jueves, 7 de abril de 2011

a próxima semana Munstapha, Kurco e My Deaf!

Mentres agardamos confirmacións para a Semana Santa, xa vos podemos adiantar as sesións para o próxima fin de semana:

O Venres 15 comezamos cun novo disparate de Munstapha, que de seguro terá moitas máis entregas, sempre adicadas ós fenómenos máis underground  e á basura subversiva dos últimos anos, baixo o título "The Charles Bronson's Revenge", ou sexa, a vinganza de Charles Bronson!... algún día xa vos enteraredes por qué...



E o Sábado 16 un combate na cabina do Rif-Rock, entre un dos residentes do local, e un habitual dos directos do Rif, pero que desta vez se estrea dende a cabina... KURCO SoundSystem Vs. MY DEAF en... "90's Orthodontics!" xa vos imaxidades por donde irá a sesión, non?



No hay comentarios: