jueves, 24 de febrero de 2011

Wanda Jackson Vs. The Fall

Un dos mellores temas interpretados por Wanda Jackson (lembrade que está de volta con disco baixo o brazo aos seus 73 anazos...) é sen dúbida 'Funnel of Love', composta por Charlie McCoy e Kent Westberry, e que foi publicado no álbum de Wanda de 1961 "Right of Wrong" (aquí tedes o audio orixinal). Por suposto hai centos de versións deste tema, que incluso ela reinterpretou xunto con The Cramps en 2003. Aquí vos deixo e mesma Wanda facendo 'Funnel of Love' nun concerto polo seu 70º cumpreanos...


E esta é a versión que o gran insolente Mark E. Smith inclueu no último álbum de The Fall ("Your Future, Our Clutter", de 2010), que incluía unha versión do clásico de Wanda Jackson 'Funnel of Love' que por suposto cabreou a moita xente...


No hay comentarios: