miércoles, 29 de abril de 2009

E mañan Xoves 30: Sesión PSYCHEDELIC MUNSTAPHA



Outro álbum da semana: "Microminiature Love" de Michael Yonkers

E para seguir ilustrando a sesión de mañan un álbum que hai xa tempo que quería compartir con todos, tamén bastante esquecido (pero este non pasou desapercibido no seu momento) ata que Sub Pop o reeditou no 2003:
MICHAEL YONKERS BAND
"Microminiature Love"

(1968)


Michael Yonkers é un deses persoaxes excéntricos que adicou toda a súa vida á experimentación, tanto que para recrea-los sons que tiña na súa cabeza tivo que crea-las súas propias guitarras e cacharros de efectos e demáis. Máis que recomendable.

Descargádeo no blog KRAUT LOVE:
http://krautlove.blogspot.com/2009/04/michael-yonkers-band-microminiature.html

e aquí o tedes en 1972 e hai dous anos:



O album da semana "My Solid Ground"

Esta semana, o álbum de cabeceira é a obra homónima de
MY SOLID GROUND
(1971
, Bacillus Recs)





Esta banda alemana pasou case desapercibida no seu momento, e sobre todo porque apenas traspasou as fronteiras xermanas, somentes, cando este álbum se reeditou en 1997, moitos tivemos a oportunidade de coñecelos, e sobre todo, moitos de preguntarse como semellante álbum de 1971 non tivo o recoñecimento merecido. Formados en 1968 no seu contexto sempre foron incluidos no saco do Krautrock alemán de finais dos 60 e dos 70, por suposto, e sendo quenes máis fielmente seguían os mandatos de Pink Floyd naquela escena, cousa evidente, pero hay moito máis que dicir, posto que nen se cinguen moitos ós parametros do kraut nen seguen tanto os postulados dos Pink Floyd, posto que neste álbum destacan as súas guitarras en plan hardrock e por veces ácidas máis propias do garage 60's, ademáis desa alternancia de temas mastodónticos (Flash, 24 mins) coa maioría que resultan ser cañonazos lisérxicos de dous minutos e medio.... Un discazo. E que saibades que non é o álbum da semana en homenaxe á pandemia de gripe porcina (que tamén quedaría ben), senón á sesión de mañán vernres: Psychedlic Munstapha.
Aquí tedes o álbum:
http://www.megaupload.com/?d=PLHCIT41

Este venres festaza na Sala Boogaloo!!!

Esta semana unha nova entrega da Sala Boogaloo:
Venres 1 de Maio:
dende Rusia
THE TYPES
Os sevillanos
THE DEL SHAPIROS
e os italianos
LOVE BOAT




e o próximo Venres 29 de Maio:
THE LYRES
dende Boston unha das bandas de garage do planeta, imprescindibles no movemento revival dos anos 80, e dende Buño unha das mellores bandas galegas:
LOS JUSTICIEROS

E xa coñecemos a seguinte entrega:
Venres 26 de Xuño:
Os mexicanos LOS EXPLOSIVOS
e o grandísimo
MIKE MARICONDA &
THE REAL McCOYSON
.

Toda a info:
http://www.salaboogaloo.com/

Festival do Norte '09



Cambio de data dos RifRocKerZ.DjSet - Sábado 16.

Cambiamos a data da próxima sesión dos RifRocKerZ.DjSet,
do sábado 9 de maio para o seguinte sábado, o 16.
RifRocKerZ.DjSet
"Stoner & Smoker"

con Kurco SoundSystem, Comomepos e Munstapha
.


martes, 28 de abril de 2009

Últimas listas de reproducción en youtube.

Como neste último mes subín moitas concertos e moitas historias,
aquí tedes as listas de reproducción do último mes:


The Undertown Project (Rif-Rock 25-Abr-2009):

http://www.youtube.com/view_play_list?p=D378BDE6C44ED4CF

The Even Flow Experience (Rif-Rock 25-Abr-2009):

http://www.youtube.com/view_play_list?p=29E64B2410011CB8

Isi Vaamonde (Rif-Rock 18-Abr-2009):

http://www.youtube.com/view_play_list?p=09C0F178C48A8060

Beta Testers (fiETSE'09 - Santiago 16-Abr-2009):

http://www.youtube.com/view_play_list?p=8D63277D123764E6

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (
Flu Pop 10-Abril-2009):
http://www.youtube.com/view_play_list?p=6E6CED03AB8E6D43

Airas (
Flu Pop 10-Abril-2009):
http://www.youtube.com/view_play_list?p=CD3EACF69315C401

E moito máis no canle de youtube RifRocKerZ.

Fotos do Sábado 25: Even Flow Exp + Undertown Pr.

E aquí tedes unhas cantas fotos do concerto do Sábado.
The Even Flow Experience + Undertown Project
(Sábado 25Abril)

UNDERTOWN PROJECT en concerto (pt1)

Aquí tedes os videos de todo o concerto do sábado pasado, tanto do semiacústico de
THE EVEN FLOW EXPERIENCE
coma con banda ó completo de
THE UNDERTOWN PROJECT,
que tamén contaron coa colaboración de Manuel Seixas.
Unha noita espectácular, os músicos con ganas, dous porque nunca tocaran no Rif-Rock, e os veteranos porque xa había máis de un ano que non o facían, e ademáis a xente con máis ganas aínda... un concerto de puta madre, ahí o tedes:



UNDERTOWN PROJECT en concerto (pt2)




UNDERTOWN PROJECT en concerto (pt3)




domingo, 26 de abril de 2009

Hoxe o Despregable no Faro de Vigo.

Hoxe no Faro de Vigo, reportaxe sobre o Despregablee a Embaixada Prusiana con entrevista e tal.
Este é o enlace:
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009042600_17_320559__Arousa-Fieis-mandatos-fanzine




A foto é de Iñaki Abella, e o artigo de Miguel Anxo Fernandez.

Fieis ós mandatos do fanzine

O "Despregable" cumpre 20 números, pero os seus autores non queren nin oír falar de "profesionalización"

O Despregable é unha desas aventuras culturais que adoitan ter unha escasa repercusión mediática porque van dirixidas a un público máis ben minoritario e carecen do respaldo institucional, e que sen embargo teñen unha gran importancia porque lle dan voz a artistas e afeccionados á música, o cine ou as artes plásticas que doutro modo non poderían divulgar o seu traballo. O fanzine -que non revista- vén de cumplir catro anos e vinte números. Un fito de supervivencia para este tipo de publicacións co que nin sequera os seus fundadores contaban...

[Artigo Completo]

e Seguide informados no blog da
EMBAIXADA PRUSIANA


sábado, 25 de abril de 2009

Outro álbum da semana: "Olé! Tarantula" de ROBYN HITCHCOCK & The Venus3.

E por que sodes uns pesados, ahí vai auténtica xoia recente do sr hitchcock, o seu anterior álbum, primeiro no que foi acompañado polos The Minus 5 (con Hitchcock fanse chamar THE VENUS 3) moito menos elaborado que o novo, pero moito máis fresco, máis directo e moito máis pop que o actual.
ROBYN HITCHCOCK
& THE VENUS 3
"Olé! Tarantula"

(Yep Roc 2006)



Aquí o tedes:
http://www.megaupload.com/?d=HGRU50ZG

viernes, 24 de abril de 2009

O álbum da Semana: "Goodnight Oslo" de ROBYN HITCHCOCK & The Venus 3.

Como non podía ser de outra maneira, o álbum da semana:
ROBYN HITCHCOCK
& THE VENUS 3

"Goodnight Oslo"

(Yep Roc, 2009)




ahí tedes o enlace:
http://www.megaupload.com/?d=481ST2Q0


Hoxe ROBYN HITCHCOCK en Libro de Notas.

Hoxe, como cada día 24 de cada mes, unha nova entrega da columna
'De Ventrílocuos Impostores' en Libro de Notas.

Desta vez adicado ó universo persoanl de
ROBYN HITCHCOCK
Del otro Hitchcock, Robyn "El Egipcio"



Aquí tedes o artigo completo:
Del otro Hitchcock, Robyn "El Egipcio":
"Este mes nos centramos en la figura de Robyn Hitchcock, cuando se publica su nuevo álbum: Goodnight Oslo, firmado por Robyn Hitchcock & The Venus 3, que oculta en realidad a los miembros de R.E.M.. que forman The Minus 5 : Peter Buck a la cabeza, Bill Rieflin (baterista de R.E.M. y de los Young Flesh Fellows entre otros) y Scott McCaughey (habitualmente conocido como el quinto miembro de R.E.M.). [...]
Robyn Hitchcock comenzó como músico ambulante a comienzos de los 70, con apenas 20 años, tras militar en diversas bandas de versiones y mero entretenimiento (The Worst Fears, The Beetles, The Meatpackets, etc) en 1976 forma su primera banda The Soft Boys con sus compañeros del Winchester College, con los que editó tres álbumes fundamentales en la New Wave británica, conjugando fundamentalmente el powerpop con la psicodelia, y con la tríada Syd BarretVelvet UndergroundBob Dylan en su altar (a este último le dedicó un álbum completo en 2002), como si el punk jamás hubiese roto con la tradición pop británica, ahí lo mágico de su discurso (considerados principales exponentes de la neo-psicodelia), esencial tanto para el revival sixtie como para el movimiento indie posteriores."
[artículo completo]


E non esquezades visitar a diario:
Libro de Notas.


e aquí tedes uns cantos clips das súas diferentes etapas:




miércoles, 22 de abril de 2009

Sábado 25 concerto doble: THE EVEN FLOW EXPERIENCE e THE UNDERTOWN PROJECT!!!

Este SÁBADO 25 concerto por partida doble
Dende as 23:30h.

THE EVEN FLOW
EXPERIENCE

e despois doblamos sesión en directo con
THE UNDERTOWN
PROJECT




Non vo-lo perdades!!!

martes, 21 de abril de 2009

ISI VAAMONDE no Rif-Rock (pt1)

Aqui tedes en 2 tandas unha parte do concerto de Isi do pasado sabado 18. O final os videos quedaron un pouco escuros (e o audio dunha cámara xa sabedes...) pero alomenos tedes algo para botarlle un ollo ós temas. Un concerto fantástico, e so me queda agradecerlle a Isi e á súa banda polo show, e pola paliza que se meteron no corpo para vir ó Rif, a tamén a Piti e a Los Hijos Bastardos polo material para facelo posible.
Lembrade a súa web:
http://www.isivaamonde.com/index.php
e que podedes compra-lo seu Ep
"Unsportsmanlike World" no Rif-Rock por 10€


E ahí van os videos:



ISI VAAMONDE no Rif-Rock (pt2)




e mañan Stratitjackets!!!



lunes, 20 de abril de 2009

Os BETA TESTERS no fiETSE (pt1)

E aquí vos deixo a grabación do debut dos cambadeses
BETA TESTERS
o pasado xoves 16 de abril, no fiETSE do Campus Sur de Santiago, unha introducción espectacular e un repertorio ben equilibrado de sete temas cos que se comeron ó público (que ademáis era moito...) con espontáneas no escenario e todo... Un show cojonudo de toda a banda, só faltou que Oscar se tirara ó público...
Así quedou grabado aínda que o sonido non é moi bo, e ó cámara fixo malabares para intertar que non o moveran.
Agora só falta que alguén me pase fotos...
Noraboa chavales. Tremendo debut
!!!:



Os BETA TESTERS no fiETSE (pt2)




jueves, 16 de abril de 2009

Este Sábado 18: ISI VAAMONDE en concerto!!!

Este Sábado 18 de Abril, ás 23:30h.
ISI VAAMONDE



Dende Madrid, este cambadés ven a presentarnos o seu novo EP
"Unsportsmanlike World"


Nesta ocasión a banda estará formada por:

Isi Vaamonde - voz & guitarras
Volker Ledwig - batería
Edu Pulpillo - baixo
Gonzalo Peñalosa - teclados

Si Queredes facer doblete, o día anterior
Venres 17 estará en
LA CASA DE ARRIBA
-VIGO-



Visitade a súa web, donde xa podedes escoitar tres dos seus novos temas en exclusiva:
http://www.isivaamonde.com/index.php

Flu Pop: algunhas fotos

Alguhnas fotos do FLU POP, xa iremos poñendo máis...

miércoles, 15 de abril de 2009

O album da semana "Spiderland" de SLINT

Esta semana, o álbum escollido é un deses que son fundamentales na vida de calqueira melómano. Polo seu contexto, polo que significa, polo propio contido e polo misterio que o rodea:

SLINT
Spiderland

(Touch & Go, 1991)



Descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=2GTXMN6U

Este álbum foi fundamental na historia da música, así como o testamento que unha banda breve e intensa, que sen querer fixo algo moi grande, tan grande que non o soportaron. En 1991, Nirvana arrasaba no mundo e logo irían unha sorte de bandas stereotipadas, que seguian un cliché, cando xa naquel momento estaba esgotado. Por outro lado, as grandes bandas do 'indie' reclamaban os $$$ que ven se tiñan merecidos dende os 80... Mentres, no cú do mundo, mellor dito na América máis profunda, en Kentucky, unha banda intentou facer algo novo. E no segundo intento o lograron. "Spiderland" non sona a nada semellante do que había, é sinxelamente unha amalgama de influencias seminais e ninguneadas polo público, pola súa asperezas, porque non ten estribillos, nen melodías recoñecibles... somentes ritmos pesados e pausados, berros e alaridos, sons industriais... e por medio 'Nosferatu Man', unha das miñas pezas favoritas, a antítese do hardcore. Nacía o slowcore, e sobre todo o post-rock, que tan mal foi ententido despois. Nesa historia este é un álbum fundamental.

A parte escura é que tra-la gravación os seus membros tiveron que ser recluídos nun siquiátrico... eu creo que seguramente xa estaban bastante mal de antes, así que é un dato máis amarillista que outra cousa. Ademáis do premonitorio do álbum, que somentes presentaba os títulos das seis pezas e cunha portada dos membros coa auga ó pescozo.
Xa a finais dos 90 o público comezou a reivindicar esta edición coma obra mestra, e incluso os membros da banda volveron xuntarse para facer xiras...
e aquí vos deixo 'Nosferatu Man':

Novo Concerto de Nova Producions: Manolo Tarancón

Este Venres 17, ás 20h.
novo concerto de Nova Producións en Climax

Manolo Tarancón



info de:
Unha Grande Chea

martes, 14 de abril de 2009

Beta Testers & Henry Warnimont en concerto en Santiago.

Este Xoves 16, dende unha hora que non lembro (creo que comezan ás 23 h.) macro-concerto en Compostela, na Escola de Enxeñería (campus Sur) por suposto para recadar fondos para que os chavales se poidan ir de vacacións coa maior cantidade de gastos pagos... temos a oportunidade de ver a 7 bandas (case todas con membros da propia escola) entre as que destacan dúas bandas cambadesas:
THE HENRY WARNIMONT
e sobre todo alí estaremos para ver o debut mundial (alomenos por primeira vez en Europa) da nova banda:
BETA TESTERS




Si estades por Santiago, ou vos podedes acercar,
NON FALTEDES!!!

FLU POP: Niño y Pistola





FLU POP: Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (1ª parte)




FLU POP: Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (2ª parte)





FLU POP: Airas





lunes, 13 de abril de 2009

FLU POP: The Henry Warnimont

E aquí tedes os videos do Flu Pop, polo menos para o que chegou a batería:
De Primeiro THE HENRY WARNIMONT:


domingo, 12 de abril de 2009

En Maio 2 entregas da Sala Boogaloo!!!

Novas datas da Sala Boogaloo, en maio con 2 entregas:
Venres 1 de Maio:
dende Rusia
THE TYPES
Os sevillanos
THE DEL SHAPIROS
e os italianos
LOVE BOAT




e o próximo Venres 29 de Maio:
THE LYRES
dende Boston unha das bandas de garage do planeta, imprescindibles no movemento revival dos anos 80, e dende Buño unha das mellores bandas galegas:
LOS JUSTICIEROS

Toda a info:
http://www.salaboogaloo.com/

Afterhours!!! Marinocha Top Model

Nova cachada de Kurco:

jueves, 9 de abril de 2009

FLU POP '09

E mañán
FLU POP

dende as 20:00h.



e hoxe Festa de Presentación en Climax, dende as 22:00h.


LOS STRAITJACKETS "Rock en Español Vol.1"

Ahí vai outro álbum da semana, por que sodes uns pesados, sobre todo algún... por que este disco xa o tiñades que ter dende hai tempo, pero... aquí o tedes
LOS STRAITJACKETS
Rock en Español Vol. 1

(Yep Roc 2007)



Vamos, que ven sendo o álbum que presentarán en Santiago (Sala NASA) o próximo día 22, coas colaboracións de Cesar Rosas e Little Willie G., ademáis de por suposto Big Sandy, e que contén versións de bandas mexicanas e peruanas dos anos 60, daquela 'nueva ola' que versionaban en español os grandes hits do rhythm'n'blues anglosaxón, así hai pezas dos Apson, Los Locos del Ritmo, Los Hitters, Los Johnny Jets, Los Rockin' Devils, e moitos máis que convertiron "All day and all of the Night" dos Kinks en "De día y de Noche", "Wild Thing" dos Troggs en "Loco te Patina el coco", ou "Poison Ivy" en "Hiedra Venenosa", "Popotitos", "Microscópico Bikini" e así ata 14... temas, e moitos máis coma "Have love will travel" e outras que seguro aparecerán nun futuro vol. 2

Descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=NUE4GZDT


miércoles, 8 de abril de 2009

o álbum da semana "The Further Adventures of LOS STRAITJACKETS"

O álbum da semana:
The Further Adventures of
LOS STRAITJACKETS

(Yep Roc, 2009)



Unha nova aventura dos nosos enmascarados favoritos.
Eddie Angel e compañía volven á carga con novo álbum e nova xira polo noso pais.
Xa sabedes o que hai aquí dentro, surf e rhythm'n'blues en estado puro.
descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=SR9JW2LQ

ademáis incluimos de agasallo unha extraña rareza, o single (editado como split-sg) cun cover do 'Smell Like teen spirit' de Nirvana... raro raro raro


Aquí tedes o cartel da xira Española, e o de Santiago o próximo mércores 22 de abril, acompañados por Big Sandy (co que supoñemos que farán moitos temas do anterior álbum "Los Straitjackets cantan en Español" do 2007... outro día o poñemos).
Non vo-lo deberiades perder!!!




E aquí os tedes en acción:






e non deixedes de vísita-la súa fantástica web:
http://www.straitjackets.com/

lunes, 6 de abril de 2009

Xoves 9 - Festa de presentación do FLU POP.

Festa de presentación do
FLU POP
Este xoves (9 de abril) dende as 22:00h (Climax):
ALEX FERREIRA
en concerto, e tamén cunha breve actuación de
LORI MEYERS

de adianto ó que ofreceran o día seguinte no seu concerto.


Toda a info en:
http://www.novaproducions.com/

i esta é a web de Alex Ferreira:
http://www.alexferreira.com/web/
donde podedes descarga-los seus dous eps:
http://www.alexferreira.com/web/?page_id=300

e aquí o tedes:


sábado, 4 de abril de 2009

RifRocKerZ.DjSet nesta Semana Santa.



E xa decidimos os días que abriremos os RIF-ROCK nesta Semana Santa:
Mañán domingo 5 de abril tamén abrimos
(ainda que un pouco máis tarde, para ver un pouco a Paco no Continental)
E coma tódo-los anos, dende o mércores 8 ó domingo 12
tódo-los días dende as 23:00 h.


Camisetas e Chapas do FLU POP

Dende onte tamén tedes á venda chapas e camisetas do FLU POP
chapas 1€
camiseta + chapa 9€



viernes, 3 de abril de 2009

Domingo 5 - PACO CHARLÍN no Continental.

Este domingo unha nova ocasión de desfrutar coa novo proposta e dos temas do novo álbum de
PACO CHARLÍN:
Domingo 5 Abril:
CAMBADOS - Café Continental

Paco Charlín "The Game"
Juanma Barroso - batería
Román Filiú - saxo alto
Virxilio da Silva - guitarra
e por suposto Paco Charlín - contrabaixo

jueves, 2 de abril de 2009

18 de Abril: ISI VAAMONDE en concerto!!!

Pero a semana antes, tamén en concerto...
Sábado 18 de Abril, ás 23:30h.
ISI VAAMONDE



Dende Madrid, este cambadés ven a presentarnos o seu novo EP
"Unsportsmanlike World"

Unha fantástica ocasión para ver a Isi en directo porque hai xa moito tempo que non se pasa por aquí con tódo-los bártulos (creo que a última vez foi no continental hai xa varios anos), que nesta ocasión a banda estará formada por:
Isi Vaamonde - voz & guitarras
Volker Ledwig - batería
Edu Pulpillo - baixo
Gonzalo Peñalosa - teclados

Visitade a súa web:
http://www.isivaamonde.com/index.php

e aquí vos deixo outra vez o 'making of' de "UW":
UW Making of

Sábado 25 Abril: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto!!!

Xa imos tendo programación que adiantar para este mes, a falta de concretar un par de sesións, e de decidir se abrimos tamén os demingos de semana santa... ahí vos adianto dous concertos de este mes.

SÁBADO 25 - 23:30h.

THE EVEN FLOW
EXPERIENCE