martes, 22 de mayo de 2012

Exposición de Click Cambados

Primeira exposición da asociación Click Cambados. Nova da súa web
O día oito de xuño, CLICK CAMBADOS preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas:Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo GERUNDIO CANTO, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compoñenno Tino González,Félix Solla, Jose Mª Trigo.




No hay comentarios: