viernes, 8 de enero de 2010

O Clásico de Semana: "The Journey to the Center of the Mind" do Amboy Dukes.

Estes sempre serán coñecidos por selo primeiro grupo do pesado de Ted Nudgent, que tanto lles gusta ós pesados que pensan que a música se reduce a tocar a guitarra..., pero en fin...
The Amboy Dukes eran de Detroit, i en plena catarsis da British Invasion, esta banda sorprendeu coa súa asimilación absoluta de tóda-las bandas británicas (versionaban continuamente a Cream, Pink Floyd ou The Who) en pleno éxtase do Swinging London e a obsesión por Jimi Hendrix (que naquel momento pertencía ó movemento británico) e pouco a pouco os sonidos máis duros, tra-lo single "Baby please don't go" o selo Mainstream ofreceulles en 1967 graba-lo seu primeiro álbum, unha auténtica xoia de garage psycodelia e pop. Para o seguinte (con cambio de baixista e teclista) ano endureceron o seu son para conseguir un álbum moito máis completo. E aínda que a min segue a gustarme máis o primeiro (xa o destriparemos outro día), aquí tedes "Journey to the Center of the Mind", na que o tema que lle da título é do mellor da década, logo hai moito fuzz, moito blues e moi boas melodías, para rematar cunha segunda parte do álbum moito máis psychodélica i experimental...
Desfrutádeo...

THE AMBOY DUKES
"The Journey to the Center of the Mind"
(Mainstream, 1967)

[pica na portada]

descargádeo no Blog de Archi:

No hay comentarios: