sábado, 29 de octubre de 2011

viernes, 28 de octubre de 2011

jueves, 27 de octubre de 2011

Comet Gain

The Nomads

Cosmic Psychos

Tom Waits "Bad as Me"

Dende o luns xa temos na rúa o novo traballo de Tom Waits "Bad as Me", a min encántame como case sempre, pero non tanto coma outras veces. É o que ten cando se pon o listón demasiado alto, e neste álbum hai temas impresionantes coma 'Bad as me' ou 'Chicago' e outros que lles queren seguir dun xeito un pouco forzado... Igual Brenan e Waits non tiñan presa por sacar este álbum, pero aínda así pode resultar inalcanzable para moitos. Aproveitade mentres duren os enlaces...
TOM WAITS "Bad as me"
(Anti Records, 2011)


faite con el en Indiecaciones:
*[enlace de mediafire no primeiro comentario]


miércoles, 26 de octubre de 2011

Marinocha en novembro

Xa temos data para a sesión aprazada de Marinocha do fin de semana pasado. Será o Sábado 19 de novembro:


Marinocha Über Alles! en... Gigantic Woman Strikes Again
*se non hai novidades, claro...



Si Cranstoun + Dr. Gringo

Este Sábado remata o Outono Capitol Rock Festival, con
Si Cranstoun + Dr.Gringo
en directo na Sala Capitol.


martes, 25 de octubre de 2011

Angélica y Roberta

Esta é outra desas cousas que levo un par de semanas querendo presentarvos. Angélica y Roberta é unha nova serie online, que está a dar moito que falar, e na que colabora moita xente de sobra coñecida. A estas alturas moitos de vós xa estaredes enganchados, pero por si acaso... moito mellor que se presenten elas, que xa o teñen preparado...


ANGÉLICA Y ROBERTA es una serie para emisión en internet de capítulos de 12/15 minutos de duración. Nos cuenta el día a día de dos amigas muy peculiares que al pasar la treintena por fin deciden irse de casa de sus padres para emprender la aventura de vivir juntas.

Una comedia muy “freak” ambientada en el rural gallego, ANGÉLICA Y ROBERTA nos abren las puertas de su casa con huerta y hórreo, un reducto donde aplican su peculiar forma de ver la vida y de enfrentarse a los conflictos cotidianos con agudeza e ingenio.

ANGÉLICA y ROBERTA son el tipo de chicas que se sentaban en la última fila de clase y a las que nunca hiciste caso (y a ellas nunca les importó).

Angélica y Roberta son Sonia Méndez e Sandra Lesta, tamén autoras e productoras da serie coa colaboración de La Panificadora e Oroboro. Pero xa vos dixen que aquí curra moita xente: a música de cabeceira dos Novedades Carminha, e outros máis aparecerán en cada episodio, ilustracións de Alberto Guitián e animacións de Isabel Vila, e no reparto, ademáis das protagonistas atoparedes a Xulio Abonjo, Luis Zahera, Laura Formoso, e Angel Patiño e algúbn que outro cameo que surxa... á espera de Johnny Deep, claro. A estas alturas xa estrearon os seus dous primeiros capítulos:

CAPÍTULO I. ANGÉLICA Y ROBERTA EN... "Y TÚ, ¿NOS CONOCES DE ALGO?" from ANGÉLICA Y ROBERTA on Vimeo.

CAPITULO II ANGÉLICA Y ROBERTA. "A BUSCARSE LA VIDA" from ANGÉLICA Y ROBERTA on Vimeo.

Ségue a serie en facebook, na súa web ou en vimeo.



jueves, 20 de octubre de 2011

descarga 'Smoking Girls & Miniskirts"

Esta é a sesión que aínda nos faltaba por compartir da semana pasada, unha selección do sábado pasado (15 de outubro) de Munstaphá "Shakin' Sixties: Smoking Girls, Fuzzy Artifacts & MINISKIRTS!" pero só adicada á parte do fume e das minifaldas...


Psych.Munstaphá "Smoking Girls & Miniskirts"
(sesión Rif-Rock 15-Out.2011)


descarga Miniskirts!!


aprazada sesión de Marinocha

A sesión deste sábado 22 
Gigantic Woman Strikes again! 
de Marinocha Über Alles 
queda aprazada, supoñemos que para o próximo mes de novembro. Xa vos informaremos cando teñamos a nova data...

miércoles, 19 de octubre de 2011

Delaney Davidson + Reverend Beat-Man (Live pt2)


Delaney Davidson + Reverend Beat-Man (Live pt1)


Delaney Davidson solo


Delaney Davidson "Self Decapitation"

Ben pois xa que onte nos decatamos de que aínda nunca compartíramos ningún álbum anterior de Delaney Davidson, ahí vai. Tras pasar polos Alpine Cretins ou The Dead Brothers, dedideu lanza-la súa carreira en solitario, sempre ligada ó blues, ó folk, con gran influencia de rockabilly e psychobilly dos seus compañeiros de escudería. Tras dous álbumes en solitario moi decentes, este "Self Decapitation" rematou por aupalo ó escalafón dos xenios dos últimos anos. Desenrolando todoa-las súa escura historias a base de blues cavernoso e rockabilly filtrado pola influencia de Tom Waits que o converte cunha especia de crooner cabareteiro para homenaxear a unha xeración ancestral de guitarristas malditos. 'Around the World', 'Dirty Dozzen' ou 'Back in hell' destacan entre as historias de criminais e perdedores ó maís puro estilo tradicional pero cunha factura perfecta, ademáis inclúe unha versión de 'In the Pines' devolvéndolle toda a súa solemnidade dos tempos de buscadores de ouro...

DELANEY DAVIDSON "Self Decapitation"
(Voodoo Rhythm, 2010)


faite con el no blog Nosotros somos los muertos:

*[na mesma entrada tedes os seus dous anteriores traballos en solitario, 
"Ghost Songs" e "Rough Diamond", aproveitade!!]




martes, 18 de octubre de 2011

Delaney Davidson "Bad Luck Man"

Estaba convencido de que xa vos presentara varios álbumes de Delaney Davidson neste blog, pero acabo de comprobar que non... Volve este neozelandés errante cun novo traballo que coma sempre da unha nova volta de torca na súa carreira. Se no anterior "Self Decapitation" (Voodoo Rhythm, 2010) nos ofrecía un universo moi cercano ó Tom Waits máis escuro dos últimos moito con historias duras, crimes e disminuídos, que mesturaba á perfección as influencias do psychobilly co country folk do máis fondo dos apalaches... agora preséntano o seu disco máis blues en canto á factura, moito rhythm'n'blues totalmente lo-fi, que para eso contou coa colaboración de Reverend Beat-Man, Bruce Brand ou os Mojomatics. O álbum está inspirado na súa vila natal Christchurch (NZ), que ven de sufrir dous importantes terremotos nos últimos meses (un en setembro do 2010, e outro en febreiro deste 2011), e de ahí ven o título do álbum, "Bad Luck Man", o home da mala sorte, un traballo triste e incluso cheo de rabia ('Bad Luck Man', 'Another Man's Eyes' ou 'Windy City') , con momentos para a esperanza pero poucos, tres demostracións en 'I'm so depressed' a pesares do título, 'I've got the devil inside' e 'So Long'. Cancións cheas de ruínas, de bares pechados, xente deambulando polos camiños e afogados. Un álbum de blues moderno pero feito coas vellas maneiras, triste e desgarrador, pero maís cabreado que melancólico. 

DELANEY DAVIDSON "Bad Luck Man"
(Voodoo Rhythm, 2011)


Faite con el no blog Nosostros somos los muertos:

descarga "Monkey Session"

Aquí tedes unha selección da Monkey Session do pasado martes (11 de outubro), sen dúbida a máis de pop de todas cantas teñen saído...

Munstaphá "Monkey Session Vol.7"
(sesión Rif-Rock 11 out.2011)


descarga Monkey Session!

lunes, 17 de octubre de 2011

The AllNight Workers na Sala Capitol


Xa había un par de semanas que quería compartir esto con vós, pero ata hoxe que tiven tempo... o pasado 28 de setembro foi a primeira entrega do OUTONO CAPITOL ROCK FESTIVAL, cun cartel de luxo que contaba con The AllNight Workers e J.C.Brooks, e que por suposto rematou sendo unha festaza. E coma outras moitas veces alí estaba Ricardo Alonso co seu programa Estudio 3 de Radio Galega Música retransmitíndoo todo en directo, así que tiramos dos seus podcasts para deixarvos aquí todo ese concerto. 

Esta dividido en 2 partes, a primeira de dúas horas, con toda a previa, as entrevistas ás bandas, ós promotores (de A Raiña e A Reixa) e tamén ó xefe de Grabacións de Impacto, e todo o concerto completo dos AllNight Workers, aquí o tedes insertado, pero tamén o podedes descargar aquí
A segunda dura unha hora e inclúe case todo o concerto de J.C. Brooks & The Uptown Sound, que tamén podedes descargar (aqui).




viernes, 14 de octubre de 2011

Sáb.15: Shakin'60's (Smoking Girls & Miniskirts)

Mañan Sábado (15 Out.) sesión 60's...
SHAKIN' SIXTIES!
Smoking girls, fuzzy artifacts & miniskirts!!!


Smoking Girls & MiniSkirts! Garage girls

Sandy Sarjeant, Go-gó Girl!


Shocking Blue


Shelly y la Nueva Generación

Smoking Girls & Miniskirts! italia yeyé


Smoking Girls & Miniskirts! Françaises à gogó

jueves, 13 de octubre de 2011

martes, 11 de octubre de 2011

Esta noite... "Monkey Session!!!"

"Hush" Vs...

Xa había tempo que non comezábamos a semana cunha entrega do noso VS. Desta vez o protagonista é o tema "Hush" que todos estades fartos de coñecer, de corear e de ter bailado... aínda que moitos da miña xeración, pouco dados a ler, sigan pensando que é de Kula Shaker...

"Hush" foi composto por Joe South, un músico polifacético que mesmo facía de músico de estudio para Bob Dylan, como ía de xira con Aretha Franklin, e sobre todo compositor para outros moitos, sobre todo nos seus inicios para Gene Vincent ou The Osmonds. En 1967 compuxo "Hush" para Billy Joe Royal, que a publicou como single (7'', Columbia 1967) con unha particular aposta por mesturar arranxos folkies e soul...



Por suposto Joe South tamén grabou este tema, publicándoo anos despois cun perfil máis softrock...




"Hush" foi todo un éxito inmediato, e o ano seguinte numerosas bandas o incluíron nos seus traballos. Os máis famosos e quenes realmente converteron este tema en universal foron Deep Purple, que incluíron unha versión de 'Hush' no seu primeiro álbum "The Shades of Deep Purple" (Parlophone, 1967) e que ademáis foi o seu primeiro single, todo un éxito en UK e chegando ó numero 4 das listas de ventas nos USA... 




Todo un éxito que multiplicaría os covers do tema. Ese mesmo ano de 1968, Donnie Brooks, o australiano Russell Morris e outros moitos buscaron o éxito incluíndo 'Hush' nos seus repertorios




E como outras veces temos contado, o tema cambiou de idioma, os italianos I Colours ou Giuliano Girardi fixeron o seu 'Hush' tamén en 1968:


Pero sen dúbida a mellor adaptación feita noutro idioma é a do incombustible francés Johnny Hallyday, tamén en 1968 incluído no álbum "Jeune Homme" (Philips, 1968) que en francés converteuse en 'Mal':



E chegamos ó mellor do post, todavía en 1968, cando Los Tamara (sí, os de Noia) con Prudencio Romo e Pucho Boedo á fronte lanzaron este impresionante 7 pulgadas' "Soul People/Hutsch (Mal)" (Zafiro, 1968) unha das xoias do freakbeat ibérico... que recollían de Billy Hallyday, e transformando o título en Hutsch, supoño que para non ter problemas coa censura. Aquí o tedes impresionante...



lunes, 10 de octubre de 2011

descarga "Claypool Vs. Patton" x Comomepos

Aquí tedes unha selección que nos enviou Comomepos da súa sesión do pasado Venres, na que enfrontaba a Les Claypool Vs Mike Patton, con tódo-los seus proxectos e colaboradores...


Comomepos "Les Claypool Vs Mike Patton & Freaky Friends"
[sesión Rif-Rock 7 Outubro 2011]




domingo, 9 de octubre de 2011

Venres 28: A Vinganza de Charles Bronson (vol.5 The Ultimate Revenge)

Remataremos a programación do mes o Venres 28, coa quinta e última entrega da ob-sesión en serie de Munstaphá: A Vinganza de Charles Bronson, The Ultimate Revenge!!! Non vo-lo perdades!


Repasa tóda-las entradas e sesións anteriores da Vinganza de Charles Bronson.

Sábado 22: Marinocha Über Alles

O Sábado 22 será o turno de retorno de Marinocha, que volve á cabina do Ri-Rock coa súa sesión "Gigantic Woman Strikes Again!!!", Marinocha Über Alles!!


Podedes seguir a Marinocha no seu blog Aves Cantamañanas.

Sábado 15: Shakin' Sixties!

O próximo Sábado (15 out.) volve Psychedelic Munstaphá cunha sesión de garage-psych, rhythm'n'blues, Freakbeat, nenas fumadoras e moita minifalda, en... Shakin' Sixties!!!


Martes 11: Monkey Session

E ahí vai o resto de programación que nos queda por diante durante este mes de outubro. Comezamos este mesmo martes (día 11, véspera de festivo) cunha nova e imprevisible Monkey Session!!!


viernes, 7 de octubre de 2011

esta noite "Les Claypool Vs. Mike Patton" x Comomepos!

Esta noite unha nova sesión de Comomepos, que enfrontará a Les Claypool Vs Mike Patton, con tódo-los seus proxectos paralelos e amigos, que non é pouco... ahí estarán Primus, Frog Brigade, Mr.Bungle, Faith No More, Tomahawk, Fantômas, Nacked City, Lovage, Pepping Tom, e colaboradores habituais ou esporádicos como Jesus Lizard, The Melvins, John Zorn ou Tom Waits... e moitos máis. Non vo-lo perdades!!!

seguide a Comomepos no seu blog Odio Comic Sans.


jueves, 6 de octubre de 2011

Les Claypool's Flying Frog Brigade

Tra-la disolución temporal de Primus en 1999 Clapool convertiuse co cambio de século no Coronel Les Claypool da Brigada das Rás Voadoras, segundo o momento dándolles algunha volta máis o nome, e aínda que rematou grabando un álbum con material novo ("Purple Onion", Interscope 2002) unha das súas maiores afeccións con esta banda era versionar a King Crimson e a Pink Floyd (pura devoción polo "Animals" destes últimos, que facía completo en directo).

Les Claypool & Tom Waits

Entre as moitas colaboracións ás que se presta Les Claypool, destacou o traballo recíproco con Tom Waits en 1999. Claypool encargouse do baixo na grabación do "Mule Variations" de Waits (Anti, 1999), i este devolveulle o favor colaborando no "Antipop" (Interscope, 1999) que estaba a grabar, incluíndo voces e o seu melotrón no tema de introducción do álbum e no corte final 'Coattails of a Dead Man', ademáis de encargarse da producción das 2 pezas. Aquí vos deixo o audio desta última, e a Primus facendo en directo o 'Big in Japan' de Waits en directo:

Mike Patton & John Zorn

Se Mike Patton pode presumir de proxectos paralelos (ademáis dos citados, tamén ten outros como Pepping Tom ou Lovage, moito menos interesantes), un que lle gaña de largo en actividade é John Zorn. As colaboracións entre Patton e Zorn son moi comúns, e case incontables debido ó ritmo de publicación dos 2 persoaxes. Pattom xa colaborara como vocalista en varios traballos da primeira banda de Zorn, Nacked City, alá polo 1992. Logo Zorn foi quen se encargou da producción do debut de Mr. Bungle para Warner, e contínuamente contou con Patton nas súas ducias de proxectos paralelos (de xeito destacado en Hemophiliac ou Painkiller), ou simplemente acompañándose nos directos (sobre todo nos de Electric Masada), ademáis de colaborar os dous xuntos con outras moitas bandas menores ás que teñen producido. Os seus álbumes en común teñen momentos brillantes sublimes, pero os seus concertos son case coma ir a unha misa negra sionista...

Tomahawk. Live

Tomahawk está formado por Mike Patton e Duane Denison (The Jesus Lizard), dende o 2000 xusto tra-la disolución de Mr.Bungle e Jesus Lizard.



Fantômas - director's cut, live

Fantômas é o proxecto que máis me gusta de Mike Patton. 100% inspirado na música de cine e tv, con temas breves, fugaces e hiperacelerados que só comezan respetando os orixinais. Ademáis de levar por nomé ó meu archimalo-malísimo favorito da litetura e o cine. Están formados por Mike Patton, Buzz Osborne (Melvins), Trevor Dunn (compañeiro de Patton en Mr. Bungle) e Dave Lombardo (o baterista cubano de Slayer). Calqueira dos seus traballos vos resultará familiar, por momentos. Recoméndovos o "The Dirctor's Cut" (Ipecac, 2001).

Mr. Bungle "Disco Volante"

Cando Mike Patton forma a banda Mr.Bungle xunto con Trevor Dunn, Spruance e Heifetz aínda eran estudantes do high school. Dende os seus comezos practicaron ese funk metal tan de moda na california da segunda metade dos 80... nos seus primeiros anos de vida fixéronse un importante nome na escena local cos seus concertos e as súas maquetas, pero non será ata a incorporación de Mike Patton a Faith No More cando a industria lles prestou atención, pasando de que nin sequera unha pequena discográfica se atrevese a editalos, a que Warner os sacara adiante, co seu debut homónimo en 1991, co que plasmaban tóda-las posibilidades dos seus rexistros, e xa producido por John Zorn. En 1999 puxeron fin a Mr.Bungle co álbum "California" moito máis cool e dixerible. En medio este "Disco Volante" de 1995, do mesmo ano que o "King for a day..." dos Faith No More, e sen dúbida o máis ecléctico, experimental e divertido dos tres e tamén que de calqueira álbum dos FNM. Disco Volante  tributa ó filme Thunderball de James Bond, pero en xeral é un homenaxe continuo ó cinema, coma outros moitos proxectos de Patton, que vai desenrolando tóda-las súas desviacións sobre unha coidada base de freejazz que se irá transformando en calqueira outra cousa... 

MR. BUNGLE "Disco Volante"
(Warner, 1995)



miércoles, 5 de octubre de 2011

Faith No More "King for a day, fool for a Lifetime"

A chegada de Mike Patton a Faith No More en 1988 fíxolles dar un salto cualitativo importante. Tras dous álbumes con Chuck Mosley como frontman, publican "The Real Thing" en 1989 resultando o seu maior éxito da súa carreira, en gran medida gracias ó single 'Epic', mantiñan e potenciaban a fórmula dos seus anteriores traballos... pero é que Patton non participara na composición do álbum. A súa man notouse no seguinte "Angel Dust" de 1992, moito máis experimental i ecléctico, máis instrumental e ruidoso e menos melódico... e iso xa gustou menos a moita xente. Dous álbumes despois chega este "King for a Day, Fool for a Lifetime" cando o Patton de Mr.Bungle xa tiña por completo a rendas da banda. En contraposición cos Primus cada vez máis centrados, Faith No More manexaban en cada álbum mais amplitude... nesta ocasión é na que ó fin se sacuden ese tufo de metal californiano dos 80 que eu detesto. Para os seus seguidores de sempre seguro que non, pero para min este é o seu mellor álbum con moita diferencia, con resquicios de Mr.Bungle en 'Ugly in the Morning', a bossa de 'Caralho Voador', o pop de 'Ricochet', ou o funk de 'Star AD' ou 'Evidence', con moita brasa e pouco rap... o cachondeo abrasivo de 'Cuckoo for caca' e con ese final redentor de 'Just a man'. Este disco marcou o comezo da fin de Faith No More, que se disolverían tra-lo seguinte álbum, pero sen dúbida é da súa discografía o que leva máis dignamente o paso dos anos... 

FAITH NO MORE "King for a day, Fool for a Lifetime"
(Slash Records, 1995)


faite con el no blog Noise Pollution Music:

Primus "Antipop"

O Antipop foi durante moitos anos a despesdida non oficial de Primus, despois de toda unha década de entregas continuadas, en 1999, e por que non dicilo, no máis alto da súa carreira, Claypool decidiu descansar coa súa principal banda e adicarse a outras historias con outras marcas, un perdido ep no 2003 ("Animals Should Not Try to Act Like People", Interscope) que en realidade era material descartado de outros álbumes e dous temas novos que acompañaba o dvd que recopilaba todo o seu material gráfico, video clips, xogos, curtas, videocreacións e animacións de toda a parafernalia dos seus álbumes... así que soaba a despedida total. Ata que no 2010 publicou un ep con material novo o que lle seguiu o recente "Green Naugahyde" neste 2011. Así que pasaron 12 anos nos que Antipop foi o último álbum de estudio de Primus, ademáis con tódo-lo bonecos dos seus álbumes anteriores dispersos polos deseños, por moitas cousas soaba a despedida, e non foi o maís popular nin o máis vendido da súa carreira, pero sí o que a min máis me gustaba. Aparecían James Hetfield (Metallica), Jim Martin (que naquel momento xa abandoara Faith No More), Tom Morello (RATM) e o mesmísimo Tom Waits, que lle devolvía a colaboración no "Mule Variations" do mesmo ano, e Stewart Copeland na producción. Temazos como 'Electric Uncle Sam', 'Natural Joe', 'The Antipop' ou 'Mama didn't raise no fool' soaron moito máis que álbum en sí, que en conxunto estaba moito máis centrado que os anteriores, e con menos desvarios. A receita de sempre funk alucinado, un pouco máis potente de guitarras do habitual, e moito máis centrado nas cancións, feitas por e para lucimento do baixo de Claypool... Se descontextualizamos, o seu mellor álbum sen discusión.

PRIMUS "Antipop"
(Interscope, 1999)



faite con el no blog SonicFistiCarUsMind:

martes, 4 de octubre de 2011

Venres 7: "Mike Patton Vs. Les Claypool" x Comomepos

Este Venres (7 de outubro) volve Comomepos á cabina do Rif-Rock, coa súa vertente máis friki, adicada en exclusiva ós traballos de Les Claypool e Mike Patton, coas súas bandas, colaboracións e a infinidade de proxectos paralelos...
Segue a Comomepos no seu blog Odio Comic Sans.

lunes, 3 de octubre de 2011

Simon Reynolds "Después del Rock"

Simon Reynolds está considerado na actualidade coma o mellor crítico de rock das illas británicas, segundo Pablo Schanton no prólogo do mesmo, pola aplicación do análisis semiótico e das teorías estructuralistas á música rock. Durante moitos anos no Melody Maker, particupou tamén coas súas críticas nas revistas Spin, Uncut, Mojo, The Wire ou Rolling Stone entre outras, pero tamén en xornais 'serios' coma o The Guardian ou The New York Times. Entre os seus libros adicados á música electrónica, revolucións sonoras e sobre todo ó post-punk, destaca, destaca o imprescindible Rip It Up and Start Again: Post Punk 1978-1984. Ademáis de colaborador en numerosas obras colectivas. Este Después del Rock é a primeira das súas obras individuais que se traduce ó castelán (eds. Caja Negra), e na realidade é un compendio dos seus mellores artigos, de todo tipo e sobre tódo-los paus, noise, art-rock, dance, post-punk, psicodelia ou cosmic rock, e entre eles por suposto o seu fantástico prólogo para "Loops" e o seu artigo de 1994 'Post-Rock' que foi o texto que deu nome o movimento, guste os artistas ou non dese caixón de-sastre. De colofón, unha estrevista de Schanton (o prologuista) a Reynolds, no que nos destripa todo o seu método. E para seguilo habitualmente aquí téde-lo seu blog BlissBlog.

SIMON REYNOLDS "Después del Rock. 
(Psicodelia, post-punk, electrónica y otras revoluciones inconclusas)."
(Caja Negra, 2010)


Aquí o tedes nunha breve presentación do seu libro de 2005, "Rip It Up and Start Again: Post Punk 1978-1984":



domingo, 2 de octubre de 2011

Programación Soul&Sombra out.2011

Esta é a programación do Soul&Sombra de Santiago para este mes de Outubro.
Desta vez a ver se non me perdo a locura cubana de Nacho...
seguide informados no facebook do Soul&Sombra.


Sentinel Wardrobe presenta Sacred Peak.

O domingo pasado, os compoñentes de Sentinel Wardrobe presentaron o seu novo evento para o 2012. Ó igual que nos pasados anos converteron as rúas de Compostela nunha parada das tropas imperiais da Guerra das Galaxias, e o ano pasado nunha ucronía steampunk inspirada en Jules Verne, para o 2012 a inspiración será o cinema de espadas e bruxería dos anos 80, co Pico Sacro como lugar máxico... O evento chámase SACRED PEAK, e coma nos anos anteriores supoñemos que será en maio, así que tedes tempo para prepararvos...


Seguide informados na web de Sentinel Wardrobe ou no seu facebook.