Esta semana voltamos ó ruído!!!
Karate Party son de Sacramente (California) e fan marabillas coma esta que vos deixo aquí.
Aínda que normalmente este álbum o atoparedes etiquetado como garage, ou garage punk, destaca máis polo seu son de nula produción, por iso van máis aló do lo-fi e se definen coma no-fi (e xa vedes que polo envoltorio, é no-fi por dentro e por fora!!!), pero o certo é que a base de moitos dos cortes é de unha clara base garaxeira, pero de factura moi punk e ruidista, de primeiras escoitas case hardcore, pero se repetides veredes que está totalmente cheo de detalles fantásticos e abrasivos!!!
Este "Black Helicopter LP" q vos presento hoxe é unha reedición ampliada do EP do mesmo nome que xa sacaran con Moo-La-La Records en 1999.
KARATE PARTY
"Black Helicopter"
(S-S Recs, 2005)
No hay comentarios:
Publicar un comentario