jueves, 16 de diciembre de 2010

The Golden Dawn "Power Plant"

O clásico desta semana é unha desas xoias infravaloradas da historia. The Golden Dawn foi unha banda efímera formada en Austin, Texas, cunha fevente escena que chega ata os nosos días, pero que naquel momento lideraban os fantásticos The 13th Floor Elevators ou Red Crayola. The Golden Dawn tan só existiron un ano e medio entre 1966 e 1968, pero deulles tempo a facer esta tremendo álbum que saiu á luz en 1968 da man do selo local International Artists Records. Cecais non recibe a atención merecida polo efímero da banda, ó non ter máis percorrido, pero estamos antes unha auténtica xoia de garage psych, ademáis de ser un álbum moi ambicioso na súa producción. Realmente debería ser un álbum de referencia no seu xénero, dende a inicial 'Evolution' coas hipnóticas campanillas, os impresionantes riffs de 'Starvation' ou 'My Time', e as melodías pegadizas que enchen o disco... O dito, un deses crimes da humanidade... igual que o retorno da banda no 2000 para grabar un novo álbum no 2006. Pero esquecédevos diso... Power Plant!!!


THE GOLDEN DAWN "Power Plant"
(Int.Art., 1968)


faite con el no blog Cabeza Plásticas:

No hay comentarios: