Esta é a nova entrega do mestre Iggy Pop, que tan acostumado nos ten a facer auténticas xoias como a parir a cagadas máis grandes da historia. Esta non é ningunha das dúas cousas, é un cambio de rumbo ou unha paréntese ou algo así, e non está nada mal. Convertido nunha especie de Tom Waits, que se inspira no escritor Michel Houllebecq, e se fai acompañar por bandas de jazz (o tema "King of the Dogs" é o mellor do álbum de largo). Que cante en francés non é tan sorprendente, pero o que non se pode negar, é que nun largo coma este, tan variado e raro, consegue dar equilibrio á toda-las pezas, mellores ou peores (por separado hai algunha moi mediocre) pero que en conxunto mantexen unha coherencia pouco habitual. Aquí o tedes:
IGGY POP
Preliminaires
(2009)
descargádeo no blog de Comemopos:
Overfunk
http://overfunk.blogspot.com/2009/05/iggy-pop-preliminaires2009.html
IGGY POP
Preliminaires
(2009)
descargádeo no blog de Comemopos:
Overfunk
http://overfunk.blogspot.com/2009/05/iggy-pop-preliminaires2009.html
1 comentario:
Hola!
Estará ben entón, porque o anterior, creo que foi "The Weirdness", téñoo na casa comprado orixinal -manda car...- debino escoitar enteiro 3 veces... puf. Tostón.
Veremos este.
Saúdos!
Publicar un comentario