miércoles, 30 de marzo de 2011

The Nation of Ulysses "13-Point Program to Destroy America"

Este é o primeiro álbum publicado por Ian Svenonius, coa súa primeira banda, The Nation of Ulysses, uns rapaces que querían montar un grupo terrorista, porque non sabían tocar ningún instrumento, pero que en dous anos terminaron publicando un dos álbumes fundamentais para reorienta-la historia do hardcore. Toda a súa rocambolesca historia podedes consultala máis polo miudo no artigo Voten por Ian Svenonius, el remedio contra la crisis! en Libro de Notas (tamén con entrada neste blog). Así que só vos recomendo que ademáis vos compredes algunha boa edición en vinilo deste 13-Point Program to destroy America, que son coma unha ruleta rusa de cores (o meu é laranxa), ou incluso transparentes... Discazo Imprescindible!!!

THE NATION OF ULYSSES "13-Point Program to Destroy America"
(Dischord, 1991)


Faite con el en In Mass Mind:

No hay comentarios: