viernes, 29 de abril de 2011

"90's Orthodontics" vols.1-7

E para poñer un pouco de orde, aquí tedes todas xuntas as sete entregas dos "90's Orthodontics" de Kurco SoundSystem.


"90's Orthodontics" x Kurco - Vols. 6 e 7

E aquí téde-los últimos dous volumes da serie "90's Orthodontics"

KURCO SOUNDSYSTEM "90's Orthodontics Vol. 6 & 7 (Hard & Seattle)"
[Sesión 16-04-2011]


90's Orthodontics. Hard & Comarca de Seattle: Vol.6 | Vol.7



jueves, 28 de abril de 2011

"90's Orthodontics" x Kurco - Vol. 5

Quinta entrega da serie enciclopédica de Kurco SoundSystem "90's Orthodontics"...

KURCO SOUNDSYSTEM "90's Orthodontics Vol. 5 (Freak & Electronic)"
[Sesión 16-04-2011]


90's Orthodontics. Freak & Electronic: Vol.5



miércoles, 27 de abril de 2011

Hoxe "Mongoloid Rhythm'n'Blues" no Soul&Sombra

Esta noite (mércores 27 abril) no SOUL&SOMBRA, unha nova sesión de Cacatone Munstapha, que adicaremos case íntegramente ó rhythm'n'blues, pero que na realidade exerceremos de simples teloneiros do Sr. Lores, que virá a poñer un pouco de seriedade coas súas canas... Todo dende as 23:00h
(así q podedes ve-lo partido tranquilamente e logo baixar!!!)

Cacatone, Munstapha & Sr.Lores en...
"Mongoloid Rhythm'n'Blues"
no Soul&Sombra (Santiago de Compostela)


descarga "The Charles Bronson's Revenge"

Esta é unha breve selección da primeira das entregas das sesións 
The Charles Bronson's Revenge de Munstapha:


Munstaphà "A Vinganza de Charles Bronson - Vol.1"
[sesión Rif-Rock 15-04-2011]



descarga Revenge Vol.1

Wire en directo na radio

O mes pasado adicámoslle un par de entradas a unha das nosas bandas favoritas: Wire, que neste 2011 voltaron con  novo traballo "Red Barked Tree" e tamén vos presentamo-los videos dun dos seus concertos de presentación do álbum na mítica tenda londinense Rough Trade East. Agora traémosvos un novo directo, desta vez en audio, do concerto da mesma xira celebrado na Sala Les Docks de Lausanna (Suiza) no pasado febreiro, e retransmitido pola Bayern 2 Radio Broadcasting, así que a calidade do son é bastante bó...


WIRE "Live Lausanne Les Docks 24-02-2011"
[retransmis. Bayern 2 Radio Bc., 2011]


descarga a retransmisión no blog Le Garage Abandonne:


martes, 26 de abril de 2011

Liga de Bocazas... Xs 30 e 31

Top 5 das dúas últimas xornadas:
XORNADA 30:
1 Muñequita Linda: 236.00 [RECORD DA TEMPADA]
2 San Francisco: 234.20
3 Magic P: 232.80
4 Xuventude Tragove: 222.20
5 Katiuskas: 217.40

XORNADA 31:
1 Atutichurrasco: 178.80
2 Smasing Patakas: 170.40
3 Magic P: 156.80
4 Chejar e Encher: 154.20
5 San Francisco: 152.80

CLASIFICACIÓN XERAL tras x-31:
1º magic p 4.833,20
2º Xuventude Tragove 4.677,20
3º san fransisco 4.643,60
4º Atutichurrasco 4.609,20
5º Muñequita Linda 4.499,20

sábado, 23 de abril de 2011

The 4th Unity Band Jazz Conception no Continental

E unha recomendación máis, este domingo 24 no Café CONTINENTAL, concertazo de jazz dende as 21:30h.
THE 4th UNITY BAND JAZZ CONCEPTION
con Logan Richardson ó saxo alto, Xan Campos ó piano, Paco Charlín ó contrabaixo e Max Gómez á batería.


The Allnight Workers Vs Wau y Los Arrrghs!

Hoxe e mañan, combate por todo ó alto en directo:
THE ALLNIGHT WORKERS
vs
WAU Y LOS ARRRGHS!
Sábados 23 no Playa Club (A Coruña), e Domingo 24 en Vanity (Portonovo)

Mongoloid Rhythm'n'blues no Soul&Sombra

Este mércores no Soul&Sombra, unha nova sesión de Cacatone e Munstapha, desta vez acompañados polo Sr. Lores para poñer un pouco de seriedade coas súas canas... Será o Mércores 27 dende as 23:00h.

Cacatone, Munstapha & Sr.Lores en...
"Mongoloid Rhythm'n'Blues"
no Soul&Sombra (Santiago de Compostela)



viernes, 22 de abril de 2011

Toño "El diablo sobre ruedas"

Mañan Sábado 23 de Abril estará Cambados o monologuista
TOÑO, El Diablo sobre Ruedas.
(guionista e monologuista do programa El Hormiguero)

Será no Salón de Congresos José Peña, a Fábrica de Peña de toda a vida, ás 22:30h. (apertura de portas dende as 22:00h.)


O precio das entradas é de 10€ en taquilla, e 8 € anticipada.
Dende este Venres xa podedes mercalas na Oficina de Turismo, e nos locais En-B, A Leria, Tetuán e Rif-Rock.

miércoles, 20 de abril de 2011

"90's Orthodondics" x Kurco Soundsystem! Vols. 3 & 4


KURCO SOUNDSYSTEM "90's Orthodontics Vols. 3 & 4 (Not Usual)"
[sesión 16-04-2011]


90's Orthodontics (Not Usual): Vol.3 | Vol.4



"90's Orthodondics" x Kurco Soundsystem! Vols. 1 & 2

Primeira entrega dos volumes enciclopédicos de KURCO sobre as ortodoncias noventeras. Desta vez "Not Usual" Vols 1 e 2:

KURCO SOUNDSYSTEM "90's Orthodontics Vols. 1 & 2 (Not Usual)"
[Sesión 16-04-2011]


90's Orthodontics (Not Usual): Vol.1 | Vol.2



viernes, 15 de abril de 2011

Sáb 16: MY DEAF vs KURCO SoundSystem

E mañan Sábado 16 un combate na cabina do Rif-Rock, entre un dos residentes do local, e un habitual dos directos do Rif, pero que desta vez se estrea dende a cabina... KURCO SoundSystem Vs. MY DEAF en... "90's Orthodontics!" xa vos imaxidades por donde irá a sesión, non?


Venres 15: A Vinganza de Charles Bronson!

Paco Charlín en concerto

Este venres 15, no Auditorio de A Xuventude, en concerto dende as 21:30h.
FREE MINDS - RADIO JAZZ STATION 
con Logan Richardson ó saxo alto, Xan Campos ó piano, Paco Charlín ó contrabaixo e Max Gómez á batería.

E a semana seguinte, o domingo 24 no Café CONTINENTAL, a mesma formación denominada desta vez 
THE 4th UNITY BAND JAZZ CONCEPTION



jueves, 14 de abril de 2011

Guv'ner "The Hunt"

As veces rebuscar entre estanterías e caixas de discos que gardas na túa propia casa coma se tiveras que escondelas de alguén resulta bastante satisfactorio, e un dos mellores xeitos de recuperar discos que hai anos que se manteñen olvidados, outros ós que non lles prestache-la suficiente atención no seu momento, e algún que outro que nen siqueira te molestaches en estrear. Hoxe nos ocupa un dos primeiros casos, un deses discos que durante moito tempo foi un dos meus discos de cabeceira, e rematou no fondo dunha caixa debaixo dun armario. O dúo neoiorquino GUV'NER foi unha das mellores bandas da explosión do indie estadounidense, duraron o que tiñan que durar e nese tempo dixeron todo o que querían e como consideraban que debía facerse, sen tempo ó gran éxito nin ós recoñecimentos posteriores. Entre 1993 e 1999 publicaron tres álbumes e unha ducia de singles de pop naïf que poucos puideron superar por moito que intentaran copialos. Foron descubertos por Thurston Moore (Sonic Youth) mentres traballaba con Pussy Galore. Tra-lo seu debut en 1994 ("Hard for Measy for you") seguiron con este "The Hunt" de 1996 que seguramente é o seu mellor traballo cos seus temas máis recoñecibles coma 'She's Evil' ou 'Break a Promise' de rock naïf, pop luminoso e folk sucio.

GUV'NER "The Hunt"
(Merge Records, 1996)


faite con The Hunt.


14 abril 1931

martes, 12 de abril de 2011

Fume

cando saes do local a fumar, hai que aproveita-lo tempo...




*mil gracias ó protagonista polo tremendo documento!!!


domingo, 10 de abril de 2011

Liga de Bocazas... X 28, 29 e repaso

Só quedan cinco xornadas deste SuperManager 2010-11, así que desta vez, ademáis das puntuacións das últimas semanas e da clasificación xeral, imos facer un repaso de tódo-los apartados da nosa Liga de Bocazas dos Venres no Rif...
Este é o top 5 das últimas dúas xornadas:

Xornada 28:
1º Kariuskas: 212.00
2º Esquibabalas Team: 196.60
3º San Francisco: 177.80
4º Mamados United: 171.80
5º Atutichurrasco: 168.60

Xornada 29:
1º Mamados United: 227.80 [RECORD da tempada!!!!]
2º Katiuskas: 223.00
3º Atutichurrasco: 215.00
4º CB Chacarita: 213.80
5º Xuventude Tragove: 205.60

E como só faltan cinco xornadas imos facer un repaso por tóda-las categorías...
A CLASIFICACIÓN XERAL trala Xornada 30 queda así:
1º magic p 4.443,60
2º Xuventude Tragove 4.330,00
3º san fransisco 4.256,60

4º Atutichurrasco 4.235,40
5º Muñequita Linda 4.137,60

jueves, 7 de abril de 2011

a próxima semana Munstapha, Kurco e My Deaf!

Mentres agardamos confirmacións para a Semana Santa, xa vos podemos adiantar as sesións para o próxima fin de semana:

O Venres 15 comezamos cun novo disparate de Munstapha, que de seguro terá moitas máis entregas, sempre adicadas ós fenómenos máis underground  e á basura subversiva dos últimos anos, baixo o título "The Charles Bronson's Revenge", ou sexa, a vinganza de Charles Bronson!... algún día xa vos enteraredes por qué...



E o Sábado 16 un combate na cabina do Rif-Rock, entre un dos residentes do local, e un habitual dos directos do Rif, pero que desta vez se estrea dende a cabina... KURCO SoundSystem Vs. MY DEAF en... "90's Orthodontics!" xa vos imaxidades por donde irá a sesión, non?



miércoles, 6 de abril de 2011

Toño, El Diablo sobre Ruedas

O próximo Sábado 23 de Abril actuará en Cambados o monologuista
TOÑO, El Diablo sobre Ruedas.
(guionista e monologuista do programa El Hormiguero)

Será no Salón de Congresos José Peña, a Fábrica de Peña de toda a vida, ás 22:30h. (apertura de portas dende as 22:00h.)




O precio das entradas é de 10€ en taquilla, e 8 € anticipada.
Dende este Venres xa podedes mercalas na Oficina de Turismo, e nos locais En-B, A Leria, Tetuán e Rif-Rock.

"A Fouce Esquecida" de Benjamin Rei, remasterizada.

A semana pasada Benjamin Rei subeu na súa conta de youtube, unha nova edición remasterizada da súa curtametraxe de 1978 "A Fouce Esquecida", dramatización do poema de R.Cabanillas do mesmo nome, con X.L.Nuñez e Aurora Romero coma protagonistas, e a música de Xoán e Lino Silva.

A Fouce Esquecida (Benjamin Rei, 1979)



THE "Fall" + "Rise Again"

Hai un par de meses adicamos unha entrada para recomendarvos tódo-los traballos da banda THE (por motivos de utilidade, tamén os atoparedes na web por The Helium Ego), así que sobran as presentacións. Esta xente non para, e agora chegan con dous novos traballos do seu particular ultranoise: "Fall" e "Rise Again" publicados en febreiro e abril respectivamente, e que por suposto podedes descargar no seu bandcamp: ttttthhhhheeeee.

 



E aquí o seu novo clip, 'New Beginning' pertencente a "Rise Again":

Los Justicieros "¡¡¡Waka Waka!!!!"

Os amigos do selo FREEKY DICKY Records avísannos a través do seu facebook que nos regala o primeiro traballo de Los Justicieros, o ep "¡¡¡Waka Waka!!!" que posteriormente incluíron por completo no seu primeiro álbum "Los Justicieros contra la Araña Blanca", ademáis do videoclip do tema 'La Marca del Vampiro'. Para os que aínda non teñades o 7'' do "Waka Waka!!!" aquí tedes a oportunidade de facervos con el...

LOS JUSTICIEROS "¡¡¡Waka Waka!!! EP"
(Freeky Dicky Records, 2009)


descarga Waka Waka! (enlace de Freeky Dicky).


Mequetrefe "Play Off"

Mequetrefe é unha banda de Compostela que xa leva un bó tempo recollendo moi boas críticas, polo seu directo, e sobre todo polo seu fantástico debut, este "Play Off" que xa levo tempo querendo incluir no blog, pero ata hoxe... 

Dende alg-a nos presentan este "Play Off": Grabado no Estudio Polar de O Grove por Iñaki Bea a finais do 2008 e principios do 2009. Mezclado por Jose Luis Macías (productor de Surfin Bichos, Extremoduro, Chimo Bayo). Florent, guitarrista dos Planetas colabora metendo guitarras na canción "Bomba Navarro".
Neste disco Mequetrefe siguen cultivando ese estilo tan persoal de sicodelia-electrónica-shoegaze-dub. Seguindo o seu propio camiño, fóra de modas e intentando desmontar clichés musicais a discreción, demostrando que non todo está inventado
.

Foi editado en vinilo nun doble 12'' cunha tirada limitada de 300 copias que supoño que a estas alturas xa estará máis que esgotado... Pero todavía o comparten dixitalmente e de xeito gratuíto por varias vías: no bandcamp de Mequetrefe, ou web do netlabel de alg-a. Para máis info tedes tamén o seu blog [MequetrefeMusic], myspace, etc... 

MEQUETREFE "Play Off"
(alg-a, 2010)





martes, 5 de abril de 2011

Death Cab for Cutie emiten en directo...

Últimamente as grandes bandas non saben que facer para innovar co marketing. Esta vez Death Cab for Cutie sorprendennos cunha desas iniciativas curiosas que poden rematar por converterse en habitual. En medio da promoción do seu novo álbum "You are a Tourist" que sairá ó mercado a finais de maio, comezan esta noite coa grabación do videoclip do primeiro single que da título ó álbum, e todo o proceso será retransmitido en directo, esta noite dende a 1:00 da madrugada hora peninsular. Unha iniciativa curiosa, que seguro que terá moitos imitadores. [ver nova en El Pais].

Podedes seguilo todo na web http://youareatourist.com/.




Este Venres... PROXECTO DJOKOVIC

sábado, 2 de abril de 2011

Japrocksampler. The Soundtrack.

Seguimos co fantástico volume Japrocksampler de Julian Cope. Xunto co libro  publicouse unha compilación de tirada mínima en dobre cd cunha selección de temas escollidos polo propio Cope, "The Soundtrack":


"Japrocksampler. The Soundtrack" [V.A. Selección de Julian Cope].
(Papperback Publ. 2007)


facédevos con el no blog Kiwi-Dodo:

ou tamén blog 00i00:


*neste último blog tedes os dous volumes do Japrocksampler repartidos en dous enlaces, e ademáis comeza coa tremenda selección que o propio Julian Cope fixo dos mellores 50 álbumes da historia do rock xaponés que inclúe como é habitual nos seus libros ó final do Japrocksampler. Os álbumes da lista completa  os atoparedes no seguinte enlaces:

Japrocksampler#1: Selección Top50, 1 - 9 (+ soundtrack):

Japrocksampler#2: Selección Top50, 10 - 19:

Japrocksampler#3: Selección Top50, 20 - 29:

Japrocksampler#4: Selección Top50, 30 - 39:

Japrocksampler#5: Selección Top50, 40 - 50:


viernes, 1 de abril de 2011

"Japrocksampler" de Julian Cope

Hai tempo xa vos prometera este "Japrocksampler". Pera non extendernos na introducción, remítovos á entrada no que vos presentei o seu anterior volume adicado ó kraut: Krautrocksampler, ahí xa tedes case todo explicado. Pois varios anos despois, o empeño de Julian Cope foi crear un compendio da historia do rock xaponés, dende os anos 50, tra-la guerra mundial e a instalación de bases militares estadounidenses ata case os nosos días, subtitulándoo how the post-war japanese blew their minds on rock'n'roll... vamos, coma se non houbese outra cousa. Facédevos con el porque é unha auténtica xoia, outro completo manual para coñecer un universo moi pouco difundido en occidente. Se o comparamos con Krautrocksampler, debemos recoñecer que é un volume máis amplio e incluso máis riguroso que o anterior, sen embargo, peca bastante de centrarse sobre todo nas bandas máis progresivas i experimentais, coma se o escribise para os lectores máis fanáticos do anterior volume adicado ó kraut. De tódo-los xeitos é un manual fantástico que coma sempre poderedes ir completando si vos pica a curiosidade e reunindo novos contidos que o propio autor engade na web do proxecto Japrocksampler.

"JAPROCKSAMPLER
How the post-war japanese blew their minds on rock'n'roll".
(Julian Cope, 2007)



*[volvo a subilo por q non lembro de donde me fixen con el. 
sobre todo para recoñecerlle o traballo de escanealo todo...]