Continuamos co repaso do 2012. Aquí tedes tóda-las sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que foron a maioría. Faltan algunhas de Kurco, algunhas da serie Black Grooves, varias Monkey Session e tamén a última do ano que adicamos ós 40 anos dos Nuggets, e supoño que haberá máis que non lembro agora... O resto están todas aqui, vinte cinco sesións para descargar, moitas delas dobres!!
Marinocha Vs. Jomitallas (7 xaneiro 2012)
Como marca a tradición, a primeira sesión do ano foi para Marinocha, acompañada na cabina por Jomitallas.
Na mesma semana Marinocha enviounos esta estupenda selección de 15 temas máis bonus track. Logo cheou o affair megaupload e tivemos que recuperala días despois.
Singles2011 (Kurco vs Munstapha: 14 xaneiro 2012)
Outro bo costume é o de repasa-lo ano anterior. Unha vez máis Kurco e Munstapha fixeron a súa selección de álbumes, temas, etc e logo estiveron toda a noite destripando o mellor material do ano. Como recordatorio quedaron as seleccións feitas por cada un, tres de cada: tres de Kurco, tres de Munstaphá, unha delas adicada coma sempre ó GZ Canibal!!
Munstaphá: Jazzerz Session (27 xaneiro 2012)
Esta é un fragmento da sesión do pasado venres, unha hora de corrido, sen cortes, con algunhas das miñas pezas favoritas de jazz, moito bebop e jazzmodal, pero ahí atoparedes a Coltrane, Mingus, Miles Davis, Maceo Parker, Dizzy Gillespie, Archie Shepp, Woody Herman, Herbie Hancock, e por suposto o homenaxeado da noite, Thelonious Monk, no 30 aniversario da súa morte.
Jazzerz Session.
[descarga]
Falsenite (3 febreiro 2012)
Unha nova entrega da nosa serie de covers, que comezou xa hai máis de 10 anos Xaco Domin, e que nos continuamos alomenos unha ou dúas veces ó ano.
Nesta ocasión soaron dende cousas serias, ata versións delirantes e deformadas, remixes e moito tipo enmascarado... Houbo dúas pero só subimos esta...
Ver entrada.
[descarga]
Comomepos "P-Funk" (11 febreiro 2012)
Unha noite de febreiro apareceu a Mothership sobrevoando o Rif-Rock, ata aterrizar na mesma porta...
e de alí baixou Comomepos cun maletín de discos repleto do álbumes do universo P-Funk, ese equipo de all-stars formado entorno ás formacións Parliament e Funkadelic, e tódo-los seus protexidos.
A selección espectacular!!
Live! Cutz por Munstaphà (24 febreiro 2012)
Xa nin numeramos as entregas que levamos feitas de temas en directo, pero normalmente son de concertos moito máis antigos.
Desta vez por selo primeiro volume que subiamos ó blog foi con temas bastante máis recentes.
Repetiuse moitas máis veces, pero non voltamos compartilas... algunha máis terá que caer proximamente.
Kim Jong Un... Of Course!! de Kurco SoundSystem
(10 marzo 2012)
A obsesión norcoreana de Kurco non ten límites. Primeiro tentou influir no proceso sucesorio, logo entregouse a causa de Kim Jong Un, supoñemos que ben untado... meses despois logrou converter ó seu novo lider no home máis sexy do mundo...Un día destes faremos unha sesión RifRocKerZ no mesmo centro de Pionyang...
Pantherpower de Psych.Munstapha (16 marzo 2012)
Primeira das entregas do 2012 adicadas á música negra: Fuck'U Whiteys Black Grooves!!!
Tocaba irse inspirando no olimpismo e nada mellor que un dos seus maiores símbolos que a entrega de medallas de México'68. Todo un clásico para unha sesión de puro Pantherpower no que destripamos o recente recopilatorio Listn Whitey e moitas máis rarezas sacadas do caixón para a ocasión.
100% Pure Cacatone Sounds, Michi Cacatone
(24 marzo 2012)
Poucas veces unha estrela do calibre de Mr.Cacatone se deixa ver polas cabinas de locais. E nós conseguímolo alomenos un par de veces ó ano. En marzo do 2012 ofreceunos un impresionante repaso por tódo-los paus do máis recente da súa colección, e ademáis despois deixounos tres volumes de recordo.
Impresionante!!!
E a mediados de abril cambiamos o formato das sesións que subimos. Cumpríanse 50 anos dos cassettes e aproveitamos para involucionar. Dende entón todas se farían para pasar directamente a este formato...
Blaxploitation Soundtracks (20 abril 2012)
Esta entrega da serie Black Grooves está adicada ás mellores bandas sonoras dos nosos filmes favoritos do xénero.
Trash Trash Trash#1 (11 maio 2012)
A comezos de maio comezábamos a serie Trash Trash Trash. A primeira entrega rebosante de caos inspirado no Pink Flamingos de Divine e John Waters.
Psych de Comomepos e Munstaphà (26 maio 2012)
Unha sesión tremenda!!, con Comomepos e Munstapha compartindo cabina, e como nun bo cassette, unha selección por cada cara con garage, freakbeat e psychodelia fuzzeante.
Kraut [Deutsche Kosmische Musik#3] (8 xuño 2012)
Xa había tempo que non adicabamos unha noite ó Kraut xermano que tanto nos gusta. Desta vez coa maquina Enigma enriba da cabina para face-lo máis koskische e menos progresivo.
Trash Trash Trash#2 (15 xuño 2012)
Continuación da serie Trash Trash Trash, desta vez cos clásico lanzadores de coitelos, ben afiados. Outra sesión de lo-fi sen complexos, hardcore e moita cacharrada.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (22 xuño 2012)
Máis entregas da serie Black Grooves. A de comezos do verán foi sen dúbida unha das máis inspiradas e concorridas do ano. Moito funk karateka e jazz espacial, ademáis dos espontáneos...
Marinocha de Malahostia (30 xullo 2012)
Sempre cambiando datas pero sempre cumprindo. Algunha vez tamén se pon de mala hostia, coma nesta ocasión, que adiantaba o programa do noso aniversario.
13º Aniversario Rif-Rock (xullo 2012)
O recopilatorio máis agardado de cada verán. Este ano fíxose esperar, pero o colocamos en xullo por que é cando lle correspondía. Edición en cd para os habituais e clientes ata que se agotaron, coma sempre voaron, e a edición online nunca é tan completa.
Xa sabedes, estivérades alí...
Afrobeat A& Voodoo Rhythm Vol.3 (10 agosto 2012)
Por aclamación popular tivemos que adicar unha nova sesión ó afrobeat e os mellores rítmos africanos. Ademáis homenaxe ó 20 aniversario do pasamento de xigante Fela Kuti.
Monkey Session Vol.9 (11 outubro 2012)
Nesta ocasión non sacamos vellos discos cheos de pó nin nos adicamos a caras-b de rarezas, senón ás últimas novidades que chegaran ás nosas mans. Ademáis xa era hora de numeralas.
MonkeysSession#9
[descarga]
Soul Train (28 setembro 2012)
Esta era fácil. Unha noite para lembrar ó mítico programa Soul Train de Don Cornelius, cos temas que poñían en marcha o seu line dance. Na sesión subida obviamos as máis habituais...
Fuck'U Whiteys... Black Grooves! Soul Train
[descarga]
Blow Up! Mod & Swinging London (19 outubro 2012)
E esta aínda moito máis fácil. Da man do Blow Up de Antonioni, Mods e Swinging London, e por suposto tamén moito Herbie Hancock, que para eso fixo a soundtrack orixinal.
Blow Up!
Monkey Session Vol.10 (31 outubro 2012)
Esta Monkey Session foi sen dúbida a máis macarra de todas. Todo temas dos 50's e 60's, as máis suxas, crudas e cavernícolas coas que nos íamos topando aquela noite.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (23 novembro 2012)
O Truck Turner de Isaac Hayes foi o que nos guiou toda a noite para a última entrega das Black Grooves do ano. Case toda a noite con Blaxploitation a ritmo de pimpmobil
Trash Trash Trash#3 (7 decembro 2012)
O terceiro Trash Trash Trash foi a última sesión subida do ano. Pretendíamos que fose o máis mongoloide posible, pero finalmente quedou unha cousa moi seria... Non a perdades!!