jueves, 19 de enero de 2012

Live in Heartland, xa á venta!!!


Dende este mesmo fin de semana xa podedes facervos co voso exemplar do novo álbum de Isi Vaamonde. "Live in Heartland" é o seu primeiro lp, grabado con Arturo Vaquero nos seus estudios Abrigueiro, e todo rexistrado case en directo, con menos arranxos que os seus anteriores traballos, aportándonos o son máis crudo e inmediato da banda en 12 temas, dez propios e os covers do 'Heroes' de Bowie e o 'Wish you were here' dos Inmaculate Fools. 

En Cambados o podedes atopar polo momento  no Ribeira de Fefiñans, no Bar Silva e por suposto no Rif-RockNon o deixedes pasar! por só 10€


No hay comentarios: