deleitarnos do mellor revival sixtie, da man de Juan 'Drogas' dono e señor de El Agente Naranja (Portonovo), para inaugurar o Venres 27 de Febreiro: Los Hijos Bastardos de Peter Lorre Fumestones Wau y los Arrrghs.
i a seguinte entrega será o 7 de Marzo: The Phantom Keys THE FUZZTONES
ide reservando os días e facédevos coas entradas canto antes... e próximamente na súa web.
Esta é a nova web de KARALLADA SOUNDFACTORY o estudo de gravación de Victor Karallada, donde podedes atopa-los traballos de tódo-los seus proxectos (Undertown Project, Neuroband, The Even Flow Experience...), ademáis dos de toda a xente que vaia pasando por alí a requerir dos seus servizos... http://www.karalladasoundfactory.com/ Como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. *as fotos son da grabación da súa maqueta o 17 de maio do 2008
HENRY WARNIMONT tamén en NSAIO: http://www.nsaio.org/thehenrywarnimont ahí tedes info, galerías de fotos, temas para descargar... e anuncian que antes de verán terán lista a súa maqueta.
Xa era hora de darlle un pouco de caña a unha das miñas bandas favoritas, si hai meses comentábamos o 'Revenge' de TSOL coma o disco que máis veces escoitei na miña vida, este debe andar cerca, entre os cinco primeiros polo menos, e por suposto un deses vinilos que cambiaron a miña vida: THE TRILOBITES American TV.
Volve Mondo RifPOP na súa serie de malvados máis malvados de tódo-los tempos... ou alomenos dos máis entretidos das nosas vidas, seguindo con Fantômas, Diabolik ou Modesty Blaise, nesta ocasión volvemos con outro xenio francés do crime
ARSENE LUPIN
O prototipo de ladrón de guante branco. Lupin é o protagonista das novelas de MAURICE LEBLANC, que publicou entre 1907 e 1935 (coa súa morte en 1941 publicouse a modo pósuma a novela na que estaba traballando, que por suposto estaba sen terminar), e que coincideu no tempo coa publicación das novelas de Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle... de xeito que temos ós dous lados do Canal da Mancha como protagonistas ó mellor detective do mundo nas illas, e ó mellor ladrón do mundo en Francia... sempre ó revés... de feito o noso heroe enfrontase en varias ocasións ó inspector Herlock Sholmes (posto que Doyle non lle permitía usar o nome do seu persoaxe). Segundo o autro o persoaxe de Lupin está inspirado no anarquista francés Marius Jacob, axusticiado pouco antes do comezo das novelas, sen embargo, na serie, Leblanc fai un exhaustivo traballo do personaxe, traballando por completo a súa biografía coma se dunha persoa real se tratase, ou dun superhome, posto que o convirte en experto en dereito e mediciña, en linguas clásicas e artes marciais... e ademáis un seductor coas mulleres. Imparable!!!
Todo iso o aprendeu do seu pai, Théophraste Lupin, quen sempre se esforzou por dar ó mellor ó seu fillo, i ensinarlle o camiño recto da vida, agás no de transmitirlle o oficio de ladrón coma o mellor xeito de vida, e sobre todo a súa frase máxica "Desvia a atención e ninguén poderá deterte xamáis", outra das súas máximas era "Roubar non é un xogo, é unha paixón que hai que controlar"
Na serie de novelas se trata toda a súa xuventude e madurez, cando coñece a Condesa Caliosotro e comeza unha busca interminable do Tesouro dos Reis de Francia, que o enfronta á Policia, á Irmandade Monárquica e a media Francia... pero todo iso debedes de lee-lo vós... Por suposto como todos estes heroes de comezos de século, tiveron moitas secuelas e continuacións, ademáis de relatos breves e obras de teatro, as máis destacables se sitúan por suposto no mundo do comic, a cargo de French Cool... Pero sen esquecer a fantástica pelicula 'Arsène Lupin', de 1932, dos irmáns Barrymore. Pero houbo moitas secuelas...
- Entre os 60 e 70 foi moi famosa a serie de TV francesa Arsene Lupin, que estableceu a imaxe máis característica do persoaxe, e contaba con Jacques Dutronc como intérprete da bansa sonora.
- Cecais o máis coñecido aquí sexa LUPIN III, unha serie de Manga publicada entre 1967 e 1971 que narraba as aventuras do neto de Arsene Lupin, o vivo retrato do noso heroe, que logo convertiron en serie de anime en tres épocas distintas: entre o 71 e 72, logo entre o 77 e o 80 e a última parte nos anos 84 e 85... que tantas veces puxeron e repuxeron nas nosas canles de tv.
- Pero o mellor de todos é unha desas frikalladas: LES HOMMES MYSTERIEUX. Unha banda de franceses ilustres da primeira década do seculo XX, que reunía a Jean Robur, Nyctalope, Arsene Lupin, Zenith el Albino e Fantômas... tremenda tolemia de cinco xenios do crime limpando os baixos fondos parisinos, por suposto é unha nota máis do chauvinismo francés, que non podía soportar como os británicos tiñan a súa Liga dos Homes Extraordinarios... pero destas ligas xa falaremos noutra entrega, pero xa vos adianto que a versión francesa e insuperable!!!
Ah! e por si queredes algo máis actual tedes o filme 'Arsene Lupin', do 2005, dirixida por Jean-Paul Salomé que non está nada mal (que é unha co-producción Fra-Esp-UK-Ita) con Romain Duris, Matthieu Carrière, Kristin Scott-Thomas, Eva Green e Robin Renucci... é bastante fiel á historia orixinal, pero sabe a pouco, aínda así entretida...
Nova entrega dos Afterhours de Kurco... que este co mobil ten máis perigo... sobre todo cando lle interrompen o chollo de última hora da noite... ahí vai "Dislexias de madrugada" (guest star: BITO)
O outro día falando de discos, dos mellores e dos peores, de concertos, de todo iso... propuxéronme facer unha lista cos eventos do ano no Rif... Vou a deixalo en menos de 10, e moi xerais, pq se non vai a ser demasiado para un día coma hoxe, PERO A VER SI ME COMENTADES CALES FORON PARA VOS OS MELLORES "MOMENTOS RIF" DO 2008... ahí van os meus:
Los HIJOS BASTARDOS de PETER LORRE con PACO CHARLÍN en "La Hija de Drácula" (8 de Setembro):
A RIFROCKERZ BLUESBAND de Paco Charlín facendo "Woo Hoo" o 21 de marzo:
CASIOPEO (15 de Marzo) con "Blue Monday" no espectáculo 'Odio o Auténtico', con DjChoeu:
INCOMODO facendo "Gloria" de Patti Smith, (20-Set) un tema acústico en medio da tolemia electrónica:
DjCHOEU e NEWRA (9 de Abril) e aquela fantástica sesión en vinilo, cos dous djs man a man, e coa mostra de rarezas que trouxeron en plan museo:
AIRAS, o 13 de Dec, concerto especial de retorno, moito volume e tódo-los seus novos temas, pero aquí imos destacar o último tema, "Fisherman's Blues" dos Waterboys:
Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (8 de Abril) con KURCO, destrozando "Demolición" de Los Saicos: