martes, 31 de enero de 2012

descarga sesión Jazzerz

E despois de tanto resubir arquivos, rematamos o mes con material novo, esta é un fragmento da sesión do pasado venres, unha hora de corrido, sen cortes, con algunhas das miñas pezas favoritas de jazz, ahí atoparedes a Coltrane, Mingus, Miles Davis, Maceo Parker, Dizzy Gillespie, Archie Shepp, Woody Herman, Herbie Hancock, e por suposto o homenaxeado da noite, Thelonious Monk... 

Munstaphá "Jazzerz session"
(sesión Rif-Rock 27 xaneiro 2012)
faite con Jazzerz Munstapha.



lunes, 30 de enero de 2012

Sesión de Marinocha

Despois do affair Megaupload, outros servicios temén se están a cair, algúns non de todo pero eliminando numerosos enlaces, a primeira sesión do ano a cargo de Marinocha, desapareceu esta fin de semana da súa conta, así que probamos a subila de novo, e desta vez toda mesturada nunha soa pista, moito máis elegante que antes, donde vai parar... (o novo enlace tamén esta cambiado na anterior entrada).
faite coa sesión de Marinocha... Rápido, que igual non dura moito!!!!

domingo, 29 de enero de 2012

The AllNight Workers, adianto do novo Lp

Xa queda menos para a saída no novo lp dos The Allnight Workers "One More, Please" a cargo de Grabaciones de Impacto. Logo de presentarnos o seu 7'' exclusivo limitado a 100 copias de "Sunny home of love / You can't make me" (se aínda non o tedes podedes babear coa cara b no seu bandcamp) agora chega un tema de adianto do seu segundo álbum, titúlase 'You drive me crazy' e sona así de ben... que ganas de telo xa!!!


sábado, 28 de enero de 2012

sesións singles2011

Co recente peche de megaupload, quedáronse no limbo a maior parte das nosas sesións, non sei se algún día nos poñeremos a recupera-las todas, pero alomenos voltamos subir as sesións do que van deste ano, tóda-las entregas dos Singles2011 (a primeira sesión do ano de Marinocha tamén ten novo enlace). Así que ahí van, resubidas ó mediafire, e tamén nas entradas correspondentes modificamos os enlaces:

Singles2011 
Selección de Munstaphà.
[entrada orixinal]
Esta é a selección de Munstaphá para a sesión do pasado día 14. Son 40 temas en dous volumes co mellor do 2011, ou si preferides, algo así como os temas do ano pasado que máis veces sonaron no Rif-Rock.
E aquí tedes os novos enlaces:


Singles2011 
Selección de Kurco SoundSystem.
Esta é a selección de Kurco do 2011, en tres volumes, que por suposto son moito máis amplos do que tivo oportunidade de poñer o pasado día 14, pero esta é a súa visión completa co mellor do ano pasado. 
Aquí tedes os novos enlaces:


GZ Canibal 2011 
Seleccionado por Munstphà.
E por último aquí tedes a separata co mellor do 2011 na nosa querida GZ Canibal!!! o volume máis esperado que moitos non tivéchedes tempo aínda de descargar, todo extraído da mesma sesión do día 14... algúns quedaron atrás, pero aquí tedes a 16 bandas tremendas!!!
Este é o novo enlace:


Ven, pois a ver agora canto duran ahí aloxadas...



viernes, 27 de enero de 2012

Thelonious Monk. Venres 27

O pasado 17 de xaneiro cumpríronse 20 anos da morte de Thelonious Monk, o piano por excelencia do bebop e da xeración de renovadores do jazz. Por outros compromisos o deixamos pasar, pero esta semana, para rematar o mes unha boa dose de jazz (cos principais paus que distinguiron a Monk: bebop, hardbop e jazzmodal) nunha nova entrega das nosas sesións intermitentes de homenaxe ós nosos heroes... a ilustración do cartel de Corryn Jackson.
A sesión esta noite Venres 27 de xaneiro.


Thelonious Monk Quartet. London 1965


jueves, 26 de enero de 2012

Thelonious Monk Quartet 1966

Aquí tedes uns cantos fragmentos da xira europea de Thelonious Monk de 1966 xunto co seu quarteto naquel momento. A formación era Charlie Rouse ó saxo tenor, Larry Gales ó contrabaixo, Ben Riley na batería, e Monk ó piano. En primeiro lugar un frangmento de case media do 17 de abril en Dinamarca, nos que interpreta 'Lulu's back in town', 'Don't Blame me' e 'Epistrophy'. A continuación un fragmento coa mesma duración aproximadamente, desta vez dun concerto en Polonia, incluíndo a peza 'Round Midninght', e por último o 'blue Monk' interpretado en Londres no mesmo ano. Todo incluído na serie de dvds Thelonious Monk Live'66, sobre todo destaca o que inclúe os seus concertos en Copenhage e Oslo. Ahí van uns fragmentos...


"Straight, No Chaser" documental sobre Thelonious Monk

Se recordamos a Thelonious, outras das pezas imprescindibles é o documental "Straight, No Chaser" dirixido por Charlotte Zwerin en 1988 e coa producción de Clint Eastwood. Cheo de material fantástico, que é o bó que ten facer documentales sobre alguén cando aínda está vivo. Aquí tedes unha boa e ampla reseña do filme tomada do blog Cine Con Jazz:

Straight, no chaser fue una producción Clint Eastwood del año 1987. La directora es Charlotte Zwerin. Straight, no chaser viene a ser el título de una de las más famosas composiciones del protagonista en cuestión, que no es otro que el pianista americano Thelonious Monk. El haber escogido a este personaje, y no a otro del mundo del jazz, tiene su razón de ser en la particular personalidad de este músico nacido en Rocky Mount (Carolina del Norte) en 1917.
En la cinta acompañamos al pianista por varias de sus giras mundiales. Monk murió en 1982. Apartado de la escena musical por decisión propia a mediados de los años 70, una más de sus extrañas decisiones de su extraña idiosincrasia, el documental recoge momentos grabados en la década de los 60 y recuperados aquí como una especie de recopilación de imágenes representativas de su persona. Aderezado por diversas opiniones de músicos acerca del estilo musical de Monk, el collage compuesto refleja de manera bastante fiel el universo totalmente distintivo de este pianista y compositor. Imbuido de esa manera de tocar y componer iconoclasta que tenía Monk, el documental en todo momento tiene un aspecto formal muy cercano a la heterodoxia propia de su protagonista: al compás del comportamiento de Monk, así como a hachazos, sin seguir un patrón definido, guiándose más por el instinto que por otras cosas, irá marcándose el ritmo de la cinta.

Monk retratado fielmente, un Monk íntimo y desconocido, del que se extrae una visión que da lugar a que nosotros saquemos claves que expliquen su manera no sólo de vivir, sino también de componer, de la manera que Monk tenía para proyectar su mente en forma de música. Una personalidad única. Lo vemos en ocasiones como aislado del mundo, incluso de sus propios compañeros. Lo vemos apartado de todos en la espera de un aeropuerto. Antes de entrar a escena. Su peculiar forma de tratar a los periodistas durante una entrevista. Somos testigos de ese universo para el que, efectivamente, sólo él, o muy pocos más, parecía tener pasaporte. Bueno, pues a eso nos invitan con esta película. A compartir momentos, a observar a un genio. Para el que no conociera la vida de este personaje, con Straight, no chaser puede hacerse una idea más que aproximada de la misma. Un descubrimiento en todos los sentidos. Si uno empieza por escuchar su música y acaba desconcertado en primera instancia, quizá con la visión de esta película pueda sentirse, cuando menos, algo más capacitado para entenderla. Para el que ya sepa de su vida y obra, Straight, no chaser sirve para sentirse más cómplice, si aún cabe, con Monk. Lejos de cualquier pretensión de hacerse notar en la película, no vemos señales de vida ni de productor ni de directora en ningún momento, no se inmiscuyen en una labor hipnótica que involuntariamente corresponde, sin que él lo sepa, a Monk, el llamado “sumo sacerdote” del bop.


THELONIOUS MONK: Straight, No Chaser.
1988. USA dir: Charlotte Zwerin. Prod: Clint Eastwood.
documental.

Aquí o tedes nunha calidade bastante boa, en 9 cortes, ahí vai o primeiro, pero seguide...

"Thelonious Monk. The Life and times of an American Original" de Robin Kelley

E comezamos repasando o universo de Thelonious Monk, e por suposto dunha figura tan xigante como a súa tiñamos que recomendarvos un gran tomo sobre a súa vida e obra, o máis completo e máis recente é do ano 2009, de Robin Kelley, aínda non traducido ó castelán, pero tremendo de principio a fin nas súas más de 600 páxinas. 

ROBIN D.G. KELLEY
"Thelonious Monk. The Life and Times of an American Original"
(Free Press, 2009)

Aquí tedes un extracto da crítica que fixo Antonio Muñóz Molina en El Pais en outubro do 2009 [ver artigo completo]:

"...Otros se extenúan en vano queriendo lograr a base de aspavientos y de imposturas algún simulacro de originalidad. Thelonious Monk no se pareció nunca a nadie. Creció en la digna pobreza de la clase trabajadora negra que emigraba desde el Sur agrario, atrasado y racista a las capitales industriales del Norte y siguió siendo pobre, con periodos cortos de relativo bienestar, hasta el final de su vida. En un pequeño club de Harlem, Minton's Playhouse, en los primeros años cuarenta, empezó a tocar como no lo había hecho nunca nadie, pero el crédito por la gran transformación del jazz que tardó mucho todavía en llamarse bebop se lo llevaron sobre todo Charlie Parker y Dizzy Gillespie, mientras él permanecía en la pobreza y en la sombra. Parker y Gillespie lo trastornaron todo acelerando al máximo la velocidad y exagerando el virtuosismo: Monk prefirió la apariencia de sencillez, las lentitudes contemplativas. Inventó una música en la que otros brillaban más que él y una estética personal que se convirtió en moda: la boina, las gafas de sol en plena noche, la perilla de cabra. Jugaba al tenis con la misma destreza desconcertante y versátil con que tocaba el piano y cuando tenía algo de dinero preparaba cazuelas de espaguetis con albóndigas. 
Robin D. G. Kelly le ha dedicado ahora una extraordinaria biografía, Thelonious Monk, The Life and Times of an American Original. La mejor manera de leerla es escuchando de fondo los discos de Monk, sintiendo en cada nota del piano, como en una sesión de espiritismo, una presencia que el paso de los años no desdibuja. Pero cuando acaba la música y uno cierra el libro la presencia no cesa. El silencio también tiene que ver con Thelonious Monk, que eligió recluirse en él al final de su vida, estragado por la enfermedad y el agotamiento: un silencio que según él decía es el ruido más estruendoso que existe en el mundo."

Aquí tedes unha previsualización en Google Books:

miércoles, 25 de enero de 2012

The Meters (1969)

Aquí vai un discazo dunha desas bandas ás que se lles presta pouca ou ningunha atanción, eu mesmo o tiña totalmente esquecido ata que o vin a semana pasada no blog OdioComicSans, así que fusilo a entrada directamente:

The Meters son unha das bandas máis importantes nos inicios do funk. Procedentes de New Orleans, o funk que eles practicaban e que mellorarían nos seguintes discos (Look-Ka Py Py!!!) era un pouco diferente dos coetáneos como Sly & The Family Stone (ós que lle fan un tributo instrumental con “Sing a simple song”). The Meters centrábanse, sendo maioritariamente instrumentais e tomando moitos elementos do sonido clásido de New Orleans, en ritmos máis complexos cun son máis traballado, que tomaba moitos elementos do sonido clásico New Orleans e que conseguiu influir a multitud de artistas tanto funk como doutros estilos. Pese a ter varios temas de certo éxito como “Cissy Strut”, non o alcanzaron nunca masivamente e a día de hoxe gardan un certo status de grupo de culto. 

THE METERS "The Meters"
(Josie Recs, 1969)


faite con The Meters no blog Odio Comic Sans.


La4Pared 'Whisky 12 y Lorazepam'

La4Pared é o novo proxecto no que anda involucrado o noso amigo Victor Karallada, que xa sabedes que nunca para, mentres graba o novo traballo da Neuroband (Coco tamén é o baixista desta nova historia) e remata de darlle forma ós novos temas de Undertown. Este é o primeiro tema que nos presentan, 'Whisky 12 y Lorazepam' con video clip por todo o alto. 
Seguide a La4Pared no seu facebook, e no seu myspace.


martes, 24 de enero de 2012

Sáb 11 feb: P-FUNK con Comomepos

E o seguinte sábado será o turno para unha nova sesión monográfica de Comomepos, desta vez adicada ó P-FUNK, todo ese movimento que xeraron George Clinton e compañía ó redor de Funkadelic e Parliament...


Ven 3 feb: Falsenite

E ademáis xa vos podemos ir adiantando máis sesións para o mes de febreiro. A primeira será o Venres 3 de Febreiro, unha nova entrega de versións, plaxios e desfeitas innombrables... a ilustración non sei de quén é pero viña perfectamente inspirada polos new traditionals (jjj). Así que xa sabedes: a próxima semana fraudes, covers & mixes... FALSENITE!!!



Thelonious Monk. Venres 27

O pasado 17 de xaneiro cumpríronse 20 anos da morte de Thelonious Monk, o piano por excelencia do bebop e da xeración de renovadores do jazz. Por outros compromisos o deixamos pasar, pero esta semana, para rematar o mes unha boa dose de jazz (cos principais paus que distinguiron a Monk: bebop, hardbop e jazzmodal) nunha nova entrega das nosas sesións intermitentes de homenaxe ós nosos heroes... a ilustración do cartel de Corryn Jackson. 
A sesión este Venres 27 de xaneiro.


domingo, 22 de enero de 2012

Muerte por Cowbell! proximamente en concerto...

Seguimos sen ter data para o concerto en primicia mundial de MUERTE POR COWBELL, pero nós seguimos publicitándoo, por iso de meterllo presión ós artistas... así que xa sabedes, próximamente un tributo a Zappa, con un par!!!


viernes, 20 de enero de 2012

Johnny Otis & Etta James

Mal día, pola mañan nos levantamos coa nova da morte de JOHNNY OTIS (1921-2012), como titulaban no diario Público "El Padrino del rhythm'n'blues", aínda que foi moito máis ca iso, e do que eu, con tódo-los respectos, nin me imaxinaba que seguira vivoE pola tarde co pasamento dun dos seus maiores descubrimentos, ETTA JAMES (1938-2012) e a súa voz... e que a pesar das varias enfermidades que sufría, aínda presentou novo álbum o pasado novembro, (artigo recomendado en El Pais: "La fiera nunca domada"). Dous dos grandes!!!


jueves, 19 de enero de 2012

Live in Heartland, xa á venta!!!


Dende este mesmo fin de semana xa podedes facervos co voso exemplar do novo álbum de Isi Vaamonde. "Live in Heartland" é o seu primeiro lp, grabado con Arturo Vaquero nos seus estudios Abrigueiro, e todo rexistrado case en directo, con menos arranxos que os seus anteriores traballos, aportándonos o son máis crudo e inmediato da banda en 12 temas, dez propios e os covers do 'Heroes' de Bowie e o 'Wish you were here' dos Inmaculate Fools. 

En Cambados o podedes atopar polo momento  no Ribeira de Fefiñans, no Bar Silva e por suposto no Rif-RockNon o deixedes pasar! por só 10€


QVEK


Seguramente lembrarede á banda THE, neste mesmo blog lle adicamos un par de entradas remendándovos os seus traballos (o seis primeiros do 2008 ó 2010 aquí, fall e rise again do 2011, todo no bandcamp de ttttthhhhheeeee), e hoxe entereime de que xa non existen, pero coa boa nova de que os seus membros seguen en activo. Co fin da banda Carlos emigrou a UK e dende alí nos recomendou os temas do seu novo proxecto: QVEK.

Qvek é máis sucio, máis rápido e máis punk. Qvek é nihilismo musical... se eso existe, claro. Polo momento preséntanos unha maqueta de catro temas gravada cun catro pistas de cassette, lo-fi do auténtico, nada de efectos... e xa nos anuncia que en breve teremos máis material audiovisual. 
Facédevos coa demo xa!!! que sei que vos gusta este son tanto como a mín... e a agardar máis novidades.

QVEK "Qvek. 4tracks"
(Qvek, autoed, 2012)


facédevos co debut de Qvek no seu bandcamp.


miércoles, 18 de enero de 2012

Samesugas "They are Out There"

A finais do ano saíu o novo álbum da banda máis clásica da GZ Canibal, os compostelanos SAMESUGAS seguen a ser os abandeirados da independencia musical nesta esquina do mundo, todo un exemplo a  seguir para todas esas novas bandas, e un modelo de autoxestión dende o seu selo Lixo Urbano. E semella que cada vez aínda máis activos. "They are Out There" é unha nova colección de 13 trallazos de garage-rock-punk-powerpop-hardcore e tóda-las combinacións posibles que se vos ocurran. Son 12 temas propios 100% Samesugas e o 'Tóxico Injecta' que é unha adaptación do poema de Lois Pereiro Corporal (Je táime). Dende finais de ano o tiñades dispoñible, pero foi nestas primeiras semanas do 2012 cando se comezou a distribuir polas tendas e bares... Podedes facervos con el no seu bandcamp, donde podedes escoitar 7 dos 13 temas, pero sobre todo non deixedes pasa-la oportunidade de levarvos un orixinal á vosa casa: vinilo azul transparente que inclúe o exemplar en cd, por só 12€, irresistible!! a que esperades???


Samesugas "They are Out There"
(Lixo Urbano 2011)







martes, 17 de enero de 2012

singles2011 Off!

E con esto xa está ben de 2011, que vaia ó carallo que xa lle chegou, pero para rematar ahí vai o noso comunicado oficial, publicado o pasado domingo via facebook:

"Logo de semanas de análise e unha noite completa de riguroso i exhaustivo repaso da mellor música do ano pasado, estamos en condicións de afirmar con rotundidade que o 2011 foi unha grandísima merda!!!"
asdo. Muamar & O Gadafi"

Repasádeo todo na etiqueta Singles2011.


descarga GZ Canibal 2011

E por último aquí tedes unha separata co mellor do 2011 na nosa querida GZ Canibal!!! extraída da mesma sesión do día 14...

Munstaphá "Singles2011: GZ Canibal"
(sesión Rif-Rock 14-01-2012)
faite con GZ Canibal'11.


descarga Singles2011 x Kurco

Esta é a selección de Kurco do 2011, por suposto moito máis do que sonou o pasado día 14, pero esta é a súa visión completa do ano pasado. Ahí vai...

Kurco SoundSystem "Singles2011. 3 volumes"
(Sesión Rif-Rock 14 Xaneiro 2012)
faite coa 1ªparte e coa segunda e a terceira.


descarga Singles2011 x Munstapha

E esta é a selección de Munstaphá para a sesión do pasado día 14, 40 temas  en dous volumes co mellor do 2011, ou si preferides, algo así como os temas do ano pasado que máis veces sonaron no Rif-Rock.

Munstaphá "Singles2011"
(Sesión Rif-Rock 14 xaneiro 2012)
faite cos 2 volumes do 2011 seleccionados por munstapha:
2011 pt1 - 2011 pt2


lunes, 16 de enero de 2012

descarga sesión de Marinocha!!!

Esta é a selección que nos envía Marinocha/Mia Wallas da súa sesión do pasado sábado 7 de xaneiro xunto a Jomitallas, como sempre dende hai tempo, a primeira sesión do ano. En 15 temas e un bonus track!!!

Marinocha "A Primeira sesión do ano"
(sesión Rif-Rock 7 Xaneiro 2012)



faite coa Primeira sesión do 2012!! [novo enlace!!]


domingo, 15 de enero de 2012

polo dominio .gal

[roubado directamente de Cambados.tk


Durante estes días ábrese o prazo para que as diferentes organizacións interesadas presenten as súas solicitudes de dominios nada rede perante a institución encargada de concedelos, a ICANN. A idea é que Galiza conte cun dominio propio que agrupe aos contidos referentes á lingua e á cultura. Nestes momentos Catalunya xa goza dese dominio na rede desde hai cinco anos, no seu caso denominado “.cat”, que agrupa xa a 52.000 espazos.
A asociación Puntogal será a encargada de materializar esa solicitude, e tivo desde hai anos o apoio da Xunta (antes da bipartita e agora da do PP), dos tres partidos parlamentarios, e dunha multitude de institucións e asociacións galegas, como a Real Academia da Lingua, o Consello da Cultura, as tres Universidades do país… É un proxecto sen ánimo de lucro, e no momento que xere beneficios estes adicaranse á promoción da lingua e cultura galega nas novas tecnoloxías.
De ser aceptada a proposta pola ICANN, os dominios .gal poderán rexistrarse en 2013. Imaxinádesvos un Cambados.gal, ou Cambadostk.gal? Quizais pronto sexa posíbel! Ti podes dar o teu apoio asinando aquí ou empregando o hashtag #puntogalen Twitter. E se tes unha web ou blog podes inserir un banner de apoio.

viernes, 13 de enero de 2012

Sáb 14: SINGLES 2011

Este Sábado 14 de Xaneiro, primeiro combate entre Kurco e Munstaphá,
SINGLES2011. Kurco Vs. Munstaphà.
Coma sempre comezando o ano entre os dous cunha sesión para destripa-los mellores temas, álbumes e bandas do 2011, e por suposto algunha frikallada máis... e como último anuncio, por si esperabades a Bin Laden ou á mona chita... nada de nada, Super R moito mellor!!! (reconstrucción de peluca incluída).


jueves, 12 de enero de 2012

2011 na GZ Canibal (en 10 discos)

A pasada semana xa vos prometera que a selección dos mellores traballos do GZ Canibal 2011 ía ser moito máis interesante que calqueira escolla que se poida facer do resto das españas... E aquí está 10 discos que amosan o bó momento que atravesa Galicia a nivel musical, con tódo-los paus posibles representados, e máis que nos quedaron atrás... Pero estos son os nosos 10 do 2011!!! facédevos con eles como sexa...

10. PEDRITO DIABLO Y LOS CADAVERAS
"El Cuerno del Chivo"
(Green Cookie, 2011)
O disco de surf por excelencia do 2011 chega dende Pontevedra, nun proxecto que comezou unindo a Pedrito Diablo co dúa Die Cadaveras, para a bso de Calaveras y Diablitos (de Troula Animación) e seguiu crecendo ata o definitivo quinteto, que se deixa levar por Morricone, Dick Dale, The Shadows ou os Satan's Pilgrims, 100% instumental e inspirador.
faite con El Cuerno del Chivo.


9. DAS KAPITAL "Ruído Negro"
(A Regueifa, 2011)
O que comezou coma unha xuntanza de home-naxe a Lois Pereiro vía Radio Océano co tema 'Narcisismo' remata por consolidarse neste EP de "Ruído Negro" de 8 cortes (6 temas) no que o sexteto con voz de O'Leo (i Arremecaghoná) desgrana ás súas querencias por Einstürzende Neubauten, Nine Inch Nails ou Resentidos, rítmica impecable e unha factura electrónica post-todo, ademáis da mensaxe comprometido e contundente. faite con Ruído Negro.


8. FRANC3S "Franc3s"
(Los Enanos Gigantes/PIAS, 2011)
Tra-lo éxito das súas maquetas e do seu ep, xa tocaba algo máis serio, e aquí está o álbum de debut de Franc3s, e para eso tiraron a casa pola ventana coa producción de Fino Oyonarte e a colaboración de Triángulo de Amor Bizarro, Planetas, Schwarz, ou Klaus & Kinsky. O resultado, unha nova sobredose do seu universo de deformidades, pero mellor feito.

7. MATO GROSSO "Blanco Perfecto"
(autoed.MTGS, 2011)
Mato Grosso é a nova marca dos anteriores L'Uomo di Gomma, cambio de nome pero coa misma actitude e forma de facer, puro do it yourself de esencia hardcore con tóda-las etiquetas post- que lle queirades engadir. A única novidade é que desta vez nos entregan unhas cantas pezas con letras en castelán. Guitarras intensas e afiladas e rítmica 100% post-punk. Unha das mellores sorpresas de finais de ano. faite con Blanco Perfecto.


6. THE PHANTOM KEYS "The Real Sounds of..."
(Screaming Apple, 2011)
Tras dous eps espectaculares, por fin chega o primeira lp da banda do Grove, e para a miña sorpresa moito máis r'n'b e menos garaxeiro (ou menos psych) do que agardaba. Un par de covers e dez temas propios que vos poderán soar moitos clásicos do xénero, pero acabaredes por comprender a longa espera deste álbum, feito a conciencia e con sonido auténtico, producido por Mike Mariconda. Dificil de superar. faite con The Real Sounds of....


5. NOVEDADES CARMINHA "Jódete y Baila"
(Lixo Urbano, 2011)
Pouco máis se pode decir do seu segundo lp, ninguén foi capaz de facer un disco tan directo e divertido coma eles, sen ningún tipo de complexos. Seguen ó seu aire e a toda velocidade, e non hai nada do que non se poidan rir. Un pouco máis melódico e con máis toques de garage, pero igual de punk que todo o anterior que fixeron, incuído o 'Santiago Apostol' do Galician Bizarre, e parece que vai para largo... faite con Jódete y Baila.





4. METRALLETAS LECHERAS "Melodías para Romanos"
(Bowery Records, 2011)
Fíxose esperar, pero chegou a comezos do 2011 o que sen dúbida foi o álbum máis divertido do ano. Dende o destroyer do dúo inicial (Rafa Anido e Don Camilo), todo resulta moito máis ensamblado en formato trio (baixo de Zé Pequeno), e o seu instropunkpop xa ten outra pinta. Incluso aportando un tema moi serio ('Composición China'), e resto é puro delirio surrealista. No 2012 nova entrega xa convertidos en cuarteto!!! faite con Melodías para Romanos.






3. TELEPHONES ROUGES "Radiocontrol EP"
(Mama Vinyla Recs., 2011)
RadioControl xa existía no 2010 como maqueta e vía web, pero foi neste 2011 cando Mama Vinyla por fín se deciciu por publicar en vinilo o traballo dos do Grove, e xa era hora, por que son cinco temas de ruidísmo fantásticos, pero sobre todo a peza que abre o ep, 'Helio', un temazo que para min é o mellor do ano neste lado do telón do grelo, e que ademáis entra ata polos ollos gracias ó clip dirixido por Javi Camino. Que hinche!!!
faite con Radicontrol.





2. COMBO DINAMO "Quieto, Muere, Resucita"
(Combo Dinamo/autoedit., 2011)
Este é sen dúbida o disco do GZ Canibal que máis veces escoitei este ano, e iso que agardaba moito máis power pop enérxico, e non este álbum tan británico, pero ó final rematei por pilla-lo punto da nova reencarnación de Combo Dinamo. Moito máis calmada que no seu debut, e aínda máis que na época dos Mistakens. Máis centrado na busca de melodías perfectas e nas atmósferas que na súa rítmica, agás a versión final de Brian Eno, e sobre todo o tema que da título ó álbum (inspirado no filme de Kenevsky), un auténtico cañonazo que vale máis que os álbumes enteiros de outros, e que ademáis tamén entra polos ollos polo vinilo branco, e co fantástico clip a cargo de Héctor Diéguez. faite con Quieto, Muere, Resucita!!!






1. DISCO LAS PALMERAS! 
"Nihil Obstat"
(Matapadre, 2011)
E para presentar Nihil Obstat vou a fusilar unha vez máis a reseña de Marinocha...

A pesar do seu nome pouco apetecible, este trío de Sarria non ten nada que ver nin con música disco nin con tropicalismos varios. Desposeídos de baixo (so contan cunha guitarra tuneada cunha corda de baixo), pero con montóns de amplificadores e pedales de efectos, DLP! logran un sonido envolvente noise, spacerock e shoegaze, todo conxugado e provistos de moita enerxía que transmite especialmente unha batería sobresaíente. Así nos presentan o seu álbum de debut despois de pasar por varios concursos maqueteiros donde demostraron a súa valía. La expresión latina abreviada que da nombre al disco proviene de la expresión nihil obstat quominus imprimatur mediante la cual la Iglesia Católica daba su aprobación para la publiciación de una obra. Eu subscribo ata a última palabra. faite con Nihil Obstat.






E o 2012 neste caso sí que promete, e moito...
Xa me tarda!!!!



5 temazos máis do 2011

Se a pasada semana vos presentábamos as nosas listas co mellor do ano (lista de Musntaphà e lista de Kurco) aquí vos deixo unha selección de uns cantos temas imprescindibles do 2011 que non estaban incluídos neses álbumes e que serán protagonistas na sesión do próximo Sábado Singles2011. 
Ahí van uns cantos:

The Black Keys 'Lonely Boy'.
Incluído no álbum El Camino (Nonesuch Recs., 2011)
Sen dúbida o gran hit do ano, un auténtico temazo, que foi single de adianto par un álbum moi irregular, creando unhas espectativas que quedaron moi lonxe de cumprirse, pero coma sempre un video divertidísimo..


The Frowning Clouds 'All Night Long'.
do seu 7'' All Night Long / Dame a Dozen (Saturno Recs., 2011)

Nos últimos anos estes xovencísimos australianos estanse a confirmar como a gran esperanza do r'n'b, e neste 2011 o seu novo 7'' chega da man do selo sevillano Saturno Records, con dous temas, o impresionante 'All Night Long' e 'Dame a Dozen' na cara b, para ir facéndonos aínda máis ganas do seu álbum do 2012... sinxelamente perfecta!!!




Fucked Up 'Queen of Hearts'.
Incluído no álbum David comes to Life (Matador Recs., 2011)
Os canadenses Fucked Up tíñan todo de cara para triunfar este ano e colar o seu novo álbum entre o mellor do ano, pero o seu formato en plan opera-post-hardcore e tan larga convirteuno nun traballo excesivamente pretencioso e esgotador. Pero tiñan temas moi bos coma o seu single de presentación:



The Kik 'My eyes are still dry'.
do seu 7'' My eyes are still dry/Here's Hoping (Excelsior Recs., 2011)
Este 7'' é o debut destes holandeses, e o fan por todo o alto cun tema que parece impecable e pegadizo merseybeat dos 60:


Thee Vicars 'Every Day'.
do seu single "Every Day / Don't Wanna be Free" (Dirty Water Recs., 2011)
A gran esperanza británica do garage beat máis ruidoso, puro rítmo que compite cos grandes consagrados. Tras varios 7'' teñen que confirmarse cun bó lp, seguramente este ano. Veremos que sae de ahí...



a camiseta do 2011...

Outro clásico entre as tonterías dos RifRocKerZ é a de escoller a mellor camiseta do ano (por suposto de entre as que levamos nós) e este ano, e sen que sirva de precedente, gañou por goleada unha que non levaba eu... de Bígaro (sí, sí o pai de Otto!!!) na súa performance na 3ª Festa do Bigote deste verán, e toda a paranoia dese suposto complot conspirativo contra el... pero esa historia xa a coñecedes todos non??? Así que a Camiseta dos RifRocKerZ do 2011 é para Super R!!! (por certo, vai a quedar alí colgada ata a próxima Festa do Bigote???).



miércoles, 11 de enero de 2012

a mellor colección do 2011

Seguimos facendo de pequenos dictadores do noso mundo escollendo o mellor do ano, e do 2011, non escollimos ningunha portada que nos parecese moito mellor que outras moitas, así que se queda deserto, pero sí recuperamos o do 'mellor recopilatorio do ano', que desta vez vai para...

 Jazz: The Smithsonian Anthology
(Smithsonian Folkways, 2011)


En realidade é unha actualización da súa colección. Supoño que vos soará o do Smithsonian Institution, que é un centro de investigación con unha rede de museos, arquivos e laboratorios financiado polo goberno dos USA donde pretender preservar e aunmenta-lo seu saber e bla bla bla... En 1973 o xornalista Martin Williams encargouse de organizar unha colección enciclopédica e didáctica sobre jazz, chamada "Smithsonian Collection of Classic Jazz" (Smithsonian Folkways, 1973), unha auténtica xoia, pero que cos anos quedouse obsoleta para tódo-los contidos dos seus fondos e máis unha vez ben definida a división entre jazz clásico e jazz moderno. Así a comezos do s.XXI a institución proxectou unha nova colección, cos mesmos obxectivos enciclopédicos e didácticos, encargada desta vez a un grupo de 47 especialistas, e sete anos despois este é o resultado: Jazz: The Smithsonian Anthology”, un box set con 6 cds, e un libro de máis de 200 páxinas, no que ademáis de guiarnos pola historia do jazz, ofrécenos unha explicación de cada un dos 111 cortes que se inclúen nos compactos, dende a década de 1920 ata o século XXI. Seguramente a mellor colección editada no 2011.