Bueno, e para que comparedes aquí tedes o último álbum de Thunder Express, banda de Robert Dahlqvist (ex-guitarrista dos Hellacopters), pero que xa tiña como proxecto paralelo antes da súa disolución xunto con membros de Death Breath ou Diamond Dogs. Este é o seu 2º álbum, do 2007, bastante máis evolucionado que o primeiro de 2004, "We Play for Pleasure" q non ofrecía máis q segui-la línea dos Hellacopters pero cos seus propios temas. En "Republic Disgrace" abandona o hi-energy e volve ó blues. Logo deste álbum mudou o nome polo de Dundertåget (que é algo así como traducir Thunder Express ó sueco), pero para ese proxecto, co que xa publicou dous álbumes ("Skaffa ny Frisyr" no 2008 e "Dom Feta Aren är Förbi" neste mesmo 2010) parece que abandonou o pouco nervio que lle quedaba e xa é bastante menos interesante, converténdose nunha pastelada total...
THUNDER EXPRESS
"Republic Disgrace"
(Razzi Recs, 2007)
*[no enlace tedes os 2 álbumes de Thunder Express, enlaces e password]
No hay comentarios:
Publicar un comentario