martes, 13 de enero de 2009

MOndo RIFPOP: Arsene Lupin.


Volve Mondo RifPOP na súa serie de malvados máis malvados de tódo-los tempos... ou alomenos dos máis entretidos das nosas vidas, seguindo con Fantômas, Diabolik ou Modesty Blaise, nesta ocasión volvemos con outro xenio francés do crime
ARSENE LUPIN
O prototipo de ladrón de guante branco. Lupin é o protagonista das novelas de MAURICE LEBLANC, que publicou entre 1907 e 1935 (coa súa morte en 1941 publicouse a modo pósuma a novela na que estaba traballando, que por suposto estaba sen terminar), e que coincideu no tempo coa publicación das novelas de Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle...
de xeito que temos ós dous lados do Canal da Mancha como protagonistas ó mellor detective do mundo nas illas, e ó mellor ladrón do mundo en Francia... sempre ó revés... de feito o noso heroe enfrontase en varias ocasións ó inspector Herlock Sholmes (posto que Doyle non lle permitía usar o nome do seu persoaxe).
Segundo o autro o persoaxe de Lupin está inspirado no anarquista francés Marius Jacob, axusticiado pouco antes do comezo das novelas, sen embargo, na serie, Leblanc fai un exhaustivo traballo do personaxe, traballando por completo a súa biografía coma se dunha persoa real se tratase, ou dun superhome, posto que o convirte en experto en dereito e mediciña, en linguas clásicas e artes marciais... e ademáis un seductor coas mulleres. Imparable!!!

Todo iso o aprendeu do seu pai, Théophraste Lupin, quen sempre se esforzou por dar ó mellor ó seu fillo, i ensinarlle o camiño recto da vida, agás no de transmitirlle o oficio de ladrón coma o mellor xeito de vida, e sobre todo a súa frase máxica "Desvia a atención e ninguén poderá deterte xamáis", outra das súas máximas era "Roubar non é un xogo, é unha paixón que hai que controlar"

Na serie de novelas se trata toda a súa xuventude e madurez, cando coñece a Condesa Caliosotro e comeza unha busca interminable do Tesouro dos Reis de Francia, que o enfronta á Policia, á Irmandade Monárquica e a media Francia... pero todo iso debedes de lee-lo vós...
Por suposto como todos estes heroes de comezos de século, tiveron moitas secuelas e continuacións, ademáis de relatos breves e obras de teatro, as máis destacables se sitúan por suposto no mundo do comic, a cargo de French Cool... Pero sen esquecer a fantástica pelicula 'Arsène Lupin', de 1932, dos irmáns Barrymore.
Pero houbo moitas secuelas...


- Entre os 60 e 70 foi moi famosa a serie de TV francesa Arsene Lupin, que estableceu a imaxe máis característica do persoaxe, e contaba con Jacques Dutronc como intérprete da bansa sonora.

- Cecais o máis coñecido aquí sexa LUPIN III, unha serie de Manga publicada entre 1967 e 1971 que narraba as aventuras do neto de Arsene Lupin, o vivo retrato do noso heroe, que logo convertiron en serie de anime en tres épocas distintas: entre o 71 e 72, logo entre o 77 e o 80 e a última parte nos anos 84 e 85... que tantas veces puxeron e repuxeron nas nosas canles de tv.

- Pero o mellor de todos é unha desas frikalladas: LES HOMMES MYSTERIEUX. Unha banda de franceses ilustres da primeira década do seculo XX, que reunía a Jean Robur, Nyctalope, Arsene Lupin, Zenith el Albino e Fantômas... tremenda tolemia de cinco xenios do crime limpando os baixos fondos parisinos, por suposto é unha nota máis do chauvinismo francés, que non podía soportar como os británicos tiñan a súa Liga dos Homes Extraordinarios... pero destas ligas xa falaremos noutra entrega, pero xa vos adianto que a versión francesa e insuperable!!!

Ah! e por si queredes algo máis actual tedes o filme 'Arsene Lupin', do 2005, dirixida por Jean-Paul Salomé que non está nada mal (que é unha co-producción Fra-Esp-UK-Ita) con Romain Duris, Matthieu Carrière, Kristin Scott-Thomas, Eva Green e Robin Renucci... é bastante fiel á historia orixinal, pero sabe a pouco, aínda así entretida...

O Filme de 1932:


Arsene Lupin 2005, trailer y escena



O encabezado da serie de TVF en 1971:


e como non Lupin III:



xRifPOPerZ

No hay comentarios: