jueves, 31 de mayo de 2012

Mujeres "Soft Gems"

Mujeres volveron a facelo, ou máis que antes se cabe. Todo o mundo fala deste "Soft Gems" que sen dúbida é o álbum do momento. Se entre o 2009 e o 2010 todos falaban desa banda que parecían os Black Lips cataláns, que si eran a gran esperanza do rock'n'roll... o seu debut parecía insuperable, pero chegou este "Soft Gems" para facernos comprender que aínda había lugar para máis sorpresas. "Soft Gems" é máis rápido, e máis de todo, máis garage, máis surf, máis beat, e máis lo-fi... e todo eso en só media hora que pasa voando. As 2 partes de 'Soft Gems', 'Seattle Waves', 'Calabrese Fingers' ou a fantástica 'Salvaje' farán que non poidas estar quieto nen un segundo, senón é que tes un problema...

Mujeres "Soft Gems"
(Sones, 2012)


facédevos con Soft Gems en Indiecaciones.


miércoles, 30 de mayo de 2012

Jane Joyd "Shy Little Jane presents..." en directo

A coruñesa Jane Joyd leva uns cantos meses presentando o seu primeiro traballo, o EP "Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals" editado por Origami Records. E máis alá das habituais canles de promoción, dende a discográfica lanzaron este curioso, ou cando menos diferente, formato de divulgación, ofrecéndonos os catro temas completos do seu ep todo seguido nun video en formato live session con toda a súa banda. Aquí o tedes coa súa nota de presentación:

"Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals" es el primer EP publicado por Origami Records de Jane Joyd. Este video contiene una cuidada "live session" donde Elba Fernández y su banda repasan en directo todo este fantástico disco. Contiene las 4 canciones que han sido concebidas para ser escuchadas sin pausas, y por eso también las publicamos juntas. Los temas son: 1. The Cage, 2. Heartless Horse (The Disappearing Act), 3. Dead Fish, 4. Renard Came To My House, Stole My Smile And Left Forever.


La banda: Iago Mouriño: piano /// Fernando González: trompeta /// Rosalía Vázquez: chelo / coros /// Ric Morente: violín / coros /// Julián Rodríguez: bajo / coros /// Xulio Vázquez: batería / percusión /// Elba Fernández: guitarra / voz

El video ha sido grabado en el Centro Ágora de A Coruña el 3 de Abril de 2012, realizado por el equipo de Planeta Namec para el video (realización, grabación, montaje, fotografía,...) y el equipo de Alberto Castro en el trabajo de sonido (grabación, mezcla y master). Con el apoyo de FIB, Proyecto Demo y Ayuntamiento de A Coruña.


martes, 29 de mayo de 2012

descarga sesión PSYCH

E aquí tedes a selección da sesión do sábado pasado, da sesión PSYCH, de Comomepos e Munstapha, que como todo bó cassette vos presentamos en dúas caras de pouco máis de media hora cada unha...


Comomepos Vs. Munstapha "PSYCH"
(sesión Rif-Rock 26 maio 2012)
faite coas dúas cara de Psych!!!


lunes, 28 de mayo de 2012

Dr.John "Locked Down"

Así a golpe de luns podo decirvos que este é un dos mellores discos que escoitei en moitos anos... A estas alturas non vos vou presentar ó Dr. John (Mac Rabennack) , unha das miñas figuras imprescindibles para comprender a evolución da música no último medio século, e ahí sigue deixándonos máis obras mestras. Nesta ocasión recurre a un mitómano, Dan Auerbach dos Black Keys, que ademáis de encargarse da producción tamén colabora en gran parte da gravación. Unha colaboración entre dúas xeracións, o presente e o mito, que se complementan á perfección. As composicións de Dr.John recordan ós seus mellores temas da ápoca dos rituais de vudú psychodélico do Night Tripper, e o traballo de Auerbach consigue resucitalos a un son e texturas totalmente actuais engadíndolle máis ritmo, velocidade e potencia como fuxida da parodia ou do revivalismo... "Locked Down" son dez temas nos que como sempre Rabennack recrea tóda-las vías da música negra en clave de New Orleans pasado polo seu especial filtro ritual, e desta vez o resultado é o mellor en moitos anos, ademáis dos textos cabreados de vello gruñón que chegan nun momento máis que oportuno. Dende os cortes de rhythm'n'blues ácido cargados de cánticos ceremoniais, a explosións de funk, pasando por momentos cabareteiros e un guiño a Captain Beefheart, para despedirse en clave de soul... fenomenal!! 

DR. JOHN "Locked Down"
(Nonesuch Recs, 2012)


faite con locked down en Laspikedelycmusic.



5 anos de RifRocKerZ na rede

Esta fin de semana chegáronme un par de mensaxes felicitándonos polos 5 anos deste blog, e tiven que comprobalo porque non tiña nin idea, pero sí, xa son 5 anos de RifRocKerZ na rede, non está nada mal...


viernes, 25 de mayo de 2012

PSYCH (Comomepos Vs Munstaphà)

Esta noite Comomepos Vs. Munstaphà en... PSYCH!!


The Seeds "The Seeds" 1966

Antes da sesión de mañan "PSYCH" (Comomepos Vs. Munstaphà), ademáis de recomendarvos temas e videos dos que estivemos falando nestas semanas, era case obrigado compartir con todos unha desas xoias do xénero, coma sempre... e repasando unhas cantas entradas caín na conta de que nunca vos deixara no blog ningún álbum dos Seeds, imperdoable, así que ahí vai...

Imperdoable por que The Seeds son unha das bandas imprescindibles no garage psych norteamericano, costa oeste, de Los Angeles, e un deses pilares do son característico do xénero, importante o lugar por que aquí chegou máis tarde toda a repercusión da british invasion. Directos, canallas, e igual que The Doors non tiñan baixo e incluían un teclado que cubría todas esas lineas de graves, e lle aportaba unha densidade única. O encargado era Daryl Hooper, peza fundamental do seu son, con él Jan Savage á guitarra e Rick Andridge á batería, e como frontman o mítico Sky Saxon, unha desas lendas negras da historia do rock, imbatible no consumo de drogas, destrozos hosteleiros, coleccionista de groupies, e finalmente entregado a unha secta relixiosa de dudosa inspiración... todo suma á hora de facer historia. 

The Seeds formáronse en 1965 e ata 1967 publicaron catro álbumes coa súa formación orixinal (logo chegaron recopilatorios de material inédito e desperdigado por 7'' e eps, e posteriormente chegaron varias reunións) cos que se convertiron en fanda fundamental, cun son característico, pura psychodelia cabreada (como me dixo unha vez un veterano) e fácilmente identificable, e aínda que normalmente se cita o seu segundo álbum "A Web of Sound" como a súa obra máis completa i elaborada, hoxe déixovos aquí o seu debut homónimo, moito máis directo e sinxelo, e que ademáis contén tres dos seus maiores éxitos: 'Can't seem to make you mine', 'Try to Understand' e sobre todo 'Pushin' too Hard'... isto é historia amigos!!!

THE SEEDS "The Seeds"
(GNP Crescendo, 1966)


facédevos con The Seeds no blog A Web of Sound.


martes, 22 de mayo de 2012

Exposición de Click Cambados

Primeira exposición da asociación Click Cambados. Nova da súa web
O día oito de xuño, CLICK CAMBADOS preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas:Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo GERUNDIO CANTO, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compoñenno Tino González,Félix Solla, Jose Mª Trigo.




este sábado PSYCH (Comomepos Vs. Munstapha)

E este sábado 26, por fin teremos a sesión PSYCH que tivemos que aprazar para facerlle sitio ó concerto dos Breakin'Bones da semana pasada. Así que para esta fin de semana psychodelia, garage e sonidos fuzzeantes na cabina do Rif-Rock, por Comemepos e Munstaphá.


lunes, 21 de mayo de 2012

Breakin' Bones, todo o seu concerto

Aínda estamos alucinados co concerto deste sábado dos BREAKIN' BONES!!! Xa estábades todos avisados de que o espectáculo ía ser de primeiro nivel, e a tódo-los asistentes creo que se lles podía ver unha cara de satisfacción-alucine máis que evidente. E certamente o concerto que nos ofreceron estes veteranos foi tremendo, bestial e inesquecible. 
Xa temos todo o material subido (nas anteriores entradas o tedes todo repartido en 5 partes) e aquí mesmo xa o tedes nunha lista de reproducción todo seguido, para os que queirades revivilo, aquí tedes a Santi, Berto e Koko en directo, os Breakin' Bones!! Gracias máquinas!!! 

E ademáis vos recomendo que os sigades nas súas próximas datas, novas, edicións etc na súa páxina de facebook e no seu myspace.




Breakin' Bones!!!




 

 

Breakin' Bones (concerto pt.1)

Breakin' Bones (concerto pt.2)


Breakin' Bones (concerto pt.3)


Breakin' Bones (concerto pt.4)

Breakin' Bones (concerto pt.5)

viernes, 18 de mayo de 2012

Sábado 19: BREAKIN' BONES en concerto!!!

E mañan non vos perdades a gran cita da semana, xa estades avisados...

BREAKIN' BONES
Sábado 19 de maio. 23:50h.

BREAKIN´BONES son un trío de Vigo, que practican o Rockabilly máis torpe, enfermo e extraño que teñas escoitado. Este mesmo sábado no Rif-RocK. Un concerto único, non vo-lo podedes perder...


esta noite... Black Grooves!!

Esta noite, outra entrega de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


30 anos sen Ian Curtis

Como cada 18 de maio, lembraremos a Ian Curtis...

The Nomads "Solna"

Que alegría acabo de levar ó atoparme esto pola rede. Seis anos despois do seu último traballo, volven os suecos The Nomads, todo un clásico de garage-punk europeo, e así coa primeira escoita parece que manteñen o tipo moi ben.

THE NOMADS "Solna"
(Decca, 2012)


facédevos con Solna en Nosotros Somos los Muertos 3.

jueves, 17 de mayo de 2012

miércoles, 16 de mayo de 2012

este sábado BREAKIN' BONES en concerto!!!

Xa vos avisábamos a comezos de semana que o cambio dalgunhas sesións era por ter que facer sitio ante a posibilidade de algunha sorpresa de última hora, e aquí está...

Este Sábado teremos un concertazo desos que fan historia.
BREAKIN' BONES
Sábado 19 de maio. 23:50h.

BREAKIN´BONES son un trío de Vigo, que practican o Rockabilly máis torpe, enfermo e extraño que teñas escoitado. Despois de 30 anos vivindo nun sotano escoitando un solo cassette de Ronnie Dawson (só por unha cara), HELL YEAH!!!

Poucas veces veredes algo así en Cambados!!! puro psychobilly.
Este mesmo sábado no Rif-RocK, non vo-lo podedes perder...


de antemán temos que agradecerlle ós Henry Warnimont por deixarnos parte do equipo para facelo posible, GRACIAS!!!!

E aquí vos deixo o último video clip dos Breakin' Bones para que vaiades quentando motores... "Rockabilly Baby"!!!

Esta noite Sr.Lores e Munstaphà no Soul&Sombra

E pola noite, no día grande das festas de Compostela, unha cita imprescindible para RifRocKerZ: O SR.LORES (residente de A Botica Rock, Portonovo) e MUNSTAPHÀ pincharemos no Soul&Sombra de Santiago, unha sesión adicada ó garage, ó freakbeat e ó (r'n')blues chamada "The Ultimate Mongoloid Selections" por iso de que seguramente sexa a nosa última vez no local que tanto botaremos en falta...



9º Premio Ramón Cabanillas

Esta tarde (mercores 16 de maio, ás 21:00h.) no Auditorio da Xuventude, entrega do 9º PREMIO RAMÓN CABANILLAS, outorgados polos librarías R.Cabanillas e Contos, como xa nos anunciaran será Maribel Iglesias a galardoada. 
Noraboa outra vez!! ós libreiros pola constancia, e a Maribel polos seus traballos.

martes, 15 de mayo de 2012

esta noite THE PHANTOM KEYS na Sala Moon

Esta mesma noite, os que estedes por Santiago e arredores, non vos perdades o concerto dos PHANTOM KEYS na Sala Moon, presentando o seu novo álbum "The Real Sounds of The Phantom Keys" (Screaming Apple Recs, 2011). 

Así vo-lo recomendábamos entre os mellores álbumes do GZ Canibal do 2011:
Tras dous eps espectaculares, por fin chega o primeira lp da banda do Grove, e para a miña sorpresa moito máis r'n'b e menos garaxeiro (ou menos psych) do que agardaba. Un par de covers e dez temas propios que vos poderán soar moitos clásicos do xénero, pero acabaredes por comprender a longa espera deste álbum, feito a conciencia e con sonido auténtico, producido por Mike Mariconda. Dificil de superar no seu xénero





"All my life" e "You'll never Know" de David Falcón

E despois de poñervos todo o concerto de DAVID FALCÓN, aproveito para recomendarvos que pasedes pola súa conta en Soundcloud, na que atoparedes dous temas grabados de novo nas últimas semanas, son "All my Life" e "You'll never know", dispoñibles para descarga directa, e de balde por suspoto...


concerto de David Falcón

Xa temos subido todo o material do concerto de DAVID FALCÓN na última entrega das Jazzerz Live Series do pasado 5 de maio. 
O atoparedes case enteiro, son 12 temas en total (en 11 videos) só cunha versión de Joe Cocker, e o resto son todo temas propios.
Xa sabedes, coma sempre, nas entradas anteriores por separado, ou aquí mesmo todo seguido nunha lista de reproducción. 

concerto de David Falcón (pt.1)


concerto de David Falcón (pt.2)


concerto de David Falcón (pt.3)

lunes, 14 de mayo de 2012

Sáb 19: PSYCH (Comomepos Vs Munstapha)

E cambio de data da sesión programada para este sábado, (que temos que ir facendo sitio para estes días que igual hai sorpresa...), e que finalmente será o seguinte (Sábado 26 de maioPSYCH!, compartindo cabina Comomepos e Munstaphà: garage, freakbeat e maximum rhythm'n'blues, que xa tocaba un pouco de artefactos psychodelicos fuzzeantes...


Este Venres... Black Grooves!!!

Este Venres 18 de maio...
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
o cartel do filme Bamboo God & Iron Man de 1974.


viernes, 11 de mayo de 2012

esta noite TRASH TRASH TRASH!!

Esta noite comezamos unha nova serie de sesións mensuais... bizarradas, escatoloxía, e música desenfocada, sempre inspiradas polo cinema, e neste primeiro volumen, como non, Divine. TRASH TRASH TRASH!!!





jueves, 10 de mayo de 2012

My Bloody Valentine "EPs 1988-1991"

My Bloody Valentine reeditan todo o seu material, tras neunirse hai anos para o directo, recuperan o seus dous álbumes de estudio "Isn't Anything" (1988) e "Loveless" (1991) que marcaron prácticamente todo o que veu despois, e os seus buscados eps. O primeiro en sair é este "EPs 1988-1991" que contén os temas de “You Made Me Realise” (1988), “Feed Me With Your Kiss” (1988), “Glider” (1990) y “Tremolo” (1991) e uns cantos temas inéditos máis, que non sabemos se pertencerían a ese álbum que Kevin Shields estivo máis de 10 anos asegurando de que estaba case listo... pero aquí nos presentan 24, nun álbum dobre. En calqueira caso, para os que xa os temos ripeados de calqueira xeito é unha oportunidade excelente para facernos cos temas nunha boa calidade, e para os despistados é a ocasión perfecta de facervos cunha colección de temas que fixeron historia, o noise e o shoegaze non se entenderían sen eles. E xa con gañas de que se poñan co volume dos eps entre 1985 e 1987, o da ameaza de que graben novo material xa non o tomo tan en serio...

MY BLOODY VALENTINE "EPs 1988-1991"
(Sony, 2012)


facédebos con EPs 88-91 en Indiecaciones.

Unicornibot "Dalle!"

Estaba convencido de que xa vos recomendara neste blog o debut dos pontevedreses Unicornibot, pero acabo de comprobar que non... e agora xa toca o segundo. Dende hai un mes xa está dispoñible este "Dalle!" (Matapadre, 2012) de Unicornibot, en riguroso vinilo de edición limitada, noutro delirio de math rock instrumental, cecais máis equilibrado que o anterior, aínda que nos contan que o proceso foi moito máis breve. Están a ser a banda do momento neste rincón do mundo, así que non vo-los perdades si tedes ocasión de velos en directo, e facédevos co álbum, pero xa!!

UNICORNIBOT "Dalle!"
(Matapadre, 2012)


E de paso descárgate de balde o seu debut do 2010 "Hare Krishna".

miércoles, 9 de mayo de 2012

"Pasolini" de Davide Toffolo

Con dez anos de retraso (si, 10!!! que se escribe rápido, pero eso mellor imos deixalo ahí...) chega a edición en castelán da novela gráfica "Pasolini" do creador, debuxante e músico Davide Toffolo. Unha orixinal obra que recrea a vida do escritor e cineasta italiano através das súas memorias, de entrevistas e artigos, incluíndo ademáis a acta de expulsión emitida contra Pasolini polo Partido Comunista, por actitude vital indecente. Unha marabilla publicada xa no 2002 no orixinal italiano, e xa traducida por case toda europa pouco despois. Agora chega aquí da man de 451 Editores, aquí tedes a reseña na web de El Pais, e así no-lo presentan na web de 451:

Una inmersión en el mundo lúcido y atrayente de Pier Paolo Pasolini.

¿Sigue vivo Pasolini? Aparentemente sí, o por lo menos hay un hombre que dice ser él: tal vez un fantasma, tal vez un mitómano; lo cierto es que el dibujante Davide Toffolo se encuentra con él y entabla una larga conversación en la que el señor Pasolini se expresa con las palabras del verdadero Pier Paolo Pasolini tomadas de libros, entrevistas y artículos del poeta en un minucioso trabajo de documentación.

A caballo entre el diario y el reportaje, Pasoliniprofundiza, de forma original e innovadora, en el pensamiento lúcido de uno de los más grandes pensadores italianos, inflexible y coherente como pocos, en su carrera como periodista, escritor y director de cine.


DAVIDE TOFFOLO "Pasolini"
(451 Editores, 2012)


Galician Bizarre II, quedan só 5 dias...

Tan só faltan 5 dias para pechar a campaña de financiamento do Galician Bizarre II, o obxectivo de acadar 2.500 € para facer viable o proxecto xa está máis que conseguido dende a semana pasada, así que agora do que se trata é de que ou participades no micropatrocinio, ou vos quedades sin o voso exemplar. 

Aínda que previsores de nós, collimos algunha copia de máis, así que se andades algo despistados preguntade no Rif-Rock, pero o dito, aínda tedes 5 dias...


SraSrSra 'Putos Señora'

SraSrSra 'Comebolsas'

domingo, 6 de mayo de 2012

Liga de Bocazas dos Supermanager

Rematou a Liga de Bocazas dos Venres no Rif deste Supermanager 2011-2012, e logo de 34 Xornadas, xa temos gañador, Muñequita Linda, de Beni, que despois de todo o ano como lider, tamén puido coa presión do último mes.

O top 5 da última xornada (x34):
1º munstaphas MFGhe 221,60
2º Asec ASECASESORES 218,60
3º moules team 2.0 faldran17 202,60
4º Muñequita Linda Beniigle 196,60
5º JuanRi Team tonyelesquivabalas 187,80 

E a clasificación Xeral definitiva queda así:
1º MUÑEQUITA LINDA Beniigle (Cambados) 5.522,80
2º Smashing Patakas II danilo_dps (Vilanova de arousa) 5.355,40
3º Ruletita Ruletita...13rojo BOLERO04 (Cambados) 5.353,40
4º Bocadillo de champu nafner (Cambados) 5.304,40
5º Asec ASECASESORES (Cambados) 5.299,20
6º moules team 2.0 faldran17 (Isla de arosa) 5.272,00
7º CHEJAR E ENCHER chejar e encher (Cambados) 5.209,80
8º Covirán Tragove II Manufari (Cambados) 5.192,60
9º O que Hay e Moito Vividor... YAGOEXI (Cambados) 5.169,80
10º munstaphas MFGhe (Cambados) 5.078,60
11º San Fransisco paulecha (Cambados) 5.038,40
12º JuanRi Team tonyelesquivabalas (Cambados) 4.935,80
13º La Serna 90 jrd74 (Pontevedra) 4.912,40
14º Escabechina xacodomin (Cambados) 4.898,60
15º Atutichurrasco quiquebm79 (Cambados) 4.870,40
16º Dr.No denisinho (Ribadumia) 4.866,00
17º Katiuskas Jatofe (Vilanova de arousa) 4.728,20
18º are nastim cambadinhos (Cambados) 4.695,20
19º O Maximo Txarango (Cambados) 4.593,20
20º Winterfel Direwolves Dris_fari (Cambados) 4.459,80
21º The world´s greatest Machucho7 (Cambados) 4.442,80
22º Obra1 o da modia (Teo) 4.250,40
23º SijoSinConoserANadie Logio (Cambados) 4.227,40
24º airjordan aircorbillon (Corbillon) 4.208,60
25º como baila carmiña xongolo (Cambados) 4.050,40
26º este ano SI xacoaragunde (Cambados) 3.959,20
27º cachas locas xugui (Cambados) 3.805,60
28º Zona Centro Gherri5 (Cambados) 3.802,20
29º carcamans CARCAMAN (Illa de arousa) 3.718,80
30º Atomicok47 aversideesta (Cambados) 3.650,20
31º FALCONGANS-DUE XFalcon (Cambados) 2.903,20 


Nos diferentes apartados:
Muñequita Linda tamén encabeza a clasificación de Brokerbasket e Anotadores (con só 2pts de diferencia)
Rebotes para Ruletita Rutletita...13rojo 
Triples: O que hay e moito vividor, con un só triple de vantaxa.
E nas Asistencias foi lider ASEC.

E no histórico, venceron xornadas...
1 victoria: Escabechina, The World's Greatest, Este ano SI, Carcamans, Airjordan, Como baila carmiña, Moules Team 2.0, Atutichurrasco, Katiuskas, Dr.No, San Francisco e O Maximo.
con 2 xornadas: Munstaphas, Covirán Tragove II, Muñequita Linda, e .
con 3 xornadas: Ruletita Ruletita...13rojo, Smashing Patakas II, Chejar e Encher, O que hai e Moito Vividor.
e con 4 xornadas: Bocadillo de champu.

Rematou a pesadilla por esta tempada, e noraboa ó campeón!!!
o próximo ano máis... coa das olimpiadas de quencemento no verán...
agora só falta unha questión: poñer data para a cea!!!


David Falcón demo promocional

Aquí tedes unha morea de exemplares da demo procional de David Falcón que tivemos o gusto de editar en exclusiva para o concerto de onte, de agasallo para tódo-los asistentes... ata que se esgotaron, claro. Algún día vo-la deixaremos para descargar, pero mentres, xa sabedes: estivérades alí...


viernes, 4 de mayo de 2012

David Falcón en concerto

Mañán Sábado (5 de maio) teremos novamente en concerto a DAVID FALCÓN, noutra entrega das JazzerzLiveSeries, na que nos presentará os seus novos temas, por primeira vez soarán en directo os temas compostos para o seu blog Pictures in Stereo, unhas cantas versións, e algunha que outra sorpresa máis que non vos deberiades perder.
Será coma sempre a partir das 23:30h.


seguídeo na súa web http://davidfalcontk.wordpress.com/ e no facebook.


David Falcón en La Voz (Arousa)

Nova do suplemento dos Venres de La Voz de Arousa 


"The Scream", Munch según Sebastian Cosor

Unha das novas desta semana foi o record acadado pola subasta dunha das catro copias orixinais da obra mestra de Edvard Munch "El Grito" (Skrik) de 1893, ó pasar de 90 millóns €. E lembroume a curta que vin hai un par de meses do animador rumano Sebastian Cosor, espectacular, que incorpora o 'Brain Damege' de Pink Floyd. E buscándoo aínda atopei que había unha versión invernal!!! 

jueves, 3 de mayo de 2012

The Cramps "File under Sacred Music (early singles 1978-1981)"



O disco desta semana é unha reliquia tan apta para coleccionistas coma para principiantes. Tratase dunha compilación de disqueira Munster dos dez primeiros singles dos míticos Cramps, publicados entre 1978 e 1981 previos ó seu debut en lp. "File under Sacred Music (early singles 1978-1981)" podedes atopala en cd cun amplo libreto, pero eu vos recomendo a edición Box Set en vinilo que ven presentada con 10 singles 7'' simulando réplicas dos orixinais. Unha maravilla de Munster para o mundo enteiro, e conmemora-los tres anos sen Lux Interior... e por que sempre é unha boa oportunidade para recuperar a unha das mellores bandas de tódo-los tempos!!

Aquí vos deixo o texto da contraportada a cargo da xornalista Lindsay Hutton:

contraportada do box set
co texto de Hutton
No sé por qué los Cramps no aparecen en muchas de las supuestas historias del punk o de la música en general. Puede que se deba a que el grupo es totalmente inclasificable o simplemente a la ignorancia. Quizás por los dos motivos, pero no nos preocupemos por eso ahora. 
Los Cramps cambiaron el aspecto de lo que conoce como cultura. Sin llegar a los charts o tocar en estadios, su efecto sísmico sobre todo lo que aprecias se notará siempre.
Este antiguo conocimiento - algunos de sus mejores temas - se presenta aquí para tu deleite y goce. Así que prepárate para escuchar estos himnos retorcidos a volumen atronador, día y noche. Y mientras suena el jaleo, reza a quienquiera que escuche para que Ivy prepare el artefacto definitivo sobre su maravilloso grupo como celebraciónde sus espectaculares años de servicio.
Motivos incontrolables hacen que sea imposible volver a ver al grupo en directo, pero los engranajes de esta máquina de rock & roll no dejarán de rodar jamás. Mientras tanto, únete a esta fiesta para monstruitos iniciados y para cualquiera con un buenpar de oídos.
Lindsay Hutton



THE CRAMPS "File under Sacred Mmusic (early singles 1978-1981)"
(Munster Records, 2012)
faite con el na web de Munster mentras quedan...



Exposición "Do Encadre ao Cadro"

(nova tomada directamente do blog Artefacto Salnés)



O próximo día 4 de maio será a inauguración da exposición "DO ENCADRE AO CADRO", a cal pretende mostrar as relacións entre o cine e as artes plásticas, e que contará coao participación dos artistas do Salnés, seleccionados e traballos elaborados por algúns alumnos do noso centro. De momento, e como adianto deste evento aquí vos deixo un fragmento dun dos textos introductores, este da man do noso compañeiro Enrique Cardona. Estades todos invitados a este acto inaugural, que terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de Torrado en Cambados este Venres 4 de maio ás 20:00h.

"A incidencia da arte cinematográfica é innegable, puxo fin a un modelo secuenciado de produción artística (inicio ? desenvolvemento ? auxe ? decadencia... e volta a comezar con outro xeito de expresión) no que se non seguías unha liña concreta era difícil sair adiante e deu paso a unha produción artística “total” no que se pasa dun estilo a outro de forma tan veloz que pódese sentir o cambio incluso dentro da mesma obra. Artistas xeniais como Pablo Picasso non serían o mesmo se viviran nunha época anterior dentro dun esquema formal innóbil e prefixado, serían xenios igualmente, sí, seguro, pero...
(...) Grandes interpretacións de grandes actores dando vida a outros artistas achégannos sen esforzo a entender en gran medida a vida, obra e motivacións de personaxes básicos para a historia da arte: Coñecer a Vermeer a través de Scarlett Johanson en “A moza da perla”, a Frida Khalo a través de Salma Hayek en “Frida”, a Jackson Pollock a través de Ed Harris en “Pollock” ou a Vincent van Gogh a través de Kirk Douglas en “O tolo do cabelo vermello” non ten prezo. Estas obras aquí citadas pode que non sexan obras mestras pero logran atraer a maxia dos artistas dun xeito que, na maior parte das veces, sen formación axeitada non é doado conseguir. Con todo isto quero explicar que o cine ten moitos usos, do mero divertimento ata o estudio concienzudo e a maioría das veces faise ao tempo, se darnos conta.
Din que non é fácil entender a arte... eu creo que sí." (Enrique Cardona)

Como pequena mostra do que se poderá ver na exposición "DO ENCADRE AO CADRO" tedes aquí un enlace para ver o video "Accidente Kafka" un dos traballos que presentará o artista arousano Uxío López na mesma, e que mostra o proceso de creación paso a paso da obra do mesmo título, utilizando a técnica stop-motion.