lunes, 30 de marzo de 2009

O álbum da semana, a segunda entrega de VERACRUZ.

O álbum da semana adicado esta vez ós grandísimos
VERACRUZ
unha banda de Barcelona que practican unha das fórmulas máis atractivas de todo o panorama estatal, se o seu primeiro álbums xa foi do mellor e máis sorprendente do 2005, este novo álbum, tamén homónimo, ou sen título, como queirades, vai un paso máis alá, para confirmarse coma unha das mellores bandas de todo o estado, e máis alá... e ademáis ofrecen o álbum nos seu blog de xeito gratuíto i en varios formatos, ahí o tedes:
Veracruz
(Yo-Yó Industrias, 2009)




toda a info no seu myspace:
http://www.myspace.com/losveracruz

e para descarga-lo novo álbum visitade o seu blog:
http://veracruznuevodisco.blogspot.com/


e aquí vos deixo un video-clip, que é do álbum anterior, pero de seguro que moi pronto lanzarán material audiovisual deste traballo:
Veracruz

Paco Charlín no Ultramarinos.

Mañán Martes 31 Marzo:
en concerto dende as 22:00h.
PACO CHARLÍN
Jazz Frequency Group
Ultramarinos (Casas Reais, 34)
Santiago



Tódalas datas desta xira nesta outra entrada:
http://rifrockerz.blogspot.com/2009/03/datas-da-nova-xira-de-paco-charlin.html

viernes, 27 de marzo de 2009

jueves, 26 de marzo de 2009

O Álbum da semana: OS HAXIXINS.

Esta semana, no Álbum da Semana, unha xoia adicada ó sr. Michi Cacatone (anteriormente coñecino como Marqués de Los Calambres) que é un dos privilexiados que ten unha das 500 copias deste álbum.
Esta semana:
OS HAXIXINS!!!

Os Haxixins son unha banda de Sao Paulo, afincada en Portugal, que fan un garage psych, repleto de organo e fuzz que non te poderás creer que é unha banda actual.
O nome o toman dun arigo de finais do sec. XIX de Theophile Gautier, titulado "Le Club des Hachichin" que nunha obra colectiva reflexionaba sobre os efectos do hashish, e que en portugal foi traducido como "Clube dos Haxixins". Por su posto a súa música lembra ás bandas máis ácidas dos 60 coma os 13 Floor Elevators, The Seeds, ou os Music Machine, e as letras falan exclusivamente de experiencias lisérxicas...



Aquí vos deixo o seu LP de debut
"Os Haxixins"
(Groovie Recs, 2007, LP)



E ademáis un single do ano pasado:
Os Haxixins:
"Depois de um LSD / Espelho Invisibel"

(Groovie Recs, 2008, 7")



Descargádeo todo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=IB7RA03L


e Por suposto aquí vos deixo un par de temas, un en directo, outro de estudio, e unha entrevista nunha canle de tv paulista:



miércoles, 25 de marzo de 2009

Datas da nova xira de Paco Charlín.

Oito datas na nova xira de
PACO CHARLÍN:
con varias formacións na que o acompañarán
Juanma Barroso - batería
Román Filiú - saxo alto
Virxilio da Silva - guitarra
e por suposto Paco Charlín - contrabaixo

Venres 27 Marzo:
BOIRO - A Pousada das Ánimas
Jazz Frequency Group

Domingo 29 Marzo:
OGROBE - Vinilo
Paco Charlín "Visions"

Martes 31 Marzo:
SANTIAGO - Ultramarinos
Jazz Frequency Group


Sábado 4 Abril:
VIGO - Xancarajazz
Paco Charlín "The Game"

Domingo 5 Abril:
CAMBADOS - Café Continental

Paco Charlín "The Game"


e ademáis 3 concertos máis incluídos no
II Ciclo 1906 Jazz:
toda a info do ciclo aquí.



Mércores 1 Abril:
OURENSE - Café Latino

Xoves 2 Abril:
SANTIAGO - Dado Dadá

Venres 3 Abril:
FERROL - Café Bla Bla

martes, 24 de marzo de 2009

Un pouco máis de BORIS VIAN...

E por suposto aquí vos deixo un disco made in Rif-Rock,
cunha selección de temas do mestre
BORIS VIAN:



descargádeo aquí:

http://www.megaupload.com/?d=DDK1CUQN


Hoxe en Libro de Notas: BORIS VIAN (en 'De Ventrílocuos Impostores')

Hoxe na columna "De Ventrílocuos Impostores" de Libro de Notas, achegámonos a un dos maiores xenios do século XX, o insuperable (en tóda-las súas facetas)
BORIS VIAN




O artigo, por suposto, só se centra nunha pequena parte do seu universo particular, que é certamente inabarcable, isto é por suposto a música, nun ano que se cumplirán 50 anos das súa morte. Aquí o tedes:
"Boris Vian, de lo posible y de lo imposible"
:

"Es posible que el mayor de todos fuese Boris Vian, auténtico símbolo de la ilustración europea de la posguerra e icono del bon vivant de la época (esto es el buen vivir, literalmente, pero también el divertimento y la extravagancia en estado puro); pero por encima de todo uno de los mayores genios multidisciplinares de todo el siglo. Novelista, poeta, dramaturgo, trompetista, cantante, compositor, critico de jazz, ejecutivo discográfico, físico, matemático, coleccionista e inventor de los objetos más surrealistas, actor y guionista de cine, periodista, juerguista… y además carpintero, mecánico y por encima de todo sátrapa del Colegio de Patafísica. Todo esto fue el señor Vian en sus 39 años de existencia, y mucho más que seguramente jamás ha sido documentado.

Quienes gustéis de la literatura ya conoceréis sus obras, las propias con mayúsculas, como las de su faceta de ventrílocuo-traductor-impostor del falso Vernon Sullivan, o sus absurdos inventos, o quizás habéis leido sobre alguna de sus Soluciones Imaginarias en la Subcomisión del Colegio de Patafísica, pero aquí hablaremos de música, por supuesto, o lo intentaremos…"

Leer o artigo completo:

"Boris Vian, de lo posible y de lo imposible"

E lembrade botarlle un ollo a diario a

Libro de Notas

e aquí vos deixo uns cantos temas:



lunes, 23 de marzo de 2009

O Volume 15 das Series do SHERIFF LORRE

E aquí tedes un novo volume das
SHERIFF LORRE SERIES
aquí vos deixo o VOLUME 15
con 20 temazos dos que soaron o sábado pasado na súa sesión...




descágadeo aquí:
http://www.me
gaupload.com/?d=VKJYRBZL

viernes, 20 de marzo de 2009

Mañán Sábado 21, o SHERIFF LORRE

Mañán Sábado 21, unha nova
e
ntrega das aventuras do
SHERIFF LORRE
que aínda non ocupara a cabina do Rif-Rock en todo o que vai de ano, así que este sábado teredes a oportunidade para desfrutar do rock'n'roll deste bastardo!!!

jueves, 19 de marzo de 2009

O album da semana "200 Million Thousand" de THE BLACK LIPS

Esta semana, adicamos a sección "O Álbum da Semana" a unha das bandas máis descaradas da actualidade, THE BLACK LIPS, e cunha incrible progresión tanto nos seus traballos coma no éxito que están a acadar... e sobre todo, é de agradecer que tra-lo éxito do anterior "Good Bad Not Evil" (2007) non fixesen coma normalmente ocorre, que é fichar por unha multinacional o comezar a facer porquería... este álbum é todo o contrario, o anticomercial total... pero sobre todo unha maravilla. Logo as burradas que fan no escenario xa son outra historia...
O álbum da semana:
THE BLACK LIPS
"200 Million Thousand"
(Vice Records, 2009)


descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=UI74M2IY

e aquí vos deixo un par de videos:


e o fantástico "Katrina" do seu anterior álbum:

miércoles, 18 de marzo de 2009

Nova Producions presenta o cartel do FLU POP '09

NOVA PRODUCIÓNS
presenta o cartel definitivo do

FLU POP 09

que se celebrará o 10 de Abril:


Toda a info sobre banda, prezos e demáis en:
www.novaproducions.com
e no seu myspace.

martes, 17 de marzo de 2009

Este Sábado 21, unha nova aventura sónica do SHERIFF LORRE

Este sábado 21, unha nova
e
ntrega das aventuras do
SHERIFF LORRE
que aínda non ocupara a cabina do Rif-Rock en todo o que vai de ano, así que este sábado teredes a oportunidade para desfrutar do rock'n'roll deste bastardo!!!

viernes, 13 de marzo de 2009

Outro álbum da semana: "The King of Nerd-a-Billy" de CRAZY JOE.

E para os que nos coñecedes de nada ó xenio de Joe, aquí vos deixo outro álbum da semana, o seu álbum anterior, (agora ven a presentar o último "Chopped, Slammed & Twangin", do 2008), pois este é o álbum co que álcanzou a fama como frontman:
CRAZY JOE and
HIS MAD RIVER OUTLAWS

"The King of Nerd a Billy" (2007)




Descargádeo no Blog:
Tiki Sounds from Outer Space
http://outertiki.blogspot.com/2009/02/crazy-joe-and-mad-river-outlaws-king-of.html
http://www.mediafire.com/?zhcimyjynmb

En youtube tedes moitos videos de Crazy Joe en directo, pero aquí vos deixo unha actuación tremenda de Crazy Joe cun dos maiores xenios da actualidade, Deke Dickerson, para flipar...

Mércores 18, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con CRAZY JOE na Sala Nasa de Santiago

Este mércores 18 de Marzo
(a semana que ven, vamos, e lembrade que é véspera de festivo!!!)
Da man de A REIXA, teremos a ocasión de desfrutar na SALA NASA do fantástico directo de
CRAZY JOE & His Mad River Outlaws
que chega dende Ohio a presentarnos o seu novo álbum
"Chopped, Slammed & Twangin"

e que estará acompañado polos nosos colegas
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
e LOS JUSTICIEROS (Carballo).



Non vo-lo deberiades perder:
CRAZY JOE AND HIS MAD RIVER OUTLAWS
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
LOS JUSTICIEROS

Sala NASA (C/ San Lorenzo, 51).
Apertura puertas: 21:30 Horas.
Entrada anticipada: 12 Euros. Entrada taquilla: 15 Euros.
Venta de entradas anticipadas en A Reixa Tenda y Discos Gong.


Por si andades por outros mundos, estas son as demáis datas da súa xira por España:


E para os máis interesados aquí vos deixo a nota de prensa:

Crazy Joe, o el encuentro con un virtuoso de las guitarras con sabor añejo del bueno, desde el rockabilly, country o las excelentes baladas en sus sonidos, nos crea un nuevo tipo de música como bien lo ha definido Deke Dickerson, llamado "Nerd-a-billy". Su historia arranca desde la ciudad donde nació, Ohio, donde desde pequeño, gracias a los buenos discos de sus padres, empezó a escuchar discos de los sesenta y sobre todo de buen country. Prendado por la música, su padre le regaló su primera guitarra con 12 años y desde entonces empezó su andadura por grupos de instituto.

Sus influencias por bandas como Reverend Horton Heat o la Royal Crown fueron definitivas, y ya en el 2000 funda Crazy Joe & Mad River Outland. Tuvo la suerte de conocer a Deke Dickerson, al que se puede considerar como su impulsor. Deke lo dio a conocer en diversos sitios, entre ellos España durante su última gira, en la que el nombre de Crazy Joe estuvo en boca de todos debido a sus excelentes actuaciones y su aptitud guitarrística. Ahora nos visitará de nuevo junto con su grupo para presentarnos su ultimo trabajo titulado "The king of Nerd-a-billy". Un disco de magnifica facturación a lo largo de doce temas guitarrísticos de primera clase en donde hace un recorrido con mayúsculas por temas de rockabilly como "Wise to the ways of a woman" o "Nothing can change this love ", de country como "Cryin my eyes out over you" o baladísticos del summun guitarrístico como "I knew you be the one", sin dejar atrás la instrumental "Remington rock". Un disco fundamental de este 2008 en donde Joe deja patente todo su arsenal de conjura con el rock and roll de alto voltaje. Apúntate tú también al sonido "Nerd-a-billy" con Crazy Joe y disfrutarás en todo momento de ese impacto contagiante que sufrirán tus oídos a las primeras de cambio al escuchar este "The king of Nerd-a-billy". The Profe.

SE VOS GUSTA O BÓ R'N'R,
NON VO-LO PERDADES!!!

miércoles, 11 de marzo de 2009

O album da semana "Detroit Rock City"


E hoxe, que aínda estamos a mércores, para ir quentando motores cara o fin de semana, deixovos un recopilatorio con 12 bandas da cidade do motor:
Detroit Rock City
(a devilish dozen tracks of motorcity madness)

que inclúe temas de bandas tremendas coma The Sirens, The Paybacks, os Easy Action, ou The Avatars...
Descargádeo no fantástico blog:
Sons of the Dolls
http://sonsofthedolls.blogspot.com/2009/03/va-devilish-dozen-tracks-of-motor-city.html
http://rapidshare.com/files/206904006/detroitSOTDrockcity.rar


Al Lewis (o Abó Munster) en Mondo RifPop!!!



Un dos persoaxes máis queridos de tódo-los nenos da miña xeración, que cada sábado pola mañan non nos moviamos de diante da tv coa Bola da Cristal, pero sobre todo, cando comezaba a "FAMILIA MUNSTER", e por suposto, ademáis de preciosa Marilyn, o abó era o meu preferido... con esos pelos, i esos experimentos, que sempre facían que todo estoupara!!! Estaba interpretado por AL LEWIS (1910-2006) que tra-la universidade publicou diversos libros sobre psicoloxía infantil, ata decidir que habia outros pedagoxías máis entretidas, i se enrolou no 'Actor's Workshop' de NY, xirando con bolos de teatro por tódo-los USA, tras asentarse na escena de Broadway, a finais dos 50 fai as súas primeiras aparicións en series de tv, i en 1960 debuta no cinema.


A primeira serie de éxito na que participa foi "Car 54, Where are You?" emitida entre 1961 e 1963, na que tamén participaba Fred Gwynne (Herman Munster):


*Si queredes ver tódo-los capitulos en versión orixinal están aquí:
http://es.truveo.com/Car-54-Where-are-You-Pretzel-Mary/id/3267698393

Tamén eran habituais as súas aparicións nas series 'Route 66' e nas máis frikis
'Granxeiro Último Modelo', e 'Lost In Space' (Perdidos en el Espacio) na que cada varios episodios aparecía facendo diferentes papeis, por suposto sempre de estrafalario extraterrestre.

O éxito do seu papel na Familia Munster disparou a súa popularidade, conseguindo papeis sempre moi secundarios en filmes importantes, como 'Danzad Malditos Danzad' (1969) de Syney Pollack, ou 'El Irresistible Henry Orient' 1964, con Peter Sellers como protagonista... Pero esa fama e a dos seus compañeiros de rodaxe, fixo que unha e outra vez se lles reclamase para repetir o seu persoaxe.
A serie orixinal emitiuse entre os anos 1964 e o 66, con unha secuela en forma de largometraxe, titulada "Munsters Go Home!" e o posterior telefilme (xa en 1981) "A Vinganza dos Munster" (ou da familia Munster) lamentables nos dous casos, e máis lamentable foi a continuación da serie, entre 1988 e 1991 "Os Munster Hoxe" que se trataba que toda a familia se transportaba dende os anos 60 ó 80 por culpa dun experimento do abó. Iso, unha vergonza!!! Ollo, que aquí Al Lewis interpretaba, non ó abó, senón ó tio-abó da familia... Logo seguiu estirando o seu papel, a modo de cameos como o Abó Munster noutras series, versións e demais enxendros...

Un dos seus negocios ó marxe do cine e a tv era un restaurante, que por suposto se chamaba 'Grandpa', así que non era de extrañar que aceptara toda-las propostas que lle ofrecían para continuar o show. Deixou as pantallas no 2002, pero seguía traballando na radio e como monologuista, faceta que recolle o documental "Goodbye America" de Sergio Oskman (e producido por Elías Querejeta) na que relata os principais acontecimentos de USA e NYC do século XXI através de un veterano coma Al Lewis, que non chegou a ver o estreno, posto que morreu meses antes ós 95 anos...
Apuntanto outra frikallada, en 1998 presentouse candidato a gobernador do estado de New York... Quen o vería...

E por suposto ahí vos deixo un capítulo enteiro da Familia Munster en tres partes (audio en español, pero sudamericano, perde un pouco de gracia...):



Video 'making of' do Ep "Unsportsmanlike World" de ISI VAAMONDE

Ahí o tedes, xa falta menos para ter nas nosas máns o novo ep de
ISI VAAMONDE
"Unsportsmanlike World"
e para ir abrindo boca, Isi nos ofrece no seu myspace un video co makin of do proceso de grabación:
UW Making of


Tedes toda a info na súa web:
http://www.isivaamonde.com/

e lembrade que o 18 de Abril estará no RIF-ROCK presentando en directo o seu novo traballo para tódo-los amigos de Cambados.

martes, 10 de marzo de 2009

Algunha foto de "K7"

E ahí van algunhas fotos, a ver si me van mandando máis que eu só teño estas...

1- a mesa de operacións


2 - DjChoeu ao vivo


3 - Kosala Micosa en faena

Menudo espectáculo, Gracias artistas!!!

Kosala Micosa en directo (1ªparte)



Kosala Micosa en directo (2ªparte)




Kosala Micosa en directo (3ªparte)




Kosala Micosa en directo (4ªparte)

Con DjChoeu de MC.


DjChoeu Vs Newra o sábado pasado.

Así o avanzaban na prensa...

Así nos avisaban DjChoeu e Kosala Micosa do que ía pasar, non ten desperdicio.
La Voz de Galicia Venres 6-Mar-2009 (Supl. Ocio e Cultura Arousa Fin de Semana)
(pinchade na imaxe para ampliar e ler)

viernes, 6 de marzo de 2009

Mañan Sábado "K7" con DjChoeu e Newra + Kosala Micosa en concerto.

E mñán Sábado 7 un evento espectacular no Rif-Rock,
con DjChoeu, Newra e Kosala Micosa
(ex-Casiopeo):



Que baixo o nome de K7 reúne a 3 habituais dos nosos espectáculos:
DjCHOEU VS. NEWRA
nunha sesión irrepetible, na que somentes soarán cassettes, (que moitos dos que leedes esto nin sabedes o que son...), e na que ademáis de desfrutar dos alardes da retrotecnoloxía poderedes escoitar unha sesión tremenda...

E ademáis, en directo!!!, acompaña ós djs, un dos artistas máis inclasificables que xamáis poderedes contemplar:
KOSALA MICOSA
(anteriormente coñecido como CASIOPEO)
Que alternará os seus shows electrónicos coa sesión...
un espectáculo variado e único que non vos deberiades perder!!!

O album da semana "Horn as Hell" de THE FUZZTONES

E por suposto, o álbum desta semana, é o nova entrega dunha das bandas fundamentais do revival gaxeiro dos 80:
THE FUZZTONES
Horny as Hell




Un álbum que non descubre nada ós amantes do rock'n'roll, e só se queda nunha fantástico álbum de versións, primeiro de outros, e logo revisando os seus propios temas de Lysergic Emanations... todo un intento que achegarse a un público máis xeral, a base se cambiar o fuzz por sección de vento... pero iso xulgádeo vós...
descargádeo no blog Hannercase:
http://hannercase.blogspot.com/2009/02/fuzztones-horny-as-hell-2008.html
http://rapidshare.com/files/162269640/The_Fuzztones_-_2008_Horny_As_Hell.rar


E ahí vos deixo un par de videos, unha das súas grandes pezas Ward'81 , e a tremenda She's Wicked en directo no 2008 para que vexades como están moi en forma...
Ward'81:


She's Wicked (Live 2008):

Phantom Keys + FUZZTONES na Sala Boogaloo

Este Sábado 7 de Marzo unha nova entrega da sala Boogaloo, co directo de
The Phantom Keys
THE FUZZTONES



Tedes toda a info na súa Web:
Sala Boogaloo

miércoles, 4 de marzo de 2009

Este Sábado 7 "K7" con DjChoeu, Newra e Kosala Micosa en directo!!!

Este sábado 7 un evento espectacular no Rif-Rock,
con DjChoeu, Newra e Kosala Micosa
(ex-Casiopeo):



Que baixo o nome de K7 reúne a 3 habituais dos nosos espectáculos:
DjCHOEU VS. NEWRA
nunha sesión irrepetible, na que somentes soarán cassettes, (que moitos dos que leedes esto nin sabedes o que son...), e na que ademáis de desfrutar dos alardes da retrotecnoloxía poderedes escoitar unha sesión tremenda...



E ademáis, en directo!!!, acompaña ós djs, un dos artistas máis inclasificables que xamáis poderedes contemplar:
KOSALA MICOSA
(anteriormente coñecido como CASIOPEO)
Que alternará os seus shows electrónicos coa sesión...
un espectáculo variado e único que non vos deberiades perder!!!




Algunhas fotos do entroido

Ahí tedes algunhas fotos do entroido, do sábado 21, xa irei subindo máis (cando as consiga) logo de varios dias desconectado do mundo, ahí van as que me pasou Sanni (Gracias!!!):