jueves, 27 de agosto de 2009

4º BASKET 3x3... faltan 2 días!!!

Este Sábado 29 de Agosto
4ª Edición
BASKET 3x3

que organizan Anidega e a Embaixada Prusiana.


No aparcamento do paseo marítimo fronte a Alameda de Santomé, dende as 16:00h.



As 16:00h. se realizará o sorteo dos grupos e as 16:30 comezan os partidos.

SÓ FALTAN 2 DÍAS!!!
INSCRÍBETE SE NON O FIXECHES XA!!!!

*Non o deixedes para o último momento que igual se pechan as inscripcións!!!
Lugares de Inscripción:
Rif-Rock, no Tetuán e na Leria (5€ por xogador)

Lembrade que os equipos poden estar compostos por 3 ou 4 xogadores/as (permítese un suplente) e botádelle un ollo ó regulamento que hai novidades!!!

*Ademáis de tóda-las institucións i empresas colaboradoras e patrocinadoras que saen no cartel, anúnciovos que Chourizo Films é o medio oficial de covertura do evento...

O Clásico da Semana: "Revolution" de Q65.

Q65 é unha banda holandesa (La Haya) pertencente a aquela escena tan espectacular coma pouco coñecida dos Paises Baixos na segunda metade dos 60. Sen dúbida algunha o maior éxito recaeu en Shocking Blue, pero en medio de todo aquela había moitas bandas de garage e rhythm'n'blues salvaxe, nesto último, Q65 foron os máis destacados, non só daquela escena, senón de todo o planeta, co seu rítmo atronador, contundente e pesado, ó tempo que mantiñan unha rítmica do máis purista dos anos 50... este é o seu primeiro disco, solo para que vos sirva de pista para o que fixeron despois...

Q65
"Revolution"

(Decca 1966)




descargádeo no blog Warehaouse of Rock:
http://warehouseofrock.blogspot.com/2009/02/q-65-revolution.html
[http://www.megaupload.com/?d=8T8GGW2L]

aquí os tedes en directo nunha reunión en 1980:



Los Hijos Bastardos de Peter Lorre en Portonovo.

O pasado luns 17 non chegou a celebrarse o concerto das festas de San Roque de Portonovo, non sei por qué, creo que nin as bandas o saben... o caso é que será mañan Venres 28:

LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

en concerto!!!

xunto con Paquidermo e Snatch.



O album da semana "Flashing Light" de The LIONS CONSTELLATION

O álbum desta semana é de un proxecto paralelo máis de xente implicada en Tokyo Sex Destruction ou It's Not Not... sona a demasiadas cousas pero sona moi ben, i é que parecen estar empeñados en tocar tódo-los paus, e para iso cunha marca distinta en forma de banda... A ver que vos parece:

THE LIONS CONSTELLATION

"Flashing Light"

(BCore, 2009)




Descargádeo en Los Mundos de Fede:

[http://losmundosdefede.blogspot.com/2009/08/lion-constellation-flashing-light.html] (pica na portada)


Kiss Me

viernes, 21 de agosto de 2009

Venres 21: COMOMEPOS e Sábado 22: BLACKY SANTÓRUM

Lembrade as sesións deste fin de semana:

Venres 21
COMOMEPOS
"Revival Experience"
con moito garage dos 80 e quen sabe qué máis...




e mañán unha nova sesión do alter-ego de Kurco:
Sábado 22
BLACKY SANTÓRUM
"Kool Things"



jueves, 20 de agosto de 2009

O Clásico da Semana: "S.F. Sorrow" de The PRETTY THINGS.

O Clásico desta semana vai adicado a The Pretty Things, unha das principais bandas da british invasion, e unha das maiores i excitantes historias da evolución do rhythm'n'blues máis purista ata converterse nun dos principais exponentes da psychedelia británica de finais dos 60, e máis alá... porque aínda tiveron bastante que decir durante moitos anos, pero agora quedámonos en 1968:

THE PRETTY THINGS

"S.F. Sorrow"(1968)

Descargádeo no blog Sácate un disco:

miércoles, 19 de agosto de 2009

O álbum da semana "Guateque Estelar" dos MATORRAL MAN

Matorral Man son unha banda mexicana que nestes momentos pasan por se-los Messer Chups sudamericanos, surf, acid jazz saturados de samplers electrónicos e moita inspiración da vertiente yeyé do beat, para un resultado moi atrevido, dos que xa non se fan. Moi divertido, completo i elegante, o único 'pero' é que a metade dos temas se fan demasiado longos, con 3 e medio chegaba, pero xulgádeo vos:

MATORRAL MAN
"Guateque Estelar"
[Isotonic Recs, 2009]



Descargádeo no Blog de Shock:
http://supershock666.blogspot.com/2009/04/matorral-man-guateque-estelar.html
[
http://www.megaupload.com/?d=LVASLD0J]




martes, 18 de agosto de 2009

BASKET 3x3 - 29 de Agosto

Xa está case todo preparado para a
4ª Edición
BASKET 3x3

que organizan Anidega e a Embaixada Prusiana.

Será o Sábado 29 de Agosto.
coma sempre no aparcamento do paseo marítimo fronte a Alameda de Santomé.



Ide facendo equipos e apartires deste venres xa podedes inscribirvos no
Rif-Rock, no Tetuán e na Leria (5€ por persoa)

Venres 21: COMOMEPOS

Máis cambios na programación...
a axenda petada de MIA WALLAS faille causar baixa na sesión deste venres,

así que o tema queda así:

Venres 21
COMOMEPOS
"Revival Experience"

con moito garage dos 80 e quen sabe qué máis...



jueves, 13 de agosto de 2009

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Nova data.

Xa vos avisaba onte de que con máis de un mes de antelación podía haber algún cambio, e con 24 horas do anuncio houbo que cambiar... adiantamos unha semana o concerto:

Sábado 12 Setembro
teredes a ocasión de desfrutar cos incansables ritmos cavernícolas de
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

Estades avisados!!!



*Cris: vai mirando o de cambiar o bus!!!


miércoles, 12 de agosto de 2009

O album da semana "Popular Songs" de YO LA TENGO.

Case todos sabedes da miña debilidade por esta banda, i é que con cada novo lanzamento de YO LA TENGO sempre podo desfrutar do pracer de escoitalo de tirón varias veces, unha tras outra, para ir buscando matices e influencias extrañas ou saltos mortais que nunha escoita normal apenas se perciben... Pois hoxe levo todo o día alucinado con este álbum, coma sempre multidisciplinar, tocando tódo-los paus, mesturando temas de pop preciosista con temas totalmente lo-fi e moi suxos, dende as influencias dos anos 50 ó vendavais de distorsión... o cañonazo de 'Nothing to Hide', os experimentos retro de 'Periodically Triple ou Double' e o case soul de 'If It's True' ou os tres últimos cortes, de 10 minutos ou máis, sobre todo o último terremoto 'And the Glitter is Gone'. Outra xoia máis, que sairá a venta a comezos de setembro (o día 7 creo), Non o deixedes escapar...

YO LA TENGO
"Popular Songs"

[Matador 2009]



Descargádeo no blog Som de Fora:
http://somdefora.blogspot.com/2009/07/yo-la-tengo-popular-songs-2009.html
[tedes o link de descarga nos comentarios]

e aquí os tedes interpretando o primeiro single do álbum "Nothing to Hide" nunha actuación na tv francesa:

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre en directo en Setembro

E xa temos data para o concerto de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre que tiñamos atrasado dende o 11 de Xullo no programa do 10º Aniversario do RIF-ROCK, así que en principio, e se non hai novos imprevistos será o mes que ven:

Sábado 19 de Setembro
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE




Próximas sesións: Mia Wallas Vs Comomepos, Blacky Santórum

A próxima semana, 2 novas sesións:

Venres 21:
MIA WALLAS VS. COMOMEPOS



Sábado 22:
BLACKY SANTÓRUM

"Kools Things"


viernes, 7 de agosto de 2009

+ fotos do concerto de AIRAS.

E aquí tedes a última tanda de fotos do concerto que pechou os festexos oficiais do 10º Aniversario do RIF-ROCK, 0 venres 17 de Xullo, con AIRAS e tódo-los espontáneos que se atreveron a participar... en 2 slides vos amoso as fotos que fixo Yeyo Abal. Gracias artista!!!


Mia Wallas VS Comomepos - Venres 21.

Cambio de data para a próxima sesión de;
MIA WALLAS VS. COMOMEPOS

(doble sesión djs)

Venres 21 Agosto.



Visitade:
Aves Cantamañanas
Overfunk & Retroverfunk70

jueves, 6 de agosto de 2009

Festa do bigote 2010. aviso#1

Xa queda menos para a próxima
FESTA DO BIGOTE!!!

*Óscar non te aviso máis, faltan 360 días, así que vai controlando o do bigote e pensa o "munú" do ano que ven eh???

O Clásico da semana "Odissey and Oracle" de THE ZOMBIES.

O clásico desta semana é unha das maiores xoias do pop de tódo-los tempos.

THE ZOMBIES
"Odissey and Oracle"

(1968)



descargádeo da man de Comomepos no blog Retroverfunk70:
[http://retroverfunk70.blogspot.com/2009/07/zombies-odessey-and-oracle.html]

miércoles, 5 de agosto de 2009

O álbum da semana "Lose Your Illusion, Too" dos MANNEQUIN MEN

Discazo desta banda de Chicago, totalmente lo-fi a base de garage, punk, e un pouco de power pop... fresco, intenso, suxo e divertido ó mesmo tempo.

MANNEQUIN MEN
"Lose your Illusion, Too"

(Flameshovel, 2009)




Descargádeo no blog Los Mundos de Fede:
[http://losmundosdefede.blogspot.com/2009/08/mannequin-men-lose-your-illusion-too.html]
(pica na portada para descargar)

E de paso botádelle un ollo as Seleccións LMF.


martes, 4 de agosto de 2009

Festa do Bigote

E aquí tedes algunhas fotos da Festa do Bigote do domingo do Albariño, xa hai máis por facebook, así que buscádeas...


...Os videos mellor non os publicamos...

Fotos do concerto de AIRAS.

E aquí tedes unhas cantas fotos do concerto de AIRAS e tódo-los espontáneos, incluíndo a sesión de XACO Domin despois do concerto, pero mañán ou xoves subirei outras moitas de Yeyo Abal, aquí van algunhas:

Concerto de AIRAS (bonus#2): ONE TOXO.

E polo medio houbo show de Tino, de ONE TOXO, que se atreveu a facer un pouco de revival:



E aquí tedes algún video máis orixinal dos anos 80:


Concerto de AIRAS (bonus#1)

E aquí tedes unha primeira tanda de bonus tracks, con parte de Henry Warnimont e o show de Olga.
Son os dous temas cos remataron o concerto, Karlos e Kevi, xunto con Rubén e David dos Henry Warnimont, e unha especie de smash-up ou bootleg, feito entre Airas e Olga enfrontando a Bruce Springsteen con Andrés do Barro:



Concerto de AIRAS (1ª parte)




Concerto de AIRAS (2ª parte)




Concerto de AIRAS (3ª parte)




Concerto de AIRAS (4ª parte)



de volta.

Estamos en proceso de recuperación intensiva logo de moitos días de festa, así que estes días os adicaremos a ir subindo todo o que temos pendente: videos e fotos de Airas, a sesión de Michi Calambres, cousas do Albariño e a festa do Bigote...
ala, con paciencia...