Un dos persoaxes máis queridos de tódo-los nenos da miña xeración, que cada sábado pola mañan non nos moviamos de diante da tv coa Bola da Cristal, pero sobre todo, cando comezaba a "FAMILIA MUNSTER", e por suposto, ademáis de preciosa Marilyn, o abó era o meu preferido... con esos pelos, i esos experimentos, que sempre facían que todo estoupara!!! Estaba interpretado por AL LEWIS (1910-2006) que tra-la universidade publicou diversos libros sobre psicoloxía infantil, ata decidir que habia outros pedagoxías máis entretidas, i se enrolou no 'Actor's Workshop' de NY, xirando con bolos de teatro por tódo-los USA, tras asentarse na escena de Broadway, a finais dos 50 fai as súas primeiras aparicións en series de tv, i en 1960 debuta no cinema.
A primeira serie de éxito na que participa foi "Car 54, Where are You?" emitida entre 1961 e 1963, na que tamén participaba Fred Gwynne (Herman Munster):
*Si queredes ver tódo-los capitulos en versión orixinal están aquí:
http://es.truveo.com/Car-54-Where-are-You-Pretzel-Mary/id/3267698393
Tamén eran habituais as súas aparicións nas series 'Route 66' e nas máis frikis 'Granxeiro Último Modelo', e 'Lost In Space' (Perdidos en el Espacio) na que cada varios episodios aparecía facendo diferentes papeis, por suposto sempre de estrafalario extraterrestre.
O éxito do seu papel na Familia Munster disparou a súa popularidade, conseguindo papeis sempre moi secundarios en filmes importantes, como 'Danzad Malditos Danzad' (1969) de Syney Pollack, ou 'El Irresistible Henry Orient' 1964, con Peter Sellers como protagonista... Pero esa fama e a dos seus compañeiros de rodaxe, fixo que unha e outra vez se lles reclamase para repetir o seu persoaxe.
A serie orixinal emitiuse entre os anos 1964 e o 66, con unha secuela en forma de largometraxe, titulada "Munsters Go Home!" e o posterior telefilme (xa en 1981) "A Vinganza dos Munster" (ou da familia Munster) lamentables nos dous casos, e máis lamentable foi a continuación da serie, entre 1988 e 1991 "Os Munster Hoxe" que se trataba que toda a familia se transportaba dende os anos 60 ó 80 por culpa dun experimento do abó. Iso, unha vergonza!!! Ollo, que aquí Al Lewis interpretaba, non ó abó, senón ó tio-abó da familia... Logo seguiu estirando o seu papel, a modo de cameos como o Abó Munster noutras series, versións e demais enxendros...
Un dos seus negocios ó marxe do cine e a tv era un restaurante, que por suposto se chamaba 'Grandpa', así que non era de extrañar que aceptara toda-las propostas que lle ofrecían para continuar o show. Deixou as pantallas no 2002, pero seguía traballando na radio e como monologuista, faceta que recolle o documental "Goodbye America" de Sergio Oskman (e producido por Elías Querejeta) na que relata os principais acontecimentos de USA e NYC do século XXI através de un veterano coma Al Lewis, que non chegou a ver o estreno, posto que morreu meses antes ós 95 anos...
Apuntanto outra frikallada, en 1998 presentouse candidato a gobernador do estado de New York... Quen o vería...
E por suposto ahí vos deixo un capítulo enteiro da Familia Munster en tres partes (audio en español, pero sudamericano, perde un pouco de gracia...):
No hay comentarios:
Publicar un comentario